main content

main content
25/10/201810:10
Cartel do evento.
A Coruña

O CITIC participa na Mobile Week Coruña

O CITIC participa na Mobile Week Coruña, unha iniciativa impulsada por Mobile World Capital Barcelona, con diferentes actividades e talleres. Trátase dun espazo aberto á reflexión sobre o impacto da transformación dixital na vida das persoas, a través da arte, ciencia e tecnoloxía.

A MWeekCoruña terá lugar do 21 ao 28 de novembro na Coruña e a súa área metropolitana e reunirá a artistas, científicos, filósofos, enxeñeiros e profesionais da industria nunha iniciativa aberta para todos os cidadáns, cunha programación transversal con actividades gratuítas que abordarán os retos, os límites e as oportunidades da transformación dixital.

As actividades nas que participa o CITIC son as seguintes:

  • 22 de novembro. mWeek Kids: Taller de robótica dirixidos a nenos de 3º de primaria do CEIP Eusebio da Garda da Coruña.
  • 23 de novembro. mWeek Kids: Taller de robótica dirixidos a nenos de 3º de primaria do CEIP Pais Escolapios da Coruña.

Nos talleres de robótica, os nenos e nenas terán a oportunidade de coñecer algúns dos avances levados a cabos neste ámbito e probalos en primeira persoa a través de diferentes xogos, co obxectivo de achegar as TIC aos máis pequenos e espertar o interese por elas.

  • 24 de novembro. mWeek Kids: Conxuntamente con R realizaranse os talleres Crea R.
    • Para nenos de 9 e 10 anos, ás 10.30 h nas instalacións do CITIC.
    • Para nenos de 7 e 8 anos, ás 12.30 h nas instalacións do CITIC.
    • Para nenos de 9 e 10 anos e unha charla para pais de forma paralela, ás 17.00 h nas instalacións do CITIC.
  • 26 de novembro. mWeek Labs: Como construír modelos de Intelixencia Artificial para Móbiles EIoT. Xunto con Accenture Dixital, realizarase un taller nas instalacións do CITIC no que os participantes poderán adquirir unha visión global sobre o estado da arte da intelixencia artificial, construír un clasificador de imaxes, etc.
25/10/201810:10
Xuntanza da Deputación de Lugo coa comunidade educativa da UNED.
Lugo

A Deputación de Lugo e a UNED impulsarán a actividade dixital das asociacións

Deputación de Lugo vai seguir colaborando coa Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) co obxectivo de impulsar a actividade cultural na provincia a través das novas ferramentas tecnolóxicas. Así o fixo saber o voceiro do Goberno, Álvaro Santos, nunha xuntanza celebrada coa comunidade educativa (alumnado e profesorado) da UNED, nas súas novas instalacións no antigo Hotel Miño (financiado precisamente pola entidade provincial con 2 millóns de euros). A renovación do apoio da Deputación vén con 25.000 euros de contribución. Esta contía permitirá a continuidade do proxecto Cultura Dixital.

Segundo fixo saber Álvaro Santos, a iniciativa de comunicación Cultura Dixital busca promover a actividade do tecido asociativo do conxunto do territorio lugués, a través dunha páxina web,www.lugoculturadixital.es, e das redes sociais. Na visita do deputado, este estivo acompañado do voceiro do Concello de Lugo, Miguel Fernández Méndez, e da directora do centro asociado desta institución en Lugo, Ana Traseira Pena. 

Santos Ramos explicou que “decidimos anovar a nosa colaboración coa UNED por tratarse dun proxecto co que se dá maior visibilidade ás programacións e actividades organizadas por todas as asociacións e colectivos culturais existentes da provincia de Lugo a través do sitio en liña www.lugoculturadixital.es, así como das súas redes sociais”. O voceiro engadiu que a Deputación, a UNED e as asociacións culturais están a xuntar forzas para “crear un capital cultural territorial dixitalizado, dispoñible para os cidadáns a través dos medios de comunicación 2.0”. E engadiu: “Buscamos seguir impulsando o desenvolvemento cultural lucense, achegando á cidadanía o labor destes colectivos, o que representa, ademais, unha oportunidade única pois ampliase o público potencial ao ámbito universitario, o que permite chegar a máis xente”. 

Traseira Pena subliñou que a través desta colaboración entre a Deputación e a UNED “poñemos en valor a enorme labor do tecido asociativo da provincia de Lugo, que posúe e ofrece á cidadanía un amplo catálogo cultural. É o noso deber, polo tanto, promovela e difundila”. 

O proxecto Cultura Dixital é unha iniciativa que conta cun total de 76 entidades culturais asociadas que, a través das súas presenzas en liña (a páxina www.lugoculturadixital.es e os sitios de seu nas redes sociais Twitter e Facebook), promove a súa actividades con publicacións de difusión da súa actividade cultural, a recompilación dos seus datos principais e a promoción de informacións de índole cultural que teñan un interese xeral para a poboación.

25/10/201809:10
Reunión no parque empresarial de Palas de Rei.
Palas de Rei

A Xunta acomete o despregue de redes ultrarrápidas de internet no parque empresarial de Palas de Rei, ultimando as actuacións do Plan de Banda Larga para este ano

  • O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, e responsables da Amtega e o operador R explicaron o proxecto aos empresarios beneficiados
  • O servizo chegará tamén proximamente a Monterroso e Guitiriz, cubrindo 14 polígonos e o 85% da superficie empresarial ocupada da provincia


A Xunta de Galicia e o operador R poñen en servizo o acceso a redes ultrarrápidas de ata 350Mbps de velocidade no parque empresarial de Palas de Rei dende esta mesma semana. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e responsables da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o operador R explicaron hoxe o proxecto aos empresarios beneficiados nunha xuntanza na que tamén participou o alcalde, Pablo Taboada.

Balseiro avanzou que está previsto que o servizo chegue tamén este mes a Monterroso e Guitiriz, sumando en total 14 polígonos. “Estanse cumprindo os obxectivos do Plan de Banda larga da Xunta -asegurou-, que permitirá que a final de ano o 85 por cento da superficie empresarial ocupada da provincia conte con este tipo de cobertura”.

O delegado subliñou que o Goberno galego “pon á disposición das empresas chan industrial con modernas dotacións e servizos para incrementar a súa competitividade, incluídas as infraestruturas dixitais, que son hoxe en día ferramentas indispensables para o desenvolvemento de calquera proxecto empresarial”.

As empresas dos polígonos beneficiados desta medida do Plan poden contratar servizos de internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

A Xunta subvenciona a través da Amtega estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).

25/10/201809:10
Fotos Polaroid de persoas sobre un mapa.
Santiago de Compostela

Google Maps: Como facer mapas accesibles para persoas con discapacidades

  • Os 50 millóns de Local Guides de Google Maps axudan para facer mapas máis accesibles para os mil millóns de persoas con discapacidades.

 

Hai un ano, Google Maps lanzou unha convocatoria aos seus usuarios: Axuden a reunir información para poder integrar ferramentas que convertan en accesibles os mapas para os mil millóns de persoas con discapacidade que hai no mundo. E ese traballo foi asumido polos 50 millóns de Local Guides da plataforma.

Os Local Guides é unha comunidade de persoas de todo o mundo "que axudan a contribuír información a Google Maps". A mesma é utilizada para resolver problemas técnicos difíciles de resolver -como facer mapas accesibles-, e así facer máis sinxela a navegación polo mundo físico.

Eles son os responsables de toda a información necesaria para que as persoas con discapacidades atopen mapas que poidan tomar. O seu labor foi responder preguntas sinxelas, pero elementais, como: "Este lugar ten unha entrada con acceso para cadeiras de rodas?", "Hai un baño accesible?" E moitos máis.

Máis de 500 millóns de preguntas foron resoltas por sete millóns de Local Guides. "Grazas ao seu arduo traballo, agora podemos proporcionar información de accesibilidade a máis de 40 millóns de lugares en Google Maps", dixeron a enxeñeira de softrware de Google Maps, Sasha Blair-Goldensohn; e a socio e xerente de Programas Comunitarios, Accesibilidade Central de Google, Kyndra LoCoco.

O traballo realizado por estas persoas vese reflectido en ferramentas como a guía de rutas de transporte público accesibles para cadeiras de rodas lanzado hai algúns meses. Agora seguen traballando por ofrecer máis funcións accesibles, segundo se revelou no Local Guides Connect Live.

A semana pasada, cando se celebrou o mencionado evento que reuniu a Local Guides de todo o mundo, estes colaboradores compartiron ideas para axudar a máis persoas e mellorar o seu programa para promover unha mellor inclusión nos seus países de orixe, como o fixeron cos 40 millóns de usuarios con discapacidades que xa gozan de mapas accesibles.

Ligazón á noticia na web: elcomercio.pe.

25/10/201809:10
Fotografía dun Amazon Echo sobre unha mesilla de noite.
Santiago de Compostela

Amazon Echo chega a España para axudar a millóns de persoas no seu fogar

Un dos principais asistentes por voz do mundo aterrou por fin en España. Trátase de Alexa, que é unha tecnoloxía desenvolvida por Amazon e que vén incorporada nos dispositivos Echo (normal, Plus, Dot, Spot e Sub).

Aínda que teñen distintas características, os dispositivos Echo levan a Alexa no seu interior, o asistente por voz desenvolvido por Amazon e un dos máis estendidos en todo o mundo.

O obxectivo deste asistente por voz é axudar ás persoas no seu fogar e son especialmente útiles para moitas persoas con discapacidade e persoas maiores, xa que lles posibilita unha maior autonomía dentro da súa casa.

As posibilidades de Alexa son enormes e, a medida que vai evolucionando, son cada vez maiores. Así, serve para responder preguntas, reproducir música, controlar luces ou termostatos, ler novas e moitas outras funcións que estarán ao alcance da voz de calquera persoa.

Cada dispositivo Echo é diferente. Os modelos Echo, Echo Plus e Echo Dot son altofalantes en distintos tamaños; mentres que Echo Spot leva pantalla e Echo Sub permite engadir graves e profundos ao son de calquera dispositivo Echo.

Estes produtos son compatibles con outros dispositivos como o Amazon Smart Plug, que permite controlar eletrodomésticos de aceso/apagado a través do enchufe, como luces, ventiladores ou cafeteras.

Xunto a estes produtos desenvolvidos por Amazon, numerosas empresas están xa fabricando dispositivos que son compatibles con Alexa, co obxectivo de crear un ecosistema que permita crear fogares o máis accesibles posibles para calquera persoa.

25/10/201809:10
Usuario de SVisual.
Madrid

A Fundación CNSE reforza o seu servizo de videointerpretación para persoas xordas, SVIsual, con máis profesionais da interpretación

  • A Fundación CNSE para a Supresión das Barreiras de Comunicación ampliou o número de profesionais que atenden SVIsual, o primeiro servizo de videointerpretación do país que permite o contacto telefónico entre persoas xordas e oíntes, e que funciona a través de tablet, móbil e computador.

 

Unha medida que foi posible grazas ao financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social e que favorecerá que o número de chamadas atendidas se incremente en aproximadamente un 15% e que se diminúan os tempos de espera. "Trátase dun servizo totalmente gratuíto que está dispoñible as 24 horas o día os 365 días do ano" sinalou Jorge Sánchez, coordinador de SVIsual, quen afirmou que "a cifra de chamadas que recibe o servizo é elevada e aumenta cada ano, polo que era imposible cubrila co número de videointérpretes co que ata o momento contabamos no equipo".

SVIsual é a primeira plataforma de videointerpretación do país, posta en marcha en 2009 pola Fundación CNSE para garantir unha comunicación sen barreiras e unha maior autonomía das persoas xordas nas súas xestións diarias. "Permite a comunicación a distancia e en tempo real entre persoas xordas e persoas oíntes a través de videoconferencia, xa que conta con profesionais da interpretación da lingua de signos que aseguran a interlocución entre ambos os dous", explicou o coordinador de SVIsual, que engadiu que o servizo incorpora tamén "un chat para a comunicación por escrito".

 

Presente en todos os ámbitos

Ademais de para un uso persoal, SVIsual está presente en teléfonos como o 016 de información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero, o de emerxencias 112 de Estremadura, e o 010 do Concello de Zaragoza, así como en servizos de atención telefónica e presencial de distintas entidades públicas e privadas. É o caso de comisarías da Policía Nacional de toda España, estacións de Renfe e de Adif, hospitais como o de Tudela (Navarra), La Ribera (Valencia) , Niño Jesús (Madrid), ou Fundación Jiménez Díaz (Madrid), por exemplo, e un crecente número de concellos, deputacións e administracións públicas de comunidades autónomas como Estremadura, Illas Canarias, Comunidade Valenciana, Galicia ou Cantabria. A elas súmanse empresas privadas do sector enerxético, aseguradoras ou hipermercados, entre outros.

25/10/201807:10
Cartel de Ignicia.
Santiago de Compostela

Ignicia impulsará nove proxectos TIC e biotecnolóxicos

O programa Ignicia do Goberno autonómico (Consellería de Economía) vén de seleccionar nove proxectos das tres universidades e da Fundación de Investigación Sanitaria de Santiago para a fase de investimento. O proceso levouse a cabo logo de ter avaliado polo miúdo as dúas ducias de iniciativas que pasaron a primeira fase de estudo por parte dun equipo de expertos internacionais, coordinados por técnicos da Xunta e da Fundación Barrié. Os nove proxectos elixidos recibirán asesoramento especializado durante dous meses, co fin de impulsar cadanseu plan de desenvolvemento e comercialización.

As iniciativas son Aidfork e RadioUAV da Universidade de Vigo; RuCSC, Fluorotools, Inverbis e Nanotox da Universidade de Santiago de Compostela; INDEST da Universidade da Coruña; e Nanoevers e Kitgag da Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela. Dos 9 proxectos que veñen de ser seleccionados, catro xa tiñan participado na edición anterior deste programa, logrando agora aplicar as melloras suficientes para acceder á fase de investimento, ou noutros programas de apoio á transferencia de coñecemento ao mercado. Segundo informa Economía, é a primeira vez que se seleccionan proxectos da Universidade da Coruña, da Fundación IDIS e do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Por áreas de coñecemento, catro proxectos pertencen ao ámbito TIC (intelixencia artificial empresarial, drons, audiovisual e seguridade); outros catro son do ámbito biotecnolóxico e sanitario (seguridade alimentaria, nanomedicina, oncoloxía e enfermidades raras) e un de química (industria farmacéutica).

25/10/2018De 10:30 a 12:00 h
1 mes 1 profesión dixital
Online

Crea documentos con Microsoft Office Online. Ofimática no teu dispositivo móbil

A ofimática é o conxunto de ferramentas que nos permiten crear e modificar documentos de diferentes tipos. Dentro das aplicacións máis utilizadas para este fin, estarían os programas de Microsoft Office.

Neste curso centrarémonos na versión online de Microsoft Office que tamén ten aplicación para dispositivos móbiles e así poder usala en teléfonos intelixentes ou tabletas.

 
Contidos

  • Que é Microsoft Office Online e como crear a túa conta gratuíta de usuario.
  • Garda e crea diferentes tipos de documentos en OneDrive (documentos de textos, presentacións, etc.)
  • Funcións interesantes en documentos creados en Microsoft Office Online: incorporación de elementos visuais, uso de táboas e gráficos, etc.

Como compartir documentos con outras persoas para traballar de forma online nos mesmos.

24/10/201812:10
Cartel do evento.
Sevilla

Evento final de SIC: "Máis aló da imaxinación: unha Europa socialmente innovadora"

O final da Comunidade de Innovación Social (SIC) ten como tema "Máis aló da imaxinación: unha Europa socialmente innovadora". Uniránselle pensadores destacados, oradores internacionais e profesionais intersectoriais para explorar e co-crear unha Europa socialmente innovadora.

Europa cambiou drasticamente nos últimos 10 anos, social, política, económica e demográficamente. A innovación social provocou millóns de solucións creativas para afrontar desafíos sociais complexos, mesmo no sector público, o sector privado, as universidades e a comunidade.

Na final, celebraremos o que logramos na última década, entenderemos como pode suceder unha colaboración intersectorial e imaxinamos o camiño para seguir para a innovación social.

Máis aló da imaxinación: unha Europa socialmente innovadora explorará áreas clave que inclúen:

  1. Que se necesita para deseñar o futuro que queremos?

  2. Como podemos usar máis experimentación e enfoques de aprendizaxe participativa?

  3. Cal é o papel da investigación e a tecnoloxía na innovación social?

  4. Como pode influír a #SIDeclaration na política futura? Firme a #SIDeclaración AGORA! )

  5. Como necesitamos conectarnos e traballar de maneira diferente como sociedade para afrontar os desafíos futuros?

 

Teremos visitas de organizacións locais para aprender sobre a práctica da innovación en Sevilla, organizadas por diferentes redes en SIC e moitas outras experiencias para participar, incluídos talleres temáticos, charlas e exposicións. Estes inspiraranteequiparantedaranche enerxía para mirar cara a un futuro socialmente innovador para Europa.

Bota unha ollada aos relatores inspiradores !

Celebremos e co-cremos xuntos unha visión do futuro!

24/10/201812:10
Logo TopDoctors.
Madrid

Confianza, facilidade e accesibilidade, o que máis demandan os pacientes á telemedicina

Para os pacientes, o máis importante das ferramentas e sistemas de telehealth é que xeren confianza e fiabilidade (para 6 de cada 10), sexan alcanzables (para o 25%) e fáciles de usar (para o 15%). O 58% dos especialistas considera que, grazas á telemedicina e as posibilidades web, os pacientes acoden a consulta mellor informados. A optimización dos tempos de atención e diagnóstico, a experiencia de interactuar con pacientes máis informados na consulta, a posibilidade de reducir os tempos de lista de espera, entre o máis valorado polos doutores.

O sector saúde atópase en pleno vórtice dixital na súa procura por acurtar a distancia médico-paciente, axilizar os procesos, e democratizar e xerar información de saúde rigorosa e de confianza dentro do mundo online. O avance tecnolóxico é imparable e tanto pacientes como doutores atópanse en plena adaptación ao mundo da eSaúde, e segundo o último estudo realizado por Top Doctors ®, ambos os interesados coinciden en que existen máis vantaxes que inconvenientes no feito de incorporar a telemedicina no coidado, xestión e administración da saúde.
 
Para 8 de cada 10 doutores enquisados, o uso destes sistemas permítelles proporcionar unha maior calidade de vida aos pacientes, vendo como principal vantaxe a posibilidade de optimizar os tempos de atención e diagnóstico (38%), de interactuar con pacientes máis informados na consulta (26%), de reducir os tempos de lista de espera, consulta e de urxencias (19%), así como de mellorar a axilidade na xestión dos trámites administrativos do paciente (17%). Desde a perspectiva dos pacientes que participaron no estudo, o máis importante das ferramentas e sistemas de telehealth é que xeren confianza e fiabilidade (para 6 de cada 10), sexan alcanzables (para o 25%) e fáciles de usar (para o 15%).
 
Superación de barreiras xeográficas e optimización da xestión de datos
Aínda que queda moito camiño por andar para atoparnos fronte a un total "eDoctor", os especialistas xa empezaron a implementar solucións no seu día a día que lles axuden a xestionar o cada vez maior volume de datos que manexan sobre o paciente. Á hora de incorporar estas ferramentas, o que máis valoran os profesionais médicos é a posibilidade de superar as barreiras xeográficas e temporais, de reducir o número de visitas innecesarias, así como de mellorar os resultados do paciente grazas á maior precisión e redución de tempos de diagnóstico e tratamento que permiten.
 
Segundo os datos, a xestión online de citas médicas é a ferramenta á que, de momento, máis partido sacan: 6 de cada 10 xa a utilizan ou a implementarían para xestionar as súas axendas. A integración do historial clínico online é, en segundo lugar, a tecnoloxía que máis se valora -para 4 de cada 10 sería clave neste momento-, e as ferramentas de contacto directo co paciente como o chat ou a vídeo-consulta son dous sistemas que actualmente, aseguran, melloraría o seu día a día.  Ademais, o 58% dos doutores considera que, grazas á telemedicina e as posibilidades web, os pacientes acoden a consulta mellor informados sobre o seu estado de saúde ou sobre certas patoloxías, o que lles permite traballar dun modo máis áxil e eficaz, mentres que ata un 42% aínda observa incorrecciones nos datos que manexan.
 
Pola súa banda, segundo os datos obtidos, ata un 64% de pacientes realizaría as súas citas telemáticamente, quedando satisfeitos coa experiencia que, en 8 de cada 10 casos, recomendarían aos seus contactos máis próximos. O que máis valoran do servizo é, por orde, resolver as súas revisións en pouco tempo, poder ter fácil acceso a doutores de alto nivel, e poder facerlles consultas persoais a distancia.
 
O papel do médico, insubstituíble. A tecnoloxía sería o plus para gañar en eficacia e precisión
Os pacientes atópanse actualmente un paso por diante no que a dixitalización se refire. Segundo esta análise, o 65% deles xa fan ou estarían dispostos a facer uso da telemedicina para o coidado e xestión da saúde. A maioría dos pacientes enquisados cren que o seu papel no coidado da súa propia saúde faise máis proactivo, adquirindo un maior control. Para eles, a unión dos coñecementos médicos e trato humano do especialista, coa precisión e eficacia que lles proporciona a tecnoloxía ao exercer o seu traballo, é un valor engadido altamente potente, fundamental para realizar un diagnóstico, tratamento e seguimento óptimos. Con todo, a principal barreira segue sendo o custo. Así, 7 de cada 10 asegura que non pagarían por facer uso dela, fronte ao 22% que o faría se o prezo destas ferramentas fose inferior a 50 euros. Só un 17% que estaría disposto a abonar prezos máis elevados polo seu uso.
 
Arrefriado da relación médico-paciente
O único que chega a preocupar tanto a médicos como a pacientes é que o uso de ferramentas tecnolóxicas a distancia poida arrefriar e facer menos empática a relación entre ambas as partes. Tamén cren que a fenda xeracional impide a completa implementación da telemedicina no día a día das consultas.
 
Máis información na Web de TopDoctors.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS