main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

26/11/201518:35
I Hackatón solidario ‘Intro para todos’
Padrón - Aula CeMIT

O concello de Padrón, en colaboración coa Amtega, convoca o I Hackatón solidario

O Concello de Padrón (A Coruña), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha o I Hackatón solidario ‘Intro para todos’ para mellorar a usabilidade e accesibilidade de ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.

O Concello de Padrón (A Coruña), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha o I Hackatón solidario ‘Intro para todos’ para mellorar a usabilidade e accesibilidade de ordenadores da aula CeMIT local coas achegas da cidadanía.

O Hackatón, que terá lugar o día 4 de novembro na aula CeMIT de Padrón, é unha convocatoria aberta a programadores, deseñadores, estudantes, emprendedores e calquera persoa con interese que poida achegar ideas para o deseño e desenvolvemento dunha ferramenta que facilite a persoas con discapacidade intelectual o uso dos computadores.

Será unha intensa xornada colaborativa tutorizada, na que os participantes realizarán as súas achegas para desenvolver unha ferramenta baseada en software libre que permita instalar na ordenadores da aula un sistema de autenticación alternativo adaptado a colectivos especiais, con ou sen competencias en lectoescritura, e un perfil de escritorio accesible cognitivamente que recolla en pictogramas as principais ferramentas e aplicacións utilizadas polas persoas con discapacidade intelectual.

A xornada comezará ás 9:00 horas coa exposición e intercambio de ideas e a composición dos grupos de traballo. Tras varias sesións de traballo e networking, cada equipo desenvolverá un prototipo e unha demostración do mesmo que avaliará un comité de expertos. Este ditaminará cal será o prototipo elixido para ser implantado e validado na ordenadores da aula CeMIT de Padrón, con posibilidade de amplialo a toda a Rede CeMIT. Así mesmo, crearase unha comunidade de desenvolvedores que continuará propoñendo e implementando melloras no desenvolvemento seleccionado, tras o seu testeo por parte dos usuarios destinatarios do mesmo. O Hackaton finalizará ás 19:45 horas.

Esta iniciativa conta tamén coa colaboración da Asociación AMIPA. As inscricións para participar deben realizarse antes do 3 de novembro a través da web http://cemitpadron.blogspot.com.es.

Trátase dunha iniciativa piloto enmarcada no proxecto CeMIT-Innova, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec, para que a innovación social dixital poida dar resposta aos desafíos sociais locais, servíndose das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e de modelos de colaboración en rede.

26/11/201518:24
Seminario "Márketing de atracción de turistas"
Santiago de Compostela - Centro Demostrador TIC

O CDTIC organiza na aula CeMIT de Vimianzo o seminario “Marketing de atracción de turistas”

O Centro Demostrador TIC, organiza o día 11 de novembro o seminario “Marketing de atracción de turistas: como xestionar as ferramentas existentes” que se impartirá na aula CeMIT de Vimianzo en horario de 16.30 a 19.30 horas.

O Centro Demostrador TIC, organiza o día 11 de novembro o seminario “Marketing de atracción de turistas: como xestionar as ferramentas existentes” que se impartirá na aula CeMIT de Vimianzo en horario de 16.30 a 19.30 horas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa CeMIT Innova de Vimianzo, “Posta en valor da arqueogastronomía de Vimianzo en Internet”, que busca a participación cidadá e a implicación de diferentes colectivos, para despregar unha estratexia de márketing e posicionamento na Rede, que poña en valor o patrimonio histórico e etnolóxico de Vimianzo.

O seminario “Marketing de atracción de turistas” abordará como por en marcha diversas ferramentas dispoñibles en internet para que un negocio consiga máis visibilidade e un maior rendemento económico. Para iso, na xornada exporanse as canles de comunicación en internet para despregar unha estratexia de márketing; normas de estilo e lingua que se deben empregar nas redes sociais; xestión da reputación e dos conflitos en redes, así como outras ferramentas de captación e fidelización de clientes.

A xornada está destinada principalmente a responsables de establecementos de hostalería, bares, restaurantes, pequenos hoteis e casas de turismo rural que busquen chegar a máis xente de forma directa a través de internet, reducindo os custos de intermediación. O encargado de impartir a sesión será José Alcañiz, fundador de Buscadestinos.com e Esterea Comunicación Digital.

26/05/201516:55
Ourense

A campaña da Amtega e o CPEIG “1 mes 1 profesión dixital” aborda o 23 de xuño en Ourense a banca do futuro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro martes 23, no marco da  campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital "1 mes, 1 profesión dixital", a xornada Faite profesional dixital da banca do futuro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organizan o vindeiro martes 23 a xornada Faite profesional dixital da banca do futuro. O encontro, inserido na campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital 1 mes, 1 profesión dixital, desenvolverase na Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, en Ourense.

Os asistentes ao evento coñecerán, da man de destacados expertos na materia, novas competencias e habilidades profesionais que se están a demandar no mercado laboral actual. Os relatores exporán as características e requisitos do seu labor e perfil profesional, tanto de xeito individual como nun debate conxunto e aberto ao público, que porá o peche a esta terceira xornada de 1 mes, 1 profesión dixital.

O encontro desenvolverase de 10.30 a 13.00 horas no Salón de Actos da ESEI e a inscrición é libre e gratuíta. As persoas interesadas en asistir xa poden inscribirse a través do enderezo electrónico eventos@cpeig.org ou da web www.profesionsdixitais.org, na que tamén figura o programa e información da iniciativa e dos relatores que participan.

As intervencións poderán seguirse tamén a través do twitter co hashtag #1mes1profDIX e vía streaming a través da web do proxecto http://profesionsdixitais.org/.

Programa e relatores
Tras a benvida institucional, a cargo do presidente do CPEIG, Fernando Suárez, o CTO da empresa Set-Pay, Xoan González, abordará a xeración de negocio nos medios de pago. A continuación, intervirá o profesor universitario Abraham Otero, quen falará sobre bitcoin e criptomoedas. A seguir, será a quenda de Roberto Baratta, director de Prevención de Perdas, Continuidade do Negocio e Seguridade en Abanca, quen falará de seguridade na banca.

O crowfunding será a última temática a tratar da man de Fernando Prieto, economista con ampla experiencia en xestión e banca. Por último, celebrarase un debate entre todos os participantes con participación do público.

1 mes, 1 profesión dixital
A campaña 1 mes, 1 profesión dixital arrincou o pasado mes de abril coa xornada Faite profesional dixital do marketing dixital. Trátase dun ciclo de seis xornadas sobre novos perfís dixitais, que se desenvolverá ata outubro, e que ten como obxectivo xeral crear conciencia da necesidade que teñen os cidadáns de mellorar o seu dominio da tecnoloxía da información e a comunicación cara ao emprego.

As charlas darán a coñecer novos perfís profesionais dixitais como o de deseñador e programador dixitais, professional blogger, desenvolvedor de apps, especialista en contidos ou análise de datos, técnicos de e-commerce ou experto en marketing online, entre outros. Ademais, tamén se abordarán os cambios que están a afrontar profesionais doutros sectores (xornalistas, arquitectos...) para adaptarse ao novo contexto dixital. A iniciativa é froito do acordo de colaboración asinado neste ano entre o CPEIG e a Amtega.

26/05/201516:54
Santiago

MeLiSA amosará no centro penitenciario da Lama como montar un equipo con software libre

A actividade forma parte das actividades que a asociación de Melide realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia. 

A Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA), comeza mañá, 23 de xuño, un novo obradoiro inserido no proxecto Tecnoloxía e software nos centros penitenciarios galegos no centro da Lama. Segundo informa o colectivo de Melide, un total de 12 internos pertencentes ao módulo de respecto serán os destinatarios deste taller, no que se tirará proveito de material informático doado pola devandita plataforma galega de usuarios de programas de código aberto.

Os participantes nesta actividade formativo-divulgativa poderán aprender a montar un ordenador persoal identificando os diferentes compoñentes do mesmo, amais de aprender a detectar as avarías máis comúns e realizar labores de mantemento. A maiores, estarán en disposición de instalar e configurar un sistema operativo GNU/Linux, co propósito de que estes equipos poidan formar parte dunha nova aula de informática no módulo de respecto.

Os voluntarios de Melisa encargados de impartir este obradoiro serán Rafael Rodríguez, Jorge Lama e Salvador Tabarés, os cales xa contan con experiencia neste tipo de talleres nos diferentes centros penitenciarios de Galicia. A actividade forma parte das actividades que a asociación de Melide realiza ao abeiro do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2015 da Xunta de Galicia. 

26/05/201516:34
Santiago

O programa Voluntariado Dixital da Xunta pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 “Design Thinking para a Innovación Social Dixital"

O programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 baixo o título “Design Thinking para a Innovación Social Dixital”.

O programa Voluntariado Dixital da Xunta de Galicia, impulsado pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, pon en marcha o seu Plan de Formación 2015 baixo o título “Design Thinking para a Innovación Social Dixital”.

O obxectivo deste plan formativo, é ofrecer as ferramentas e as metodoloxías máis avanzadas para xerar ideas, detectar necesidades de mercado e resolver problemas, apostando pola innovación como un proceso colaborativo.

O programa formativo ten plazas limitadas e desenvolverase no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia en horario de tarde de 16:00 a 20:00h, en 4 xornadas distribuidas en dous bloques,:

  • BLOQUE I: 17 e 18 de xuño
  • BLOQUE II: 1 e 2 de xullo

A través da formación e tomando como referencia práctica os 10 proxectos seleccionados na iniciativa da Amtega CeMIT-Innova para a Innovación Social Dixital traballaranse todas as fases da metoloxía Design Thinking: empatía, definición, ideación, prototipado e testeo.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través do seguinte link da web de Voluntariado Galego: http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=cur&idc=278&pag=0

Mais información e contidos no Programa.

“Design Thinking”
O Design Thinking é unha disciplina que usa a sensibilidade e os métodos dos deseñadores para facer coincidir as necesidades das persoas co que é tecnoloxicamente factible e viable economicamente. Este método está avalado e promovido polo Institute of Design que pertence á Universidade de Stanford.

Debido ós grandes resultados obtidos, nos últimos anos grandes empresas de todo o mundo como Google, IBM ou Toyota xa integraron esta metodoloxía no seu día a día. A súa expansión é tan importante que se converteu na metodoloxía de referencia en ámbitos coma o da saude ou o social.

Ponentes
As sesións estarán ao cargo de Designthinking.gal, un espazo educativo formado por un equipo multidisciplinar, con ampla experiencia profesional e docente tanto no ámbito nacional como internacional, que desenvolve a metodoloxía do Design Thinking adaptada ó noso contorno. A formación reforzarase con técnicas de creatividade e de traballo en equipo e amosará aos participantes como comunicar o seu proxecto, a través do storytelling, dun xeito que consiga emocionar a audiencia.

Programa de Voluntariado Dixital
O Programa de Voluntariado Dixital é unha iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Dirección xeral de Xuventude e Voluntariado, que conta xa con máis de 400 persoas voluntarias. Ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías a unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía, especialmente entre os colectivos de persoas maiores e de persoas con discapacidade.

A iniciativa suma a solidariedade individual, a responsabilidade social das empresas do ámbito tecnolóxico, a colaboración das asociacións sen ánimo de lucro e o aproveitamento das infraestruturas públicas. 

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS