
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A iniciativa ‘Vodafone Connecting for Good Galicia', promovida por a Fundación Vodafone España, ten como finalidade apoiar a emprendedores e PEMES de recente creación, cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das tecnoloxías da información e comunicación en Galicia.
Nesta primeira convocatoria, que conta co apoio da Xunta de Galicia, o Xurado fallou por unanimidade na selección dos seis mellores proxectos de emprendemento, que son:
Os seis proxectos seleccionados poderán beneficiarse de:
Doutra banda, tamén poderán optar a:
Cada gañador recibirá ademais outros apoios de difusión e presenza institucional.
O xurado formado por membros de AMTEGA, GAIN, IGAPE, VODAFONE e FUNDACIÓN VODAFONE valorou o carácter innovador dos proxectos, o público obxectivo, o equipo que o compón, así como a súa viabilidade e accesibilidade.
Tras a publicación desta resolución provisional, ábrese o prazo de 5 días hábiles para que os participantes poidan formular alegacións ás puntuacións obtidas, tras o transcurso do cal se resolverán e publicarase definitivamente a selección.
FEGAUS e a Fundación Vodafone España, tras o éxito conseguido o ano pasado coa formación de máis de 1.700 maiores a través do proxecto Ágora Tecnoloxía, colaborarán de novo este ano na impartición de talleres formativos no uso dos Smartphones en Galicia.
A aparición destes dispositivos xerou unha nova contorna de comunicación que as persoas maiores han de asimilar para poder beneficiarse dos servizos que lles axudarán a vivir con maior autonomía persoal e independencia.
A iniciativa Ágora Tecnoloxía (www.agoraseniors.com/tecnologia) inclúe este ano a formación de máis de 4.500 persoas maiores no uso dos novos teléfonos móbiles e o acceso a Internet desde os mesmos, e ao longo da mesma mostraranse as diferentes posibilidades que ofrecen estes dispositivos: como utilizalos, para que nos poden servir e que aplicacións poden usar segundo os seus gustos e preferencias, especialmente para o contacto con familiares e amigos, todo iso co fin de mellorar a calidade de vida dos maiores.
Os obradoiros terán lugar entre os meses de outubro de 2016 e marzo de 2017. En total impartiranse dezaoito talleres e retransmitiranse en directo a través de internet para a súa maior difusión dentro do colectivo.
Este ano, Ágora conta co apoio dun conxunto de organizacións, entidades e empresas cuxo obxectivo é impulsar esta iniciativa para conseguir que chegue a toda a poboación galega susceptible de interesarlle e poder verse beneficiada. Entre as cales podemos mencionar a: AMTEGA-Xunta de Galicia, os 7 Campus Universitarios de Galicia, COGAMA, COGAVE e Canle Sénior.
O Campus de Pontevedra acolleu a semana pasada un congreso (o cuarto Congreso Internacional de Videoxogos e Educación, CIVE) e, dentro del, unha sesión de traballo colectiva para dar forma a un xogo con potencial para mellorar o mundo. Falamos da Game Jam da Casa da Luz unha actividade que contou coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e que consistiu nun maratón para dar forma a un serious game (unha achega gráfica para entreter pero tamén para informar, formar, denunciar ou divulgar) entre os diferentes grupos participantes. Segundo puidemos saber, a Game Jam rematou o venres e o gañador foi un videoxogo para a aprendizaxe do reciclado e a prol dos valores para a protección do medio ambiente.
O grupo gañador estivo formado por Amparo Fernández, Robert Fekete, Esteban Canle e Jorge Contreras. O segundo traballo clasificado foi un videoxogo baseado nun personaxe fantástico que nos ensina as vantaxes de sermos construtivos (en contraposición coas desvantaxes de sermos “tóxicos”). O grupo estivo constituído por Brais Bello, Joseba Cuña, Diego Oya e Iago Xosé Sequeiros. Segundo indican os organizadores da actividade, os participantes na Game Jamtraballaron na creación dun videoxogo para móbiles e tabletas, “do que non souberon as características até o comezo do encontro”. O tema elixido foi o da educación orientado ao alumnado de Primaria e monoxogador. A Game Jam estivo dirixida a programadores, deseñadores, ilustradores e outras persoas interesadas no mundo dos videoxogos.
A encargada de entregar os premios onte á tarde foi Beatriz Legerén, responsable do CIVE e membro do Grupo Alfás. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) patrocinou os premios: catro tarxetas regalo por valor de 60 euros cada unha delas para os gañadores e outras catro por valor de 40 euros para os segundos clasificados. O equipo vencedor terá, asemade, a posibilidade de realizar unha campaña de crowdfunding para obter os fondos precisos para desenvolver o seu xogo, coa colaboración da empresa galega Gato Salvaje Estudio.
Fundación ONCE lanza este venres o quinto capítulo da miniserie animada ‘ON Fologüers' que nesta ocasión reúne a todos os seus personaxes para celebrar a noite de Halloween. Así, á cuadrilla que xa coñeciamos de María, Adolfo, Laura, Dani e Amaia, súmase Toni, un mozo xordo que traballa de mecánico.
O personaxe de Toni representa a unha persoa xorda que se comunica en linguaxe oral. O capítulo contou coa colaboración da Confederación Española de Familias de Persoas Xordas (FIAPAS), quen prestou o seu asesoramento para o subtitulado.
Marcos Pereira é o encargado de dar voz a Toni. É un mozo do Movemento Asociativo de Familias-FIAPAS e, como o seu personaxe, Marcos é usuario de próteses auditivas. Grazas á detección precoz da xordeira, á estimulación auditiva e da linguaxe e cun importante apoio familiar e esforzo persoal, converteuse no primeiro estudante xordo da Real Escola Superior de Arte Dramática, xa que soña con dedicarse profesionalmente á interpretación.
Neste quinto episodio a cuadrilla pasa unha terrorífica noite de Halloween que non será tan divertida como esperaban. Nas distintas escenas os impulsores da serie aproveitaron para mostrar algunhas das axudas técnicas que facilitan a vida diaria ás persoas con discapacidade, por exemplo un termómetro parlante. No decorado elixido tamén se aprecia unha rampla e un aparcadoiro con prazas reservadas para persoas con mobilidade reducida.
A serie, que se distribúe a través de Internet e redes sociais, pretende así promover a normalización das persoas con discapacidade e mostrar a discapacidade sen que se fale dela.
Os personaxes da serie, que consta de oito capítulos, son novos con e sen discapacidade que desenvolven a súa vida en distintas contornas e protagonizan tramas a través das que coñecemos as barreiras sociais e arquitectónicas ás que deben facer fronte no seu día a día.
“Reflectimos en cada un dos capítulos o concepto do deseño para todos. Transmitimos cun sorriso valores como a solidariedade, o compromiso, o compañeirismo, que levados ao noso día a día permítennos lograr a inclusión das persoas con discapacidade”, explica José Luis Martínez Donoso, director xeral de Fundación ONCE.
Mediada a tempada xa coñecemos a toda a cuadrilla e nos tres capítulos que restan seguiremos vendo como cada personaxe conseguirá os seus obxectivos, facendo unha denuncia construtiva e con humor de situacións concretas que se atopan as persoas con discapacidade.
A serie emitirase nas canles de redes sociais de Fundación ONCE:
Twitter (https://twitter.com/Fundacion_ONCE)
Facebook (https://www.facebook.com/fundaciononce/)
YouTube (https://www.youtube.com/user/fundaciononce)
Tamén poderá accederse a ela a través da web de Fundación ONCE (https://www.fundaciononce.es/).
O proxecto español de realidade virtual 'The Machine To Be Another' que permite ao usuario ter unha experiencia en primeira persoa do que é ser un refuxiado foi premiado, xunto a 'Cucula' (Alemaña) e 'Project Virtuous Triangle' (Turquía), na edición 2016 do Concurso Europeo de Innovación Social, que convoca a Comisión Europea para atopar formulacións creativas que permitan que os refuxiados e os inmigrantes se integren e poidan contribuír á vida social, económica, cultural e política dos seus países de acollida.
Así o deu a coñecer este luns 31 de outubro a plataforma de emprendedores Impact Hub, que precisou que os tres gañadores do Concurso Europeo de Innovación Social 2016 foron seleccionados dun total de 1.095 candidatos de 36 países.
En concreto, sobre 'The Machine To Be Another', explicou que é unha iniciativa liderada por un equipo español e que é unha experiencia inmersiva de realidade virtual deseñada para recrear, reproducir e compartir as experiencias que permiten que o usuario teña unha experiencia en primeira persoa do que é ser un refuxiado.
Neste sentido, precisou que o proxecto ten como obxectivo compartir historias de refuxiados e migrantes en toda Europa en contornas educativas, bibliotecas, museos e outras institucións culturais, a través de encontros en 360º xerados en tecnoloxía de realidade virtual.