O futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que terá a súa sede na Tecnópole de Ourense, converterá a provincia nun referente en ciberseguridade e permitirá á Comunidade manter a dianteira na innovación e desenvolvemento desta tecnoloxía. Así o aseguraba esta mañá o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, na inauguración da Xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade.
O responsable da Axencia autonómica sinalou que o CECIGA “conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros, dos que 4,1 millóns corresponden aos orzamentos deste ano”. Lembrou, tamén, que neste 2024 “está previsto que se inicie a posta en marcha do Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa”, unha iniciativa do Programa RETECH cun orzamento de 58 millóns de euros dos que 19 corresponden a Galicia e no que participan, tamén, Cataluña e a Comunidade Valenciana.
Estas actuacións enmárcanse nunha traxectoria consolidada en materia de ciberseguridade que permitiu a Galicia ser das primeiras comunidades en crear un nodo de colaboración público-privado neste ámbito, CIBER.gal, que conta con máis de 55 entidades integradas; ou dispoñer desde hai máis de cinco anos dun centro de resposta a incidentes de ciberseguridade, o CSIRT.gal.
O director da Axencia sinalou que para seguir avanzando nesta liña e poder abordar novos retos é preciso “contar con talento especializado en ciberseguridade”, un perfil que están a demandar o 30% das empresas galegas de dez ou máis empregados.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
O programa, que leva por título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre a importancia de aspectos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (bulos e noticias falsas) ou protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese entre as seguintes: Ortigueira, Leiro, Catoira, A Cañiza, Betanzos, Pontevedra, Sada, Cuntis, Vimianzo, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Carballo, Barreiros, Monforte, Riotorto, Fisterra, O Vicedo, Ponteareas, A Coruña-Eirís, Vilagarcía e Guitiriz.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade de 2024 que se celebrarán durante o último trimestre do ano en colaboración coa Rede de Aulas CeMIT.
Trátase dun programa de charlas promovidas baixo o título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, unha formación que ten por obxecto sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico e ameno diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, desinformación (bulos e noticias falsas), protección fronte ataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese.
|
Aula CeMIT |
Datas |
Horarios |
Inscricións |
|
Ortigueira |
4 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47785 |
|
Leiro |
10 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47760 |
|
Catoira |
16 de outubro |
12.00 horas |
Próximamente |
|
A Cañiza |
18 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47671 |
|
Betanzos |
21 de outubro |
11.00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47722 |
|
Pontevedra |
21 de outubro |
10.00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47765 |
|
Sada |
23 de outubro |
10:00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47667 |
|
Cuntis |
28 de outubro |
16:30 horas |
Próximamente |
|
Vimianzo |
30 de outubro |
10:30 horas |
Próximamente |
|
Celanova |
4 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
O Barco de Valdeorras |
7 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
Ribeira |
14 de novembro |
12:30 horas |
Próximamente |
|
Carballo |
14 de novembro |
17:00 horas |
Próximamente |
|
Barreiros |
14 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
Monforte |
19 de novembro |
10:30 horas |
Próximamente |
|
Riotorto |
21 de novembro |
16:00 horas |
Próximamente |
|
Fisterra |
28 de novembro |
10:30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47789 |
|
O Vicedo |
28 de novembro |
17:00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47759 |
|
Ponteareas |
16 de decembro |
16:00 horas |
Próximamente |
|
A Coruña-Eirís |
|||
|
Vilagarcía |
|||
|
Guitiriz |
A iniciativa “Enredando Tour”, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Cruz Vermella, pechou hoxe a súa segunda edición en Betanzos. Esta xornada final, centrada na banca electrónica, contou coa presenza do director da Amtega, Julián Cerviño; o director provincial de Cruz Vermella na Coruña, Manuel Viqueira; e a presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelán.
O responsable da Axencia autonómica destacou o crecemento experimentado en Galicia nos últimos anos no uso de tecnoloxías entre as persoas maiores. Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), son xa preto dun 70% as persoas maiores de 64 anos que usan internet. Delas, máis da metade utilizan os servizos da banca electrónica e unha porcentaxe similar solicita citas medidas por esta vía.
Julián Cerviño destacou a importancia da colaboración cos concellos de Galicia para a implantación da rede CeMIT, conformada por 94 aulas repartidas por toda Galicia; e agradeceu a implicación de institucións como a Cruz Vermella en iniciativas como Enredando Tour.
Un total de 417 persoas participaron nesta segunda edición de “Enredando Tour”, que comezou o pasado mes de xullo en Noia e percorreu unha vintena de localidades cun programa formativo itinerante, orientado especialmente a persoas de 55 anos ou máis. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a capacitación dixital das persoas maiores a través de diversos obradoiros, ferramentas dixitais e contidos especializados.
A furgoneta do Enredando Tour percorreu este ano preto de 1.590 quilómetros e contou co apoio de 35 voluntarios de Cruz Vermella que impartiron obradoiros para mellorar habilidades básicas como aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer videochamadas.
Ademais, nesta edición incorpóranse novos contidos sobre aplicacións que empregan intelixencia artificial e conceptos como a realidade inmersiva e realizáronse sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten entre os seus obxectivos o de facilitar á cidadanía a adquisición de competencias dixitais e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais por parte dos colectivos máis vulnerables. Estes obxectivos están recollidos no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, no que se enmarca a actividade da Rede de Aulas CeMIT e esta actuación en colaboración con Cruz Vermella.
Cruz Vermella Española, que celebra este ano o seu 160 aniversario, conta con máis de 254.000 persoas voluntarias dan resposta en 1.263 municipios, o que permite atender anualmente a máis de 11,8 millóns de persoas. Todo iso co apoio de 1,3 millóns de persoas socias, empresas e alianzas en todos os sectores da sociedade.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais para colectivos vulnerables. A Administración autonómica prorrogou, tamén, os prazos das subvencións para reforzar a conectividade en polígonos empresariais e edificios, tras a escasa demanda que están a ter as tres liñas de axuda do Programa UNICO, cuxos requisitos están predefinidos polo Goberno do Estado.
Segundo recolle hoxe o DOG, o prazo para solicitar os bonos dixitais esténdese un mes, do 30 de setembro ao 30 de outubro. Estas axudas, destinadas a familias ou persoas vulnerables, reducen o custe mensual da contratación de internet en ata 20 euros durante un ano cun importe total máximo de 240 euros. É a terceira convocatoria destas axudas e conta cun importe de 1,16 millóns de euros.
O prazo para as axudas á conectividade en edificios ampliouse do 16 de setembro ao 4 de outubro. Pode solicitarse esta subvención para os edificios construídos antes de 2001 que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT´s). Esta liña de axudas, que conta cun investimento de 4,1 millón de euros, cubre o 100% dos investimentos cun máximo de 23.800€, de 21.000€ ou de 16.000€ en función do alcance da instalación.
As pemes e micropemes situadas en polígonos empresariais e interesadas en acceder a conexións de 1 Gb terán de prazo ata o 11 de outubro. As empresas poderán acadar subvencións de ata o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros.
A Xunta lamenta que debido ao deseño do Programa ÚNICO, fixado de xeito unilateral polo Goberno central sen ter en conta as características e necesidades de cada comunidade, as convocatorias destas liñas de axuda seguen a ter unha demanda limitada, como xa acontecera nas dos anos 2022 e 2023.
No caso dos bonos dixitais, nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 concedéronse unicamente 900 bonos por importe de 216.000 euros. Na liña de axudas a edificios tan só se levou a cabo unha obra de adaptación de ICT; e na de polígonos realizáronse 132 actuacións, superando o obxectivo inicial de 77, grazas ás medidas impulsadas anteriormente pola Xunta, que xa dotaran de conexión á fibra ao 93% da superficie empresarial.
Estes resultados confirman a falta de adecuación dos obxectivos dos fondos ao que realmente precisa a poboación e as empresas da Comunidade. Isto complica a execución dos programas en tempo e forma, o que xa foi trasladado pola Xunta e as restantes comunidades no marco da Conferencia sectorial para a Transformación dixital do pasado mes de maio para ampliar o prazo e adaptar as actuacións e poder deste xeito executar adecuadamente os proxectos para a mellora da conectividade.
Preto do 70 % dos galegos e galegas de máis de 65 anos empregan internet, o que supón un incremento dun 10 % no último ano. Un crecemento sostido que supuxo que máis de 54.300 persoas maiores de 65 anos se incorporasen ao uso da rede entre 2021 e 2023. Un dato relevante na dixitalización da sociedade galega, na que as persoas deste colectivo representan máis da cuarta parte da poboación.
Son datos do estudo Seniors dixitais. Edición 2023 elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e publicado hoxe no portal do Osimga.
O documento sinala tamén un crecemento de case un 12 % no uso de internet entre os galegos e galegas de máis de 74 anos aínda que a porcentaxe de internautas desta idade é do 22,5 %.
O uso do comercio electrónico creceu máis dun 40 % en dous anos entre as persoas maiores de 74 anos, das que máis do 16 % mercan online. No caso das persoas de 65 a 74 anos o uso do comercio electrónico sitúase preto do 20 %.
Máis do 43 % dos maiores de 65 anos utilizou Internet para realizar xestións coas administracións públicas. Na maioría dos casos para buscar información e enviar formularios cumprimentados.
No 2023 afiánzase entre os maiores de 64 anos o uso da banca electrónica, a xestión das citas médicas a través dunha páxina web ou app móbil, ou a busca de información sobre temas de saúde.
Así, máis do 55 % dos internautas maiores de 65 anos usan a banca electrónica; un 41,1 % no caso das persoas de máis de 74 anos.
Canto a citas médicas, preto do 50 % dos internautas de 65 aos 74 xa as solicita por internet; unha porcentaxe que queda no 36,1 % no caso dos maiores de 74.
Respecto á fenda dixital de xénero, o acceso a internet é case idéntico entre homes e mulleres de 65 a 74 anos pero a partir dos 74, os homes superan ás mulleres en máis de 6 puntos (26,1 % e 20 %).
O maior uso de internet vai parello ao incremento de dispositivos electrónicos entre as persoas de máis de 65 anos. O estudo sinala que o 70,3 % dos galegos de 65 a 74 anos xa usan o smartphone e tamén o fan preto dun 30 % dos maiores de 74.
Canto aos ordenadores, son empregados por un terzo dos galegos e galegas dos 65 aos 74 anos e por máis do 8 % das persoas maiores de 74.
No uso de todos estes dispositivos, os homes de máis de 74 anos superan claramente o nivel de dixitalización das mulleres. Entre os 65 e os 74 anos son as mulleres as que utilizan máis os dispositivos móbiles e smartphones que os homes.
O 63,1 % dos fogares con persoas maiores de 74 anos teñen acceso a Internet, o que supón un incremento do 2,6 % respecto ao ano anterior.
Máis do 71 % destes fogares con conexión a Internet, contan cunha velocidade igual o superior aos 30Mbps.
Os resultados detallados do informe Galicia: A nosa vida en dixital poden ser consultados en osimga.gal.
A Xunta convocou a cuarta edición do concurso Ciberseguridade no Cole!, no que poderá participar alumnado de 4º e 5º de Primaria e 1º e 2º da ESO dos centros educativos de Galicia. A actividade está enmarcada na celebración do IV Encontro Galego de Ciberseguridade o os organizadores agardan superar a cifra de 6.000 participantes do ano pasado.
A convocatoria coincide co anuncio da posta en marcha do programa de obradoiros “Iniciación seguro á pegada dixital e ás redes sociais” dirixido a alumnado de 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e ciclos formativos de grao básico de FP dos centros educativos públicos e concertados de Galicia.
O prazo de inscrición ao concurso, que está organizado por Telefónica, permanecerá aberto ata o día 7 de outubro neste enlace, onde tamén se poden consultar as súas características e bases. Como xa sucedera en anteriores edicións, o concurso contará cunha fase en liña ata o 15 de outubro na que se decidirán os grupos que participarán na final, que terá lugar nun acto que se celebrará o 7 de novembro da Cidade da Cultura de Galicia.
A final desenvolverase no marco do Encontro Galego de Ciberseguridade, que os días 6 e 7 de novembro reunirá en Santiago de Compostela a destacados especialistas e profesionais de seguridade da información. O Encontro, que desenvolverá a súa cuarta edición, consolidouse como unha das grandes citas de referencia para a ciberseguridade en España grazas ao esforzo das entidades que integran o Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia..
A principal novidade do Concurso deste ano será o formato colaborativo da final entre todos os equipos finalistas, que consistirá na resolución dun reto sobre ciberseguridade. Na edición de 2023 participaron un total de 120 centros educativos.
O programa de Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais, que conta coa colaboración coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ten entre os seus obxectivos o de reforzar a competencia básica do alumnado en seguridade na xestión dos seus perfís nas redes sociais. Busca tamén explicar a identidade dixital e a importancia da pegada dixital, afondar na configuración das opcións de seguridade e privacidade das redes sociais máis actuais entre nenos e nenas.
Consiste na realización dun único obradoiro por centro de carácter práctico que abordará a xestión segura das redes sociais que máis están a utilizar os escolares. Os obradoiros, de hora e media de duración e para un máximo de 30 persoas (da mesma ou de diferentes aulas), serán impartidos especialistas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
En total, levaranse a cabo 250 obradoiros desde outubro de 2024 a xuño de 2025, todos de carácter presencial.
Os Centros que desexen solicitar ditos obradoiros, deben enviar ao enderezo electrónico asesoria.participacioneducativa@edu.xunta.gal antes do 27 de setembro. Cóntase con adxudicacións limitadas, e os centros seleccionaranse segundo a orde de entrada da solicitude, ata un máximo de 250 centros.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), organiza un ano máis o Programa Scratch Day que celebra este ano a súa IX edición. A iniciativa busca derrubar mitos en torno á programación informática e espertar e fomentar vocacións no ámbito STEAM desde idades temperás.
O programa está dirixido á rapazada de entre 7 e 15 anos e desenvolverase entre os meses de setembro e outubro con catro xornadas formativas nas aulas CeMIT de Guitiriz, Tomiño, Celanova e Fisterra. O ciclo rematará o 19 de outubro cunha xornada final no Edificio CINC da Cidade da Cultura, na que tamén terá lugar unha acción formativa específica para profesorado e formadores de centros de ensino.
O obxectivo deste encontro é mostrarlles aos docentes as vantaxes de traballar e ensinar a través deste tipo de tecnoloxía, coa que poden incentivar a creatividade, o emprendemento e a capacidade de resolución de problemas.
Nesta edición os participantes nas xornadas terán que realizar tres videoxogos relacionados con deportes presentes nos Xogos Olímpicos. Nunha primeira fase, realizarase unha introdución aos videoxogos con Scratch e a continuación os asistentes poderán elaborar videoxogos relacionados con deportes olímpicos cos que a posteriori participar nunha competición.
O prazo de inscrición está aberto e pode realizarse a través de portal da rede CeMIT. Os rapaces e rapazas que queiran participar deben ir acompañados ás xornadas dun adulto. As datas e aulas das xornadas son as seguintes:
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (FEGAUS) poñen en marcha unha nova edición do programa formativo para achegar o uso da banca online ás persoas maiores. A primeira das cinco xornadas previstas comeza mañá na aula CeMIT de Arzúa. O ciclo formativo continuará ata mediados de outubro nas de Vilar de Santos, Leiro, A Estrada e Vigo.
Son sesións presenciais, cunha duración de 60 minutos, que se retransmiten tamén online, co asesoramento dos dinamizadores das aulas CeMIT, e ademais poderán seguirse a través de canalsenior En cada unha delas explicarase de xeito práctico como realizar paso a paso operacións con caixeiros automáticos e trámites online.
Estes seminarios, especialmente orientados ás persoas maiores con foco na contorna rural, compleméntanse con materiais adicionais como videopílulas, podcasts, infografías co paso a paso dos trámites explicados nas sesións de inspiración e xogos.
Os contidos formativos preséntanse de xeito sinxelo e abranguen as compras online, como interactuar co banco mediante intelixencia artificial, os dereitos dos usuarios na era da banca dixital, o aluguer de vehículos e outros servizos da banca dixital, como a contratación de seguros ou préstamos a través do móbil.
Os interesados en participar de xeito presencial poden poñerse en contacto cos responsables das aulas CeMIT nas que se celebra cada seminario ou inscribirse a través do portal da Rede: https://cemit.xunta.gal.
Programación dos seminarios
|
AULA |
DATA |
HORARIO |
INSCRICIÓN |
|
CEMIT Arzúa |
12/09/2024 |
10:30 a 11:30 |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47335 |
|
CEMIT Vilar de Santos |
24/09/2024 |
17:00 a 18:00 |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46722 |
|
CEMIT Leiro |
04/10/2024 |
10:30 a 11:30 |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46827 |
|
CEMIT A Estrada |
10/10/2024 |
10:30 a 11:30 |
(Proximamente) |
|
CEMIT Vigo |
14/10/2024 |
12:00 a 13:00 |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/46806 |
O GaiásTech consolídase como centro de referencia das tecnoloxías innovadoras e escaparate para as empresas TIC, ás que ofrece unha ampla carteira de servizos e actividades de balde a través das que poden presentar e difundir as súas solucións innovadoras, conectar con outros axentes do ecosistema tecnolóxico e manterse á vangarda nunha contorna dixital en constante evolución.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, visitou hoxe as instalacións deste polo de desenvolvemento TIC e deu tamén a benvida ás alumnas e alumnos do obradoiro Girl STEAM organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia (CPETIG).
O centro GaiásTech colabora con actividades de formación dixital da cidadanía e iniciativas promovidas pola rede CeMIT, como o caso dos obradoiros Girl STEAM, que teñen como obxectivo dar visibilidade ao rol da muller no eido tecnolóxico e incentivar a presenza das mulleres nas carreiras STEAM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Artes e Matemáticas), así como espertar vocacións tecno-científicas entre as rapazas. Acolle tamén a Tech Kids, que comezou a semana pasada, e que está orientada a fomentar as vocacións tecnolóxicas entre a rapazada de entre 12 e 18 anos.
Avanzando o mes de setembro, celebrarase tamén A aventura que me espera: descubrindo a ciencia e a tecnoloxía, que ten como propósito dar a coñecer diferentes roles laborais que combinan a ciencia e a tecnoloxía, a partir da experiencia de dez mulleres que traballan en diversos campos como o académico, o administrativo ou o empresarial.
O conselleiro de Facenda, que estivo acompañado do director da Amtega, Julián Cerviño, destacou o papel destas iniciativas e puxo en valor outras que se canalizan a través das aulas CeMIT, unha rede creada en colaboración coa Fegamp na que se ofrece formación e asesoramento gratuítos a todos os galegos e galegas, pero centrándose, de xeito prioritario, nos colectivos que teñen máis dificultades para acceder á tecnoloxía.
O GaiásTech ofrece unha serie de servizos propios, como o Mapa de Capacidades Dixitais de Galicia, un directorio de axentes tecnolóxicos de Galicia con experiencia, que actualmente conta con máis de 350 entidades, máis de 1400 produtos e servizos e 78 tecnoloxías.
O centro permite a organización de actos, tanto presenciais como en liña, proporcionando o apoio necesario en todas as etapas do proceso, desde a cesión dos espazos, que Miguel Corgos visitou, como auditorios e aulas, ata o soporte na comunicación do evento, en infraestruturas ou técnico.