main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

15/03/201712:06
Logo CODIX.
Santiago de Compostela

A Amtega convoca máis de 500 prazas para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática

  • Están orientadas a aquelas persoas que xa posúen os coñecementos necesarios ou que optan pola modalidade autoformativa
  • Os exames presenciais celebraranse os días 26, 27 e 28 de abril nas aulas CeMIT de 34 concellos de toda Galicia
  • Este certificado, que emite a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acredita a formación nesta materia da persoa titular ante calquera instancia pública ou privada

 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca máis de 500 prazas obter a Certificación Galega en Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Esta convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia, está aberta a toda a cidadanía en xeral que, ben pola súa experiencia ou pola formación adquirida por diferentes medios (cursos, academias, autoformación, etc) xa posúen os coñecementos necesarios no manexo das aplicacións informáticas que compoñen o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» baixo o paquete de LibreOffice

O DOG de hoxe publica as datas das probas que se celebrarán os días 26, 27 e 28 de abril, en diversas quendas de mañá e tarde, en 34 localidades con aula CeMIT, sumando un total de 546 prazas dispoñibles: Abegondo, Ames, Arzúa, Bande, O Barco, Barreiros, Boiro, Brión, Campo Lameiro, A Cañiza, Carballedo, Castro Caldelas, Celanova, A Coruña, Cuntis, A Fonsagrada, Lalín, Leiro, Marín, Oroso, Ourense, Padrón, Pontedeume, As Pontes, Pontevedra, Santa Comba, Santiago, Sarria, Tomiño, Valga, Verín, O Vicedo, Vigo e Vimianzo.

A inscrición poderá realizarse a través de internet desde o día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, sendo o único requisito o de ser usuario/a da rede CeMIT, trámite que tamén pode realizarse a través da rede (https://cemit.xunta.gal).

Entre as persoas inscritas realizarase un sorteo alfabético para establecer a orde de prelación para poder efectuar a matrícula para as probas en cada quenda, no caso de que existan máis solicitantes que prazas convocadas nas diferentes aulas que realizarán os exames presenciais.

Avaliación

Para obter o CODIX é preciso superar un exame de 50 preguntas tipo test referidas aos contidos do Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc

Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo as boas prácticas recollidas na Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia e poden ser seguidos libremente na súa modalidade de autoformación dentro da plataforma de teleformación da rede CeMIT http://cemit.xunta.gal/ema, na que se poden consultar tanto os contidos específicos dos diversos módulos que compeñen o CODIX como diversos casos prácticos e test de exemplo.

Preto de 1.500 prazas convocadas para este ano  2017

Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2017, que terá a súa continuación no segundo semestre cun novo curso de teleformación titorizada previsto para o mes de setembro) e novos exames presenciais en outubro, ata chegar a un número superior ás 1.400 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.

Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron máis de 4.400 as prazas convocadas nas súas diferentes modalidades (1.210 en cursos de teleformación titorizada e 3.084 en probas presenciais de acceso libre) e 1.737 as persoas que obtiveron a certificación emitida por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia despois de superar as probas convocadas nas aulas da rede CeMIT.

A estes datos hai que engadir as máis de 300  actividades e cursos en ofimática en software libre que veñen realizando as diferentes aulas de forma presencial durante o último ano como preparación orientada á presentación para estas probas libres, así como os 2.500 accesos aos contidos específicos do CODIX aloxados na plataforma de teleformación a través de internet (http://cemit.xunta.es/ema) e abertos para ser consultados en calquera momento.

Calendarización das probas

As probas de avaliación presencial que se convocan desenvolveranse os días 26, 27 e 28 de abril de acordo co seguinte calendario:

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Abegondo

Coruña, A

Mércores, 26 abril

10:00

15

Coruña, A

Coruña, A

Mércores, 26 abril

10:00

16

Oroso

Coruña, A

Mércores, 26 abril

10:00

12

Pontedeume

Coruña, A

Mércores, 26 abril

10:00

10

Sarria

Lugo

Mércores, 26 abril

10:00

18

Bande

Ourense

Mércores, 26 abril

10:00

11

Campo Lameiro

Pontevedra

Mércores, 26 abril

10:00

9

Pontevedra

Pontevedra

Mércores, 26 abril

10:00

25

Valga

Pontevedra

Mércores, 26 abril

10:00

11

 
 
 
 

127

 
 
 
 
 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Brión

Coruña, A

Xoves, 27 abril

10:00

10

Santiago de Comp

Coruña, A

Xoves, 27 abril

10:00

17

Barco, O

Ourense

Xoves, 27 abril

10:00

15

Ourense

Ourense

Xoves, 27 abril

10:00

18

Verín

Ourense

Xoves, 27 abril

10:00

11

Lalín

Pontevedra

Xoves, 27 abril

10:00

18

Tomiño

Pontevedra

Xoves, 27 abril

10:00

9

Vigo

Pontevedra

Xoves, 27 abril

10:00

13

 
 
 
 

111

 
 
 
 
 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Arzúa

Coruña, A

Xoves, 27 abril

16:00

16

Coruña, A

Coruña, A

Xoves, 27 abril

16:00

16

Padrón

Coruña, A

Xoves, 27 abril

16:00

12

Santiago de Comp

Coruña, A

Xoves, 27 abril

16:00

17

Santa Comba

Coruña, A

Xoves, 27 abril

16:00

18

Sarria

Lugo

Xoves, 27 abril

16:00

18

Vicedo, O

Lugo

Xoves, 27 abril

16:00

6

Castro Caldelas

Ourense

Xoves, 27 abril

16:00

14

Leiro

Ourense

Xoves, 27 abril

16:00

6

Ourense

Ourense

Xoves, 27 abril

16:00

18

Cañiza, A

Pontevedra

Xoves, 27 abril

16:00

20

Pontevedra

Pontevedra

Xoves, 27 abril

16:00

25

 
 
 
 

186

 
 
 
 
 

LOCALIDADE

PROVINCIA

DIA

HORA

Nº PRAZAS

Ames

Coruña, A

Venres, 28 abril

10:00

12

Boiro

Coruña, A

Venres, 28 abril

10:00

10

Pontes, As

Coruña, A

Venres, 28 abril

10:00

19

Vimianzo

Coruña, A

Venres, 28 abril

10:00

15

Barreiros

Lugo

Venres, 28 abril

10:00

12

Carballedo

Lugo

Venres, 28 abril

10:00

7

Fonsagrada, A

Lugo

Venres, 28 abril

10:00

10

Celanova

Ourense

Venres, 28 abril

10:00

11

Cuntis

Pontevedra

Venres, 28 abril

10:00

8

Marín

Pontevedra

Venres, 28 abril

10:00

18

 
 
 
 

122

 
 
 

TOTAL

546

15/03/201708:44
Reto IoT Sofia 2: Smart Cities.
Santiago de Compostela

Abre o ‘Reto IoT Sofia 2: Smart Cities' á participación de estudantes de Enxeñería

A Universidade Politécnica de Madrid e Indra lanzan o ‘Reto IoT Sofía 2: Smart Cities', un concurso aberto a todos os estudantes de enxeñería que premiará as mellores aplicacións de software que supoñan un avance na xestión intelixente das cidades.
Os estudantes de Enxeñería que participen no ‘Reto IoT Sofía 2: Smart Cities' deberán describir un reto da cidade presente e futura e unha solución.

O obxectivo do Reto, que xorde da colaboración entre o grupo de investigación SYST da UPM e Indra Sistemas, é promover a creatividade e a responsabilidade social dos estudantes de enxeñería no uso deste tipo de tecnoloxías.

Solucións baseadas en IoT para a cidade

Os estudantes que decidan participar deben describir un problema que se expón nas cidades actuais ou do futuro e propoñer unha solución utilizando as tecnoloxías ofrecidas na internet das Cousas (IoT, polas súas siglas en inglés), chegando á implementación dunha proba de concepto.

O proxecto poderase realizar individualmente ou en grupos dun máximo de 3 estudantes, e deberá apoiarse na plataforma SOFIA2, ofrecida e soportada por Indra. Esta plataforma está dispoñible de maneira gratuíta no cloudLab de experimentación, localizado no portal da plataforma.

Un xurado seleccionará os tres mellores proxectos valorando o seu impacto, o carácter innovador e a viabilidade. Para inscribirse débese enviar un correo electrónico a carlos.fernandez@upm.es co asunto ‘Inscrición Reto Sofia2'.

15/03/201708:38
Convocatoria de proxectos - Solucións dixitais para o autismo.
Santiago de Compostela

Fundación Orange abre unha nova convocatoria para apoiar solucións dixitais para autismo

  • A Fundación Orange impulsa economicamente proxectos tecnolóxicos creativos e innovadores con respostas ás necesidades das persoas con autismo e a súa contorna, mellorando a súa calidade de vida
  • O prazo de presentación é ata o 14 de maio

A Fundación Orange abriu a terceira edición da súa “Convocatoria de proxectos - Solucións dixitais para o autismo”. A convocatoria, destinada a entidades españolas e proxectos de carácter nacional, ten como finalidade o apoio a novas solucións tecnolóxicas, creativas e innovadoras, que ofrezan unha resposta pragmática ás necesidades das persoas con autismo e da súa contorna (familias, profesionais, etc.) mellorando a súa integración social e a súa calidade de vida.

Na recepción de propostas, a Fundación Orange estudará o apoio a propostas de proxectos tecnolóxicos para calquera sistema operativo e hardware existente, así como sitios web. Inclúense por exemplo, iniciativas cuxo resultado sexan: xogos, contos e lecer educativo; solucións para a aprendizaxe (educación, habilidades sociais, etc.); propostas para adultos e tránsito á vida adulta; programas para as familias (irmáns, pais, etc.); sensibilización sobre TEA; iniciativas para favorecer e preparar ao emprego; etc... En todos os casos, a solución resultante do proxecto debe ser de carácter gratuíto para o usuario final.

O prazo para presentar as propostas estará aberto ata o próximo 14 de maio e as iniciativas deben enviarse á Fundación Orange seguindo as bases publicadas no seu sitio Web de Fundación Orange.

Esta é a terceira convocatoria de solucións dixitais realizada pola Fundación Orange.

  • En 2015 seleccionáronse catro proxectos, algúns dos cales xa están dispoñibles de forma gratuíta:
    • DictaPicto, de BJ Adaptacións e Dobre Equipo: unha aplicación que traduce en tempo real a voz á linguaxe visual (pictogramas).
    • A viaxe de Elisa, de Autismo Burgos: un videoxogo de concienciación baseado en deseño participativo onde as persoas con Síndrome de Asperger son protagonistas.
    • EmoPLAY, da Fundación CTIC- Centro Tecnolóxico: un sistema de recoñecemento facial que permite adestrar o recoñecemento de varias emocións a través das expresións faciais.
    • Taimun Watch, da Universidade Autónoma de Madrid:  unha aplicación de asistencia para smartwatch que axuda á autorregulación emocional en momentos  de crises.
  • En 2016 elixíronse tres propostas, que actualmente están en fase de desenvolvemento:
    • Historias infinitas, da Universidade de Granada: unha ferramenta para a creación de historias sociais animadas, deseñada para ser usada por persoas con TEA, os seus familiares e educadores.
    • The curricula adapter, de Fundación Autismo Diario: un proxecto que permitirá adaptar contidos educativos ás capacidades de cada individuo.
    • TEAyudo a xogar, da Universidade de Murcia: unha aplicación que pretende fomentar o xogo e o gozar do mesmo abrindo a porta ao desenvolvemento persoal.

Máis información na Web Oficial de Fundación Orange.

15/03/201708:20
Logo DepoEmprega.
Pontevedra

DepoEmprega mete nas redes sociais aos colectivos en risco de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra, a través do seu programa DepoEmprega, vai organizar dous obradoiros este mes de marzo para contribuír á inserción laboral e social das persoas desempregadas da provincia. Os talleres, moi centrados nas TIC, están destinados a 60 persoas (dos concellos de Bueu, Cangas, Poio, Pontevedra e Vigo) de colectivos en risco de exclusión, abranguéndose cidadáns con diversidades funcionais ou, tamén, mulleres vítimas da violencia machista. Entre outras cousas, forneceránselles recursos e coñecementos sobre como preparar un encontro cun axente empregador ou sobre como tirar o máximo proveito das ferramentas tecnolóxico-dixitais.

A primeira das accións, A entrevista de traballo, impartirase os vindeiros 14 e 15 de marzo, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo (na que participarán 31 persoas) e no salón de actos do edificio administrativo da institución provincial, en Pontevedra (con 29 persoas participantes), respectivamente, de 10:00 a 12:00 horas. Neste obradoiro, sinala a entidade que preside Carmela Silva, “prestaráselle atención ao xeito de preparar unha entrevista, a como comportarse durante esta, a coñecer as preguntas que se poden realizar no seu desenvolvemento e, tamén, a elaborar as respostas axeitadas”. Serán obradoiros participativos, con proxección de vídeos, simulacións e debates sobre experiencias reais.

A segunda das accións, A marca persoal e as redes sociais na procura de emprego, terá lugar os vindeiros días 21 e 22 de marzo, en Vigo e Pontevedra, respectivamente, (nas mesmas localizacións e coa mesma participación que nos obradoiros anteriores), de 10:00 a 13:00 horas. Os obxectivos desta acción son a creación dun perfil ou marca persoal para mellorar a visibilidade profesional e laboral dos participantes. Tamén aprenderán a manexar as redes sociais para acadar un emprazamento axeitado no mercado laboral e realizar, en palabras dos organizadores do obradoiro, “unha procura de emprego eficaz”. O obradoiro, engaden, “será práctico e vivencial, traballarase a través de dinámicas que axuden a interiorizar conceptos e practicar novas olladas de cara á busca e xeración de oportunidades laborais”.

Como lembraremos, a Deputación de Pontevedra iniciou o proceso de selección das persoas participantes en DepoEmprega 2016 o pasado mes de setembro. Estas puideron solicitar a participación directamente nas súas oficinas do Servizo Público de Emprego. Este programa ten por obxectivo mellorar a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego (concretamente búscase a integración do 35 %, é dicir, 21 persoas). Nun plano máis concreto, fornécese formación para acadar certificados de profesionalidade, prácticas en empresas e busca de postos de traballo para aquelas persoas que xa teñen estudos e experiencia laboral, ademais dun apartado de autoemprego. O programa tamén acubilla accións individuais, coas que se ofrecerá orientación en elaboración de currículos, entrevistas de traballo, obradoiros de habilidades sociais, adestramento, ou novas tecnoloxías.

15/03/201708:04
Convenio UDC e Banco Santander.
A Coruña

A UDC e o Banco Santander formarán a persoas con diversidades cognitivas en desenvolvemento e tecnoloxías

A Universidade da Coruña, a Fundación Universia e o Banco Santander veñen de unir forzas para tirar atrancos entre os estudos académicos que achega a UDC e as persoas con diversidades cognitivas. O proxecto en común, unha iniciativa educativa igualitaria e accesible, chámase Espazo Compartido e a súa andaina definitiva (e definida) foi presentada hoxe mesmo ante os medios. O reitor, Julio Abalde, sinalou que “con Espazo Compartido estamos a derrubar un muro que até agora parecía insalvable: o muro da integración de persoas con diversidades cognitivas nos campus”. Tamén engadiu que un dos piares da iniciativa en común serán as novas tecnoloxías da información.

Espazo Compartido, explicou, é “un proxecto académico de formación sociolaboral para persoas maiores de 18 anos que non teñen nivel académico de abondo para acceder á universidade, e para que poidan obter ao rematar a súa experiencia educativa con nós un certificado de competencias que lles facilite a inserción laboral”. Ten alcance estatal e diferentes sedes nun bo número de campus. A UDC, unha das primeiras universidades estatais e a única no Sistema Universitario Galego en implantar Espazo Compartido, comezou co proxecto de forma experimental no ano 2013. O programa foise redeseñando durante estes anos e actualmente consta de tres cursos nos que se combinan a formación presencial nas aulas coa formación práctica en empresas como por exemplo o operador de telecomunicacións R, Inditex, Fundación Santiago Rey, Cruz Vermella, Padre Rubinos, Decathlon, Ikea, entre outras firmas. Ademais do programa académico, o proxecto inclúe sesións de apoio e atención ás familias.

Os alumnos deste programa, quince estudantes por curso, teñen clase de luns a xoves en horario de nove da mañá a dúas da tarde impartidas por profesorado especializado nas aulas da Facultade de Ciencias da Educación, e clases de apoio e titorías durante as tardes e a xornada do venres. A iniciativa, sinalouse hoxe, está estruturada en dous cuadrimestres nos que estudan Desenvolvemento Persoal, Habilidades Comunicativas, Matemáticas e Economía, Preparación para o Emprego, Novas Tecnoloxías da Información e Prospección de Emprego. O período de prácticas laborais abrangue oito semanas en empresas cun total de 200 horas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS