
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e a Fundación Vodafone España desenvolveron durante o ano 2016 o proxecto “Webquest: excelencia na procura intelixente de emprego”, no que participaron 902 persoas con discapacidade procedentes de 41 localidades diferentes.
Ambas as entidades puxeron en marcha esta iniciativa experimental co obxectivo de mellorar a empregabilidade e as competencias para o emprego das persoas con discapacidade usuarias dos Servizos de Integración Laboral de COCEMFE mediante a creación dunha ferramenta Webquest para a procura intelixente de emprego, utilizando as TIC e a aprendizaxe colaborativa.
“Con este proxecto tratamos de que as persoas usuarias dos nosos Servizos de Integración Laboral poidan definir o seu propio proxecto persoal, formativo e profesional; que traballen en profundidade como poden conseguilo e conten co noso apoio en todo o proceso”, afirma o presidente de COCEMFE, Anxo Queiruga.
Grazas a este proxecto, creáronse 11 Webquest, páxinas web con actividades estruturadas e guiadas, que proporcionaron ás 73 persoas usuarias que as utilizaron tarefas ben definidas, así como os recursos e as consignas que lles permiten realizalas con itinerarios personalizados dirixidos a optimizar a procura de emprego. Máis do 90% das persoas que utilizaron esta ferramenta considera que son máis autónomas á hora de buscar un emprego.
Ademais, esta iniciativa proporcionou formación no uso das TIC a 303 persoas, das cales o 66% foron mulleres con discapacidade, 280 realizaron avaliacións de competencias e habilidades para o emprego e 319 persoas foron atendidas co obxectivo de acceder a un posto de traballo. A través deste proxecto, COCEMFE contactou con 331 empresas, das cales se obtiveron 213 ofertas de emprego e 92 persoas con discapacidade foron contratadas.
En función das bases do concurso, poden participar nesta convocatoria todas as persoas pertencentes á comunidade universitaria, ademais de emprendedores con ideas novas.
Xunto á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, o xurado dos galardóns valorará aspectos tales como o grao de innovación da idea, ou a viabilidade, sustentabilidade e alcance do proxecto, que entre outras temáticas haberá de abordar as relacionadas coa accesibilidade na mobilidade, os edificios e o seu equipamento, o mobiliario urbano ou o márketing e o deseño universal.
A II edición dos Premios Uninnova conta con tres categorías: Idea, Proxecto e Produto ou Servizo. Na primeira delas encasillarase aos traballos cunha idea sobre un produto, ben ou servizo en materia de accesibilidade para mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade.
Dentro do apartado Proxecto, englobaranse as propostas que ademais dunha idea inclúan un soporte en forma de proxecto e metodoloxía para levalas a cabo. E, finalmente, no denominado Produto ou Servizo terán cabida os traballos que describan unha idea, conten cun proxecto e metodoloxía para levala a cabo e cun plan de negocio “con xustificada viabilidade e sustentabilidade no tempo”.
Con respecto ao proceso de selección das candidaturas, realizarase en tres fases: Ideación, Validación de Ideas e Fallo do Xurado. Na de Ideación, os participantes, unha vez rexistrados, deberán promocionar a súa idea a través do Muro de Ideación, Durante a fase de Validación de Ideas levará a cabo unha preselección de tres propostas por categoría, que se analizarán na posterior, de Fallo do Xurado, onde se elixirá a unha das preseleccionadas para os apartados Idea e Proxecto. En canto á adxudicación do premio ao traballo gañador na categoría de Produto ou Servizo, farao o xurado dos Premios Discapnet, a partir dos preseleccionados.
Premios
Os traballos gañadores nas categorías Idea e Proxecto terán un certificado de recoñecemento por parte das entidades promotoras do concurso, a promoción e difusión do proxecto co soporte da Fundación ONCE e Uninnova e, no caso da proposta do apartado de Proxecto, a súa validación con usuarios finais.
A proposta gañadora na categoría de Produto ou Servizo será galardoada co Premio ao Proxecto de Emprendemento de Accesibilidade (TIC Categoría C dos Premios Discapnet da Fundación ONCE ás Tecnoloxías Accesibles), que contará cunha dotación económica de 5.000 euros, que deberá destinarse integramente ao desenvolvemento do proxecto de emprendemento co que participou en Uninnova.
Prazos
Os interesados en participar nestes premios, dentro da categoría de Ideas, teñen de prazo para inscribirse e promocionar a súa proposta ata o 31 de marzo de 2017, data a partir da que se revisarán as candidaturas como paso previo ao fallo do xurado, que deberá producirse antes do da IV Edición Premios Discapnet.
Toda a información atópase dispoñible na seguinte ligazón II Premios UNINOVA
Durante o pasado 12 e 13 de decembro en Galicia, membros do proxecto Smart Assist, como son Televés, Cruz Vermella, Fundación TECSOS e Fundación Vodafone, celebraron sesións con usuarios con distintos tipos de discapacidade. O obxectivo principal destas sesións é conseguir de primeira man a opinión dos potenciais usuarios con diversidade funcional sobre a solución exposta no proxecto Smart Assist e adaptar a solución ás súas preferencias e necesidades.
As entidades que colaboraron para participar neste tipo de sesións foron PREDIF Galicia, BATA, COGAMI, APAMP, CNSE Galicia, ACOPROS e ONCE Galicia.
Nestas sesións presentouse o sistema actual e o seu funcionamento, e recompiláronse as opinións, valoracións, reaccións e suxestións que realizaron os usuarios para extraer os requisitos iniciais que debe cumprir a solución e o servizo de teleasistencia para que sexan accesibles ao sistema exposto por Smart Assist.
No proxecto participan as seguintes entidades: Fundación de Tecnoloxías Sociais, Fundación Vodafone, Universitat Politècnica de Valencia e Televés como líder.
O proxecto Smart Assist está financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, a través da convocatoria Retos-Colaboración dentro do Programa Estatal de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Orientada aos Retos da Sociedade.
En 2016 a Fundación Vodafone España, o Observatorio da Discapacidade Física e COCEMFE Barcelona celebraron sete xornadas de presentación do estudo “Discapacidade, integración e o papel das TIC” en distintas cidades españolas: tres na propia cidade condal con distintas entidades; e en Madrid, Zaragoza, Santiago de Compostela e Cidade Real.
O obxectivo destas xornadas foi poñer en valor a importancia dos resultados do estudo, así como difundilos a entidades do sector da discapacidade física, a institucións públicas e a outras organizacións do terceiro sector.
“2 de cada 3 persoas con discapacidade cren que as tecnoloxías poden axudar a mellorar as súas condicións de vida”
Esta é a principal conclusión que se extrae do estudo, e que é de gran relevancia ao poñer en relevo que as personas con discapacidade necesitan do desenvolvemento das tecnoloxías para atopar solucións a necesidades como mellorar a súa mobilidade, dispoñer de máis recursos de apoio e adaptar os fogares.
Por este motivo, o Observatorio da Discapacidade percorreu diversas cidades españolas para compartir coa sociedade, que existen datos reais sobre as necesidades das persoas con discapacidade e como as tecnoloxías poden ser de gran utilidade. Datos que serven á vez, para ofrecer recursos ao colectivo de persoas con discapacidade para reclamar políticas sociais e investimentos en mellorar as súas condicións de vida. E que á mesma vez, descríbennos os seguintes retos que a sociedade debe abordar nun futuro próximo:
A través da participación de diferentes institucións públicas e organizacións sociais esta iniciativa foi recibida con gran aceptación e abriu novas posibilidades de colaboración para seguir traballando conxuntamente en mellorar o desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas.
A través da participación de diferentes institucións públicas e organizacións sociais esta iniciativa foi recibida con gran aceptación e abriu novas posibilidades de colaboración para seguir traballando conxuntamente en mellorar o desenvolvemento de aplicacións tecnolóxicas.
Máis de cen entidades de cinco cidades españolas coñeceron de primera man o estudo “Discapacidade, Integración e o papel das TIC”. Grazas ao ciclo de xornadas levado a cabo por COCEMFE Barcelona e o Observatorio da Discapacidade Física co apoio da Fundación Vodafone España reuníronse políticos de primeiro nivel, entidades do terceiro sector e empresas privadas para expoñer os retos presentes e futuros das persoas con discapacidade e debater o rol que teñen que xogar as novas tecnoloxías en Madrid, Barcelona, Santiago, Zaragoza e Cidade Real.
As principais conclusións que se extraen deste ciclo de xornadas son nun primeiro lugar, que as persoas con discapacidade teñen unha gran esperanza depositada nas novas tecnoloxías para mellorar as súas condicións de vida sobre todo nos aspectos relacionados coa accesibilidade e a mobilidade pero tamén en facilitar a súa comunicación tanto nos ámbitos familiares como coa administración e as empresas de servizos.
En segundo lugar, cabe destacar a sorpresa de moitas persoas con discapacidade ao descubrir o gran número de aplicacións xa existentes que lles poden facilitar a súa día a día. Este feito indica que aínda que desde diferentes sectores estea a investirse en novas aplicacións, a gran mayoría dos seus usuarios potenciais descoñece a súa existencia. Reafirmando a necesidade de desenvolver un catálogo de apps para persoas con discapacidade que estea acompañado dun sistema de validación das mesmas que comprobe a súa usabilidade e utilidade.
Finalmente, levar a cabo este tipo de xornadas en diferentes puntos do territorio español é de gran relevancia porque pon en relevo as distintas realidades do Estado e que o colectivo das personas con discapacidade física non é homoxéneo senón que as súas condicións de vida varían segundo variables como poden ser vivir nunha contorna rural ou urbana.
O estudo completo elaborado cunha mostra de máis de mil persoas con discapacidade está dispoñible en www.observatoridiscapacitat.org.
O vindeiro mes de xaneiro, os días 24 e 25, terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, o evento DIgital COntents (DICO) Summit, iniciativa promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) en colaboración Clúster Audiovisual Galego (CLAG) e o Clúster TIC Galicia no marco do programa Viraxe TIC.
O evento ten por obxectivo amosar aos profesionais galegos as oportunidades que supoñen as novas tendencias tecnolóxicas e modelos de negocio vencellados aos contidos dixitais. O mesmo está dirixido maioritariamente a profesionais dos sectores económicos galegos, creativos e emprendedores.
DICO Summit dividirase en catro actividades complementarias que se desenvolverán ao longo das dúas xornadas:
Para facilitar as últimas novidades sobre o evento, lánzase o sitio web oficial da iniciativa, que pode consultarse no enderezo http://dicosummit.gal; a información está dispoñible en galego, castelán e inglés. Do mesmo xeito, todos os interesados poderán seguir as últimas novidades sobre o evento a través das redes sociais dos organizadores, onde irán aparecendo novas sobre as importantes entidades e profesionais que terán presencia no evento. A inscrición ás actividades abrirase a comezos do novo ano; do mesmo xeito, a web irase actualizando coas intervencións confirmadas.
As entidades interesadas nesta iniciativa, ben sexa como asistentes ou procurando un papel más activo, poden poñerse en contacto coa organización a través do enderezo electrónico info@dicosummit.gal; ademais, todos os interesados poden inscribirse na lista de distribución de novidades para recibir actualizacións no seu correo.