
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
Celanova acolle por segundo ano consecutivo un obradoiro sobre cinema de animación de 3D dirixido a menores de entre 8 e 15 anos. A actividade enmárcase no programa ICCKids, da ICCWeek, o evento dedicado ás industrias culturais e creativas que organiza a Deputación e se celebra en Ourense.
Neste obradoiro, tal e como explica a coordinadora da parte infantil, Cristina Blanco, os alumnos poderán crear a súa propia versión animada e aprenderán as técnicas para elaborar o seu curto ou longametraxe, creando de forma sinxela figuras tridimensionales de certa complexidade. Deste xeito, os nenos descubrirán divertíndose as ferramentas que lles permitirán crear o seu propio proxecto de animación.
O curso comeza o próximo día 22 de abril e prolongarase ata o 24 de xuño, celebrándose todos os sábados, en horario de 10.00 a 13.00 horas. A actividade terá lugar na aula CEMIT de Celanova e ten carácter gratuíto. A inscrición pode realizarse mediante correo electrónico no mail 123artesdixitais@gmail.com.
O uso de drons desbotables é unha idea que xa se explorou, e o obxectivo é facer chegar provisións e medicamentos, ou outro tipo de axuda, a rexións en conflito, zonas illadas por corentena ou lugares que sufriron algún tipo de catástrofe e ás que resulta difícil acceder.
A premisa para este tipo de drons é que sexan baratos, que poidan levar carga útil e que sexan capaces de chegar ao seu destino con precisión. Tamén o é que o dron estea fabricado con cartón ou con calquera outro material que facilite que unha vez que se utilizou se desvaneza de forma natural nun período de tempo relativamente curto, para que non supoña un problema ambiental nin tampouco poidan reutilizarse convertidos en armas.
No principio do ano, Madrid acolleu a presentación dun proxecto transnacional sen parangón: Activage (ACTivating InnoVative IoT smart living environments for AGEing well), unha iniciativa financiada con 20 millóns de euros e enmarcada no programa H2020 da Comisión Europea. En suma, trátase dun proxecto que busca afrontar o reto que supón o envellecemento da poboación con solucións que expoñen o uso da IoT ‘Internet of Things' (Internet das Cousas), un concepto que se basea na interconexión dixital e que, neste caso, permitirá incrementar a seguridade dos senior, favorecendo o mantemento da súa independencia e participación social, así como reducir o impacto negativo que implican enfermidades crónicas e a deterioración.
Dúas son as cabezas visibles desta iniciativa: Sergio Guillén, director de Innovación en Mysphera, e Germán Gutiérrez, director de Integrated Health Solutions en Medtronic Ibérica. Ambos son os coordinadores deste ambicioso proxecto. Para Gutiérrez, trátase dunha experiencia que “involucrará a 7.200 maiores –aproximadamente 6.000 persoas de idade avanzada e 1.200 coidadores non profesionais e coidadores formais– en sete países distintos da Unión Europea, desenvolvendo toda unha serie de servizos baseados en tecnoloxías IoT co obxectivo de avanzar na provisión de servizos destinados a conseguir un envellecemento activo e saudable”. A implementación dos pilotos realizarase en Madrid; Galicia; Comunitat Valenciana; Emilia–Romagna (Italia); Clúster Grego: Ática, Grecia Central e Macedonia; Grenoble (Francia); Woquaz (Alemaña): Rexión de Hessen; Leeds (Reino Unido); e Clúster Finlandés: Cidades de Espoo, Tampere e Turku.
O principal obxectivo é construír o primeiro ecosistema europeo IoT –con máis de 43.000 dispositivos conectados–, que se despregue neses nove puntos (Deployment Site, DS), reutilizando e escalando plataformas IoT abertas e propietarias, tecnoloxías e estándares, e integrando novas interfaces necesarias para proporcionar interoperabilidade entre estas plataformas heteroxéneas. As solucións para o envellecemento activo e saudable serán despregadas en cada piloto (DS), mellorando e ampliando os servizos existentes, para a promoción da vida independente, a mitigación da fraxilidade, e a preservación da calidade de vida e a autonomía.
Para Sergio Guillén, “este novo modelo autosostible e que alcanzará a 90 millóns de cidadáns e institucións, será motor para o desenvolvemento da industria, das pemes, do emprendemento e, en suma, da consolidación dun espazo de innovación europeo arrastrado desde o mercado”. É dicir, tras constatar os beneficios destas novas tecnoloxías sobre a sustentabilidade dos sistemas de saúde e os coidados sociais nos países da Unión Europea, e a mellora na competitividade da industria, van poder crear novos produtos e servizos, impactando directamente na creación de emprego. Unha segunda consecución nada desdeñable e que suporía o segundo gran reto de Activage: converter ao sector dos coidados nun importante nicho laboral.
Desenvolvemento deste proxecto
É unha obviedade falar do reto demográfico futuro cando os países occidentais e Europa, en concreto, xa asisten ao envellecemento acelerado da poboación debido ao incremento da esperanza de vida e a baixa taxa de natalidade no continente, un fenómeno que non vai deixar de aumentar nos próximos anos. “O proxecto consta de tres fases de pilotaxe –durante tres anos e medio– que permitirán dispoñer da evidencia técnica e científica que confirme as nosas hipóteses ou nos mostren as correccións necesarias ás formulacións iniciais. No últimos seis meses centrarémonos na consolidación dos programas de crecemento en cada zona e en que estes se convertan en referencia para os outros países da Unión”, sinala o coordinador adxunto do proxecto, Sergio Guillén.
En setembro está previsto dar a coñecer un primeiro balance destes pasos iniciáticos. Mentres tanto, nestas páxinas, e da man dos coordinadores, buscamos ver que papel exercen os pilotos españois, de Galicia, Madrid e Comunitat Valenciana, tendo en conta, ademais, a relevante contribución que este país pode achegar, xa que a tendencia sobre o envellecemento poboacional é especialmente preocupante no caso de España, onde os maiores de 50 anos (17,9 millóns de persoas) duplican aos menores de 18 (8,7 millóns). Unha realidade que exhorta a buscar solucións que permitan mellorar o empoderamento dos maiores e aumentar a súa autonomía. “Enfermidades antes mortais pasaron, felizmente, a converterse en crónicas, o que está a conducir a que as persoas se involucren no coidado de saúde sen a necesidade de que este se realice unicamente nos hospitais. A industria debe ser consciente destes cambios, incorporando ás súas propostas clínicas cada vez máis solucións orientadas cara á contorna doméstica”, conclúe Sergio Guillén.
Así pois, con estas bases, adentrámonos en detalle no que os socios españois, públicos e privados implicados neste proxecto, están xa xerando e xerarán durante 42 meses, ata esa data límite do 30 de xuño de 2020. Ademais destes colaboradores, hai que mencionar o papel de Medtronic, como coordinador desta iniciativa; HOP ubiquitous (HOPU), que se centrará na arquitectura IoT; e a Universitat Politècnica de València (UPV), que estando no piloto galego, tamén é responsable da interoperabilidade do piloto.
O caso galego, paradigma do envellecemento da poboación
Galicia (2,8 millóns de habitantes) é un paradigma en canto ao envellecemento poboacional, xa que un de cada catro habitantes supera os 65 anos. Enfronta, ademais, taxas crecentes de enfermidades crónicas. A Estratexia Rexional de Innovación Galega para a Especialización Intelixente (RIS3) exponse como un dos seus principais desafíos para situar á rexión como un referente no Sur de Europa na provisión de servizos e produtos relacionados co envellecemento activo e un estilo de vida saudable.
Os socios implicados (Deployment Site-DS) nesta rede
Perfil dos usuarios
O volume de usuarios esperado para este proxecto piloto en Galicia é de aproximadamente 700. Os usuarios finais son as persoas maiores de 60 anos que requiren monitoraxe continua, temporal ou permanente. Os participantes poden ter enfermidades crónicas (están a analizarse patoloxías como a fibrilación auricular; uns 200 usuarios estarán nesta situación e seguirán un protocolo médico específico); con risco de padecer enfermidades crónicas (hipertensión, obesidade, diabetes); con baixa participación social e/ou problemas de soidade; con dificultades para seguir un estilo de vida saudable; e persoas con dependencia.
Servizos a proba e obxectivos
Desde este piloto traballarase na integración de servizos sociais e sanitarios mediante a construción dunha plataforma de servizos integrados nun só dispositivo de usuario. Tamén se poñerá a proba o tele-coidado no fogar e móbil, é dicir, monitorar a actividade e o estilo de vida, no domicilio e no exterior, para a detección de riscos co fin de previlos e maximizar a seguridade. Traballarase nunha rede social dixital con vídeo-comunicación entre persoas maiores para evitar o illamento e a soidade. Así mesmo, desenvolverase un sistema de seguimento de pacientes crónicos; actualmente estanse perfilando as enfermidades que serán obxecto deste caso. Neste punto, desde Activage destacan que todas estas experiencias descritas, incorporan aspectos de accesibilidade para adaptar a solución ás necesidades e circunstancias de cada persoa.
Os obxectivos que se perseguen con esta investigación son: aumentar a seguridade das persoas maiores e favorecer a continuidade na súa propia contorna; reducir o impacto negativo da deterioración física e/ou cognitivo das persoas maiores de 60 anos con enfermidades crónicas para que poidan seguir desenvolvendo as súas actividades diarias; favorecer estilos de vida saudables entre os senior; tratar de reverter o crecemento das enfermidades crónicas non transmisibles; e mellorar a súa calidade de vida.
A tecnoloxía que se proporcionará aos participantes do piloto pódese instalar en cada fogar, sen requisitos especiais. Aínda que, a selección das áreas territoriais farase tendo en conta a potencia da rede da internet e de datos móbiles.
A participación valenciana involucra potencialmente aos coidadores
No caso da Comunitat Valenciana, o enfoque do piloto é involucrar aos coidadores informais no coñecemento sobre o comportamento diario das persoas maiores no fogar e fóra do mesmo. Será un despregamento de experiencias na vida real.
Os socios implicados (Deployment Site-DS) nesta rede
No caso deste piloto, os socios implicados responden, con claridade, ao seu papel como oferta ou demanda dentro da cadea.
O seguintes tres DS actuarán como subministración e demanda. Hai que dicir ademais que todos eles xogan un papel importante ao proporcionar usuarios para o piloto, e na deficinión dos modelos de negocio a desenvolver:
Perfil dos usuarios
Os socios están, actualmente, definindo os perfís dos participantes e os posibles escenarios para ambos os casos de uso (exterior e interior). Operarán cun total de 750 usuarios que deberán ter máis de 65 anos; sen condicións de saúde severas; que vivan na cidade. Para que a mostra sexa representativa, desde o piloto terán en conta, á hora de seleccionar aos participantes, cuestións de xénero; formas de convivencia; se teñen ou non coidadores tanto profesionais como informais; se reciben algún servizo público ou privado; etcétera.
Servizos a proba e obxectivos
O piloto contempla a monitoraxe continua, tanto no fogar dos maiores como fóra, ben no barrio ou en toda a cidade. O fin é promover a vida autónoma, identificar situacións relevantes que poidan representar un risco e informar os coidadores formais ou informais.
Os sensores despregados permitirán modelar os patróns habituais de comportamento nunha persoa e identificar desviacións significativas que poden representar unha oportunidade para a intervención temperá. Dentro do fogar, as desviacións infórmanse ao dispositivo móbil do coidador a través dunha aplicación. En 500 vivendas despregarase un kit composto por catro sensores de presenza (e algún outro factor ambiental a decidir) e un gateway que colleite a información que será recibida no móbil do coidador.
A medida que os socios vaian achegando os resultados do experimento, espérase que teñan un impacto na oferta actual de servizos de atención pública, tanto no seu manexo, deseño, como na poboación obxectivo. A avaliación desta repercusión é unha cuestión clave para a sustentabilidade da solución despois do proxecto.
En definitiva, o piloto valenciano quere probar que as solucións de IoT poden facer máis fácil, máis seguro e útil a contorna para as persoas maiores e darlles tranquilidade aos seus coidadores.
Actualmente, leváronse a cabo dous obradoiros internos específicos. E os ‘focus group' cos usuarios finais están programados para que se celebren este mes. Ademais, Activage está a tratar de involucrar a máis socios para que o perfil analizado sexa máis representativo, especialmente, no tema da soidade.
Unha vez definidas as plataformas, sensores e dispositivos de interacción, a maioría de implementacións analizaranse nas próximas semanas, pero, entre as previsións xa se observa a necesidade de aumentar os sensores de interior e mellorar a incorporación de datos do exterior, ou mellorar a app para coidadores, entre outras.
O piloto en Madrid busca a detección precoz do rendemento cognitivo
O concepto fundamental do piloto de Madrid baséase na detección precoz e a prevención da diminución do rendemento cognitivo e tamén na diminución dos riscos dos anciáns. Para iso, Madrid proporcionará unha monitoraxe non intrusiva das actividades da vida cotiá na súa contorna de vida.
Os socios implicados (Deployment Site-DS) nesta rede
Perfil dos usuarios
O piloto da capital ten como obxectivo operar cun máximo de 1.000 persoas que cumpran algúns criterios determinados como son, persoas non dependentes; maiores de 65 anos; sen condicións de saúde severas; usuarios procedentes do sector privado e do público; individuos con dispoñibilidade para unha observación de 12 semanas de tempo; e persoas excluídas con enfermidade mental ou deterioración cognitiva que non poden asinar un consentimento informado.
Servizos a proba e obxectivos
Desde este piloto, o traballo interrelacionado dos socios xa comezou. As aplicacións compartirán datos a través do IoT Plafform, denominado universAAL, con sensores, dispositivos portátiles e dispositivos para lograr os obxectivos. TEA está a realizar o contacto inicial cos municipios para recrutar aos usuarios necesarios para participar neste proxecto. O seu traballo centrarase, ademais, en axudar a que os beneficiarios poidan administrar a súa saúde. Así mesmo, xunto coa UPM están a sinalar as intervencións que se van a desenvolver. A universidade tamén está a considerar todos os aspectos tecnolóxicos que teñen que ser implementados, incluíndo servizos, hardware e recursos dispoñibles. UPM comezou a traballar na plataforma uAAL para que estea dispoñible en nove meses. Tecnalia iniciou a aplicación Equimetrix, que avaliará e adestrará o equilibrio do usuario. Nunha primeira etapa, Tecnalia analiza as ontoloxías de saúde para amplialas ás novas esixencias do piloto madrileño. Por último, a UPM está a considerar todas as intervencións e as compras de hardware para adaptarse ás necesidades e casos dos usuarios participantes. Ademais, desde a universidade advirten que na súa primeira análise de necesidades e casos, as intervencións posteriores poderían variar para adaptarse aos resultados que obteñan. Así mesmo, deseñaron unha forma de determinar a soidade dos usuarios, adaptaron unha pulseira para rastrexar accións físicas do usuario, como actividade, ciclo do soño, etcétera, e que detecta os riscos potenciais aos que se expón. Tamén traballan nun asistente de funcións diarias utilizando etiquetas –SmartCards–.
En liñas xerais, o piloto de Madrid persegue un triplo obxectivo: evitar a diminución do rendemento cognitivo mediante exercicios persoais de adestramento cerebral a través dunha aplicación no smartphone e recordatorios; evitar as caídas por exercicios físicos; e previr o illamento social, alentando aos usuarios para establecer e manter interaccións sociais activas a través de aplicacións móbiles. Cunha estrita colaboración entre provedores de servizos e demandantes nos sectores público e privado, os beneficios para os maiores están relacionados co aumento da independencia nos seus ambientes de vida grazas a intervencións personalizadas e ‘ad hoc' que dependen dunha combinación específica de interacción social e actividade cotiá.
A tecnoloxía utilizada neste piloto xerará aplicacións que producirán e consumirán diferentes tipos de datos. En xeral, en Madrid habilitarase o intercambio e a interconexión de datos de maneira universal. Cada aplicación está deseñada para executarse en diferentes plataformas. Haberá tres contornas correntes básicas: android phone/tablet, set top box e servidor cloud.
A cidade de Vigo volverá acoller, como na súa primeira edición, o Congreso Nacional de Conjupes, un encontro que este ano se celebrará os días 20 e 21 de abril baixo o lema “Asegurar o presente e progresar no futuro”.
Como sinala Vicente Sanz, “para nós Vigo e as persoas maiores de Galicia son un referente. Ademais, a organización con Asogapem e Cogama garántenos o éxito dos eventos que celebramos aquí. Temos unha previsión de asistencia de 200 persoas, na súa maioría de Galicia, pero tamén haberá representación de Asturias, Cantabria, Madrid, Castela e León, e Andalucía”.
O programa previsto para estas dúas xornadas, que terán lugar no Hotel Coia –rúa Sanxenxo, 1–, arrincará cun repaso das actividades anuais das entidades integradas na confederación, de propostas en materia de pensións e debate sobre o imposto de sucesións, así como a celebración da Asemblea Xeral de Conjupes.
O encontro contará coa presenza da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social da Xunta, Fabiola García, e o presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, Miguel Ángel Vázquez, que ofrecerá unha conferencia sobre o envellecemento activo e saudable.
Como novidade, tal e como avanza o presidente de Conjupes, “facéndonos eco dunha das grandes preocupacións da sociedade española, e especialmente das persoas maiores, incorporamos unha mesa sobre o Imposto de sucesións e a fiscalidade das herdanzas, que correrá a cargo do avogado Jesús Ramón Alonso Fernández, especialista na materia, que está a expoñer o tema en varias asociacións da nosa confederación”.
Doutra banda, e co fin de promover e fortalecer os coñecementos das novas tecnoloxías da información, tamén se celebrará unha mesa na que se abordará este tema.
O Concello de Pontevedra presentou os días pasados os resultados dun estudo sobre os hábitos tecnolóxicos dos menores de idade: cousas como que redes sociais empregan, canto tempo están en liña, até que punto cren que marca os seus rumbos de vida o feito de estaren conectadas/os, etc. A enquisa foi elaborada ao abeiro do Plan municipal de prevención de condutas aditivas (PMPCA) da Concellería de Benestar Social, aproveitando o traballo que desempeña este departamento cos centros educativos locais. A base da pescuda foi un nutrido grupo de preto de tres milleiros de estudantes (alumando de 1º a 4º da ESO, de entre 12 e 17 anos). Entre as principais conclusións que se fornecen figura a seguinte: o 75,7% dos rapaces tiveron o seu primeiro móbil entre os 10 e os 13 anos, e o 85% conta con conexión a Internet. Ademais, a gran maioría deles empregan servizos como Whatsapp ou Instagram, malia que o uso das redes sociais polos menores de 14 anos non estea permitido en España. O estudo terá continuidade en setembro con novos datos sobre hábitos por sexo, idade e nivel de formación.
Segundo lembrou a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces, o desenvolvemento das novas tecnoloxías e o seu espallamento provocou “un cambio nos costumes, hábitos e actitudes, sobre todo na poboación máis moza xa que naceu practicamente con estes avances”. Neste treito de idade, engadiu, xerouse unha pegada “espectacular”, xa que se modificaron as formas de vivir a nenez e a adolescencia e se abriu marxe para “dedicacións de tempo e con comportamentos moi diferentes aos dos adultos”. Esta situación, sinalou, ten claras potencialidades (desenvolvemento persoal, capacitación, acceso doado ao coñecemento e á comunicación) pero tamén pode achegar unha serie de riscos derivados dun mal uso das tecnoloxías e da falta de supervisión axeitada. Na súa opinión, “o problema xorde cando a tecnoloxía se converte nun fin e non nun medio, e aquí temos o agravante de que a adolescencia constitúe un grupo de risco xa que tende a buscar sensacións novas”. De aí abrolla o problema da adición ás novas tecnoloxías. Segundo indicou Carme Fouces existen unha serie de sinais de alarma para nos axudan a achar un posible caso de conduta aditiva en relación coas TIC. Cousas como privación do sono (co fin de estarmos conectados á Rede durante máis tempo), desleixo con respecto a outras actividades importantes (como a familia, as relacións sociais, o estudo, a saúde, etc), imposibilidade de “desconectar” mentalmente das novas tecnoloxías mesmo cando non se está conectado ou introducir hábitos de illamento con respecto á contorna social máis inmediata.
Resultados da enquisa
75,7% tiveron o seu primeiro móbil entre os 10 e os 13 anos 30,4% tiveron o seu primeiro móbil con 12 anos 85% teñen conexión a internet 25,4% conéctanse a internet entre 1 e 2 horas diarias 14,2% están conectados a internet todo o día 67,5% navegan por internet sen que os seus proxenitores lles poñan limitacións 24,9% entraron en páxinas con contidos eróticos nos últimos 12 meses 7,3% apostaron en xogos on line nos últimos 12 meses 35,6% contactaron con descoñecidos por internet nos últimos 12 meses (o 22,7% menores de 14 anos) 16,7% quedaron con persoas que coñeceran exclusivamente a través de internet nos últimos 12 meses 23,2% bastantes/moitas veces descoidan tarefas escolares ou renden menos en exames por contectarse a internet 26,1% bastantes/moitas veces tiveron a sensación de que si no se conectaban a internet estaban perdendo algo realmente interesante 14,8% bastantes/moitas veces conectáronse a internet aínda que sabían que lles ías a causar problemas. 17,1% bastantes/moitas veces dixeron ou fixeron cousas en internet que non farían ou dirían en persoaComo diciamos ao comezo, o estudo tamén lembra que en España a Lei de Protección de datos non permite aos menores de 14 anos acceder ás redes sociais, e aínda así: 93,3% usan Whatsapp (o 89,2% menores de 14 anos) 77,2% usan Instagram (o 68,4% menores de 14 anos) 54,7% usan Snapchat (o 42,7% menores de 14 anos) 51,2% usan Messenger (o 44,4% menores d e14 anos) 49,2% usan Facebook ( o 34,9% menores de 14 anos) 45,1% usan Twitter (o 27% menores de 14 anos) 31,8% usan Tuenti (o 14,6% menores de 14 anos).