O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu hoxe a toma de posesión de Julián Cerviño Iglesia como director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Julián Cerviño leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas IT estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública.
Julián Cerviño Iglesia é Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un profesional con ampla experiencia en IT e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.
A Aula CeMIT de Guitiriz acolle este outono un curso de Administración Electrónica para facilitar as relacións da cidadanía coas entidades públicas. Trátase do curso Aprende a realizar trámites de forma sinxela, impartido polo Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).
Desenvolverase de maneira combinada, con sesións formativas dinámicas e participativas co formador en directo, que irán acompañadas de fichas con actividades prácticas. De maneira complementaria, haberá contidos formativos engadidos para poder acceder á formación en calquera momento. O curso inclúe 8 sesións de 2 horas cada unha. Todas as sesións serán retransmitidas en liña. O alumnado pode realizar o curso completo, ou ben calquera das súas partes.
O prazo para realizar a presinscrición remata este 9 de setembro. Deberá facerse a través de WhatsApp (606325597) ou no correo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal.
O Consello da Xunta acordou hoxe o cese a petición propia de Mar Pereira Álvarez, directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia desde a súa constitución en 2012.
O Goberno galego agradece o seu traballo e dedicación nesta etapa de posta en marcha e consolidación da Axencia que en 2012 marcou un fito ao integrar nun único organismo os recursos do ámbito tecnolóxico, apostando por unha xestión integral das políticas tecnolóxicas da Administración.
Durante os últimos dez anos, Mar Pereira estivo ao mando das políticas de dixitalización da Comunidade -con iniciativas como 2014.gal ou a Axenda Dixital de Galicia 2020-, que fixeron posible avanzar na dixitalización dos servizos públicos, na transformación dixital do tecido empresarial, na mellora da conectividade e a inclusión dixital da sociedade.
Esta transformación ten a súa continuación na posta en marcha da Estratexia Galicia Dixital 2030 e da Estratexia Galega de Intelixencia Artificial, que conteñen as bases para o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia na próxima década. Mar Pereira levou á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia nesta década a ser un referente no conxunto de España.
Mar Pereira formaba parte do Goberno galego desde 2009, cando foi nomeada secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. Licenciada en Física Electrónica pola USC, pertence ao corpo de técnicos superiores de sistemas e tecnoloxías da información do Servizo Galego de Saúde.
O Consello de Goberno aprobou tamén o nomeamento de Julián Cerviño Iglesia como novo director da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia. Julián Cerviño leva máis de vinte anos traballando en proxectos e programas IT estratéxicos de distintas Administracións en Galicia, como a administración electrónica da Xunta e diversas iniciativas relacionadas coa sanidade pública.
Julián Cerviño Iglesia é Licenciado en Ciencias Físicas, especialidade electrónica pola Universidade de Santiago de Compostela. É un profesional con ampla experiencia en IT e sólidos coñecementos de xestión e técnicos.
A Guarda acolle en setembro un itinerario formativo de 120 horas de duración para a dixitalización de mulleres. As participantes poderán mellorar os seus coñecementos dixitais, recibindo ao finalizar a formación un ordenador portátil e un título oficial acreditativo. A iniciativa abéirase ao programa Galegas Dixitais, acollendo 3 módulos de formación que arrancan o 19 de setembro e durarán ata o 30 de outubro. As actividades realizaranse na Guarda en horario de 09:00 a 14:00.
Segundo explica o Concello, trátase “dunha iniciativa de capacitación tecnolóxica gratuíta dirixida a mulleres da Guarda orientada á mellora das capacidades dixitais, ao aumento das posibilidades de atopar emprego e adquirir os coñecementos en novas tecnoloxías precisos para o día a día”. Módulos:
As inscricións están xa abertas nos teléfonos 986 61 00 00 e no whatsapp 604 039 575, na recepción do Concello da Guarda e na páxina web da iniciativa.
A Xunta de Galicia destacou esta mañá a aposta da Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus) pola formación das persoas maiores de Galicia. O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou esta mañá na presentación das iniciativas organizadas pola entidade, que agrupa aos alumnos e exalumnos de programas de maiores das tres universidades galegas.
No acto, Antón Acevedo destacou a importancia de dispoñer de recursos coma este para garantir un envellecemento activo e reducir a fenda dixital aínda existente entre mozos e maiores. Os programas de Fegaus inciden precisamente na dixitalización a través de proxectos como: Bella Galicia, Banca Dixital Séniors, Dinamízate ou socialízate, algún dos cales utilizan as aulas CeMIT da Administración autonómica para chegar a persoas maiores de toda a Comunidade.
Ademais, o director xeral salientou que estes programas teñen especial presencia no rural galego. Deste xeito, apuntou, búscase incidir nun dos obxectivos do Goberno galego como é o fomento de servizos e actividades nas zonas menos poboadas de Galicia para permitir que as persoas maiores poidan vivir no seu lugar de sempre contando coas mesmas opcións que nunha cidade.
O Goberno galego financia a posta en marcha dos programas de formación impulsados por Fegaus a través das axudas con cargo ao 0,7% do IRPF. No último ano, a Xunta destinou 185.000 € para o seu funcionamento, o que permitiu o desenvolvemento de nove programas durante este 2022 e a posta en marcha de 129 actividades de formación.
As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, baixo o título, "Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques", están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.
Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen estas falsidades, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) segue a dar pasos relevantes en materia de formación e intercambio de coñecemento arredor da confluencia entre TIC, xustiza e investigación policial. Así, co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e seguindo o ronsel da exitosa experiencia do ano pasado, o colexio lanzou unha nova edición do seu curso de análise forense en redes e resposta ante incidentes, no marco das accións definidas na Estratexia Galicia Dixital 2030.
O obxectivo, en palabras do CPETIG, é poñer o foco “nunha temática de máxima actualidade” e mostrar e debullar ante os asistentes as ferramentas para detectar, adquirir e preservar evidencias dixitais. Tamén se lles amosasrán conceptos nos que se basea a análise forense dixital en redes. Ademais, incidirase nos distintos tipos de ciberincidentes e como proceder cando se detectan, tendo en conta as súas características diferenciais desde a visión dun experto na materia. O curso estará dividido en catro sesións de 5 horas cada unha a desenvolver os días 9, 10, 16 e 17 de setembro (en horario de 16:00 a 21:00 horas os venres e de 09:00 a 14:00 os sábados).
O custo desta formación, aberta a todos os perfís relacionados coa Informática e a Enxeñería Técnica Informática, o hipersector TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación), cargos de responsabilidade en seguridade, auditoras, consultoras, e en definitiva calquera profesional con interese na materia, é de 200 euros. Porén o CPETIG ofrece aos seus colexiados, aos do CPETIG e máis o persoal da AMTEGA, a posibilidade de asistir e obter os coñecementos impartidos de balde, introducindo un código interno que será facilitado por canles propias do colexio. Ademais, este curso é válido para o acceso ao Corpo Oficial de Peritos do propio CPETIG.
As 20 horas lectivas desta formación repartiranse nas seguintes áreas formativas: análise forense de rede; fontes de evidencia; metodoloxía ÓSCAR; topoloxías típicas de rede; conceptos de switching e routing; ataques de rede; despregamento de infraestrutura necesaria; ferramentas de captura de rede: Suite Wireshark; TCPFlows: Ntop-ng e Argus; despregamento de infraestrutura de IDS: snort, suricata, bro e Wazuh; ferramentas de monitoraxe de tráfico; Security Onion; intercepción, captura e análise de protocolos; exfiltración de información; fontes de evidencia: devasas, proxies, WAFs e casos prácticos.
As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques. Trátase dun programa de charlas promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, baixo o título “Vacínate contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques”, están preferentemente orientadas ás persoas maiores, aínda que poden apuntarse persoas de todas as idades.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, realizaranse de xeito presencial durante os meses de setembro e outubro nas aulas de Abegondo, Leiro, Fisterra, Ponteareas, Cuntis, Oroso, Riotorto, Ribadeo e Brión e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Todas elas teñen unha hora e media de duración en horarios de mañá ou de tarde.
Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de desinformación aos que nos vemos sometidos cada día. Desde a análise dun caso real, abórdanse os obxectivos que perseguen as noticias falsas, así como os mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para previlas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese.*
Durante este verán tamén se están a desenvolver na Rede de aulas CeMIT outras propostas formativo-divulgativas, entre as que se atopan os ciclos de seminarios, tanto online como presenciais, en colaboración con Fegaus sobre distintas temáticas relacionadas co fomento do uso das novas tecnoloxías e a banca dixital, dirixidos especialmente a persoas maiores co obxecto de impulsar un envellecemento máis activo. E para incentivar o uso creativo e igualitario da tecnoloxía entre rapazas e rapaces e derrubar estereotipos, están en marcha os “Obradoiros Steam para rapazada entre 8 e 15 anos”, no marco da colaboración entre a Amtega e Agasol. Por outra banda, ofértase desde as aulas CeMIT o programa de actividades desenvolvido pola Red Araña, que proporciona competencias dixitais a persoas desempregadas e en risco ou situación de exclusión sociolaboral.
Para o mes de setembro, a actividade non se detén, os días 20 e 23 levaranse a cabo de forma presencial nas aulas de Vigo e A Coruña respectivamente, sesións formativas sobre Intelixencia Artificial (IA) nas que coñecer as nocións básicas e o impacto desta tecnoloxía no día a día das persoas e analizaranse algunhas aplicacións a través de casos de uso. Como peche, haberá unha última sesión en liña para aqueles que non poidan asistir presencialmente.
Tamén a partir de setembro empezarán nas aulas CeMIT as sesións formativas na ferramenta AsisT.gal, unha ferramenta para a xestión de auto-coidados dos/as cidadáns/ás dependentes que ofrece autonomía, ademais de dar un acompañamento constante por medio de funcionalidades como o botón de emerxencia a coidadores, control da medicación, xeolocalización no caso de desorientación, recordatorios de medicación...
| Aulas participantes | Datas e horarios |
| Abegondo | 13 de setembro de 10:30 a 12:00 horas |
| Leiro | 20 de setembro de 16.00 a 17:30 horas |
| Fisterra | 21 de setembro de 16.30 a 18:00 horas |
| Centro GaiásTech (Cidade de Cultura – Santiago de Compostela) | 22 de setembro de 10.00 a 11.30 horas |
| Ponteareas | 27 de setembro de 16:00 a 17.30 horas |
| Cuntis | 28 de setembro de 16.00 a 17:30 horas |
| Oroso | 30 de setembro de 11:00 a 12:30 horas |
| Riotorto | 19 de outubro de 16:00 a 17:30 horas |
| Ribadeo | 20 de outubro de 11.00 a 12.30 horas |
| Brión | Outubro (Pendente día e hora exacto) |
A Aula CeMIT do Concello de Boiro volve ofrecer cursos de formación presenciais para o mes de setembro de 2022. As actividades desenvolveranse na aula, situada no Centro Social de Boiro, en horario de 10.00 a 12.30 horas.
Entre a formación ofertada está un curso de Inicio á Informática, que se vai desenvolver entre o día 5 e o 9 de setembro; Inicio a Internet, que vai ser do 12 a 15 de setembro; Manexo de correo electrónico de Gmail, que será do 19 ao 22 de maio; e Tramitación electrónica, os días 27 e 28 de setembro.
Toda a información sobre os cursos e inscricións en axentetic@boiro.org; no 981 84 26 35 ou no móbil 629 769 139.
A Aula CeMIT de Ribeira vai dar cabida ao longo do mes de setembro a un programa de formación dixital dirixido a mulleres, encamiñado a combater a fenda dixital de xénero e avanzar na plena capacitación tecnolóxica da poboación feminina, agravada trala pandemia.
Este programa conta con dous bloques de 40 horas cada un, que versarán sobre competencias dixitais básicas, destinado ao desenvolvemento dixital para a vida cotiá (do 1 ao 15 de setembro) e competencias dixitais avanzadas (desenvolvemento de estratexias dixitais para o traballo (do 16 ao 30). Ao remate as asistentes recibirán unha tableta de agasallo. Pódese obter máis información no teléfono 881 820 345, no correo electrónico matriculas@mullerdixital.gal ou na web www.mullerdixital.gal.