
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
En concreto, o 38,1% das persoas entre estas idades afirma que é usuaria da internet, segundo datos do ano 2016 do Observatorio Nacional das Telecomunicación e a Sociedade da Información (ONTSI).
Esta porcentaxe é superior en 4,2 puntos ao rexistrado no ano anterior, o que representa o maior crecemento rexistrado entre os distintos grupos de idade.
A pesar de que os maiores seguen sendo as persoas cun menor uso da Rede, as cifras crecen a gran velocidade ano tras ano.
Nos dous últimos anos, é dicir, entre 2015 e 2016, a porcentaxe de maiores que usa Internet creceu case 10 puntos, pasando do 28,8% ao 38,1%.
Este crecemento dáse tanto entre os internautas máis intensos, que entran todas as semanas a Internet e que pasaron do 28% a case o 31% (30,7%), como entre os que entran polo menos unha vez ao mes, que alcanzan o 33,5%, tres puntos máis que un ano antes.
Con todo, o colectivo de persoas máis maiores segue sendo o menos representativo entre os usuarios da internet maiores de 16 anos, representando só o 5,8%. Iso si, esta porcentaxe era do 5,2% en 2015 e do 4,4% en 2014.
En total son 1,64 millóns de persoas entre 65 e 74 anos que son usuarias da internet, case 200.000 persoas máis que en 2015.
FabLab Vigo, obradoiro integrado na Rede de FabLabs Galegas e no tecido global de FabLabs, vai comezar esta semana cunha actividade que “recala” por primeira vez na nosa terra e de maneira gratuíta: a CaffeLab. Trátase dunha proposta que xunta hostalería con tecnoloxías e con espírito de colaboración e experimentación. O primeiro CaffeLab será na Cafetería Sifón, no edificio do Colexio de Arquitectos de Vigo. Achegarase servizo de impresión en 3D, de balde e de xeito permanente (poderemos empregar a impresora habilitada con obxectos precargados par iniciarnos nesta tecnoloxía mentres tomamos un café). En palabras dos organizadores, #CaffeLab é ante todo “un novo formato de fabricación cidadá”.
A intención, por suposto, é que a proposta teña continuidade, prolongación e ramificacións. A idea é ir sumando cafetarías ao CaffeLab ao longo dos meses vindeiros, poñendo a impresión en 3D ao servizo da clientela. No caso da primeira experiencia, “non fará falta que teñamos coñecementos previos sobre estes recursos, só teremos que avisar ao camareiro do que queremos imprimir e el mesmo comentaranos os puntos importantes a ter en conta”. O único que se requiren son tres pasos: inscribirnos na web, elixir o obxecto a imprimir e darlle ao play mentres tomamos unha consumición. Se tiveramos algunha dúbida, o equipo de FabLab Vigo ponse á nosa disposición a través do chat.
Como lembraremos, FabLab Vigo forma parte da rede global de FabLabs, un importante tecido formado arestora por case 60 laboratorios oficiais de emprendedores (arredor de 15.000) repartidos por todos os recantos do mundo e que comeza a ter presenza firme e ampla na nosa terra. E tena a través da Rede de FabLabs Galegas, da que forma parte FabLab Vigo, precisamente. Segundo nos contaron hai uns meses dende a factoría viguesa, a súa filosofía baséase en “democratizar as novas tecnoloxías dando a oportunidade á xente sen coñecementos en electrónica de poder utilizar estas ferramentas de maneira doada e de balde”.
O equipo de FabLab Vigo tamén nos contou que no seu ideario básico figura o de ir en contra de calquera localismo. Por esta razón están a impulsar a Rede Galega de FabLabs e as vindeiras sedes de Pontevedra (Facultade de Belas Artes), Ourense (A Molinera), Santiago (Matadoiro) e Lugo (Centro de Artesanía e Deseño).
Os emprendedores, que expoñen solucións innovadoras e sustentables a problemas sociais e ambientais, recibiron unha intensa formación e contaron con asesoramento para lograr unha visión estratéxica dos seus plans de crecemento. BBVA Momentum serviu tamén de ponte entre as empresas e os investidores interesados en financiar os seus proxectos.
Antoni Ballabriga, director global de Negocio Responsable de BBVA, subliñou na presentación do libro ‘Un percorrido por 47 empresas sociais: Inspiración e aprendizaxe‘ que “estas 47 empresas, que están a transformar vidas, son unha fonte de inspiración porque cos seus proxectos buscan xerar un impacto social”.
Así mesmo, destacou que a participación de BBVA nesta iniciativa foi “moi enriquecedora e é un bo reflexo do propósito corporativo de poñer ao alcance de todos as oportunidades desta nova era”.
Pola súa banda, Alfred Vernis, profesor do Instituto de Innovación Social de ESADE, explicou as distintas motivacións dos emprendedores de BBVA Momentum á hora de lanzar os seus proxectos: desde achegar algo á sociedade, a crear emprego con impacto social ou mesmo saír da súa zona de confort.
O Centro de Innovación BBVA albergou o evento, que contou ademais cunha mesa redonda na que interviñeron tres dos protagonistas do libro para relatar como a súa participación no programa foi o impulso definitivo aos seus negocios.
Macarena López-Cordón, xerente da madrileña SoulEM, que comercializa pantallas para lámpadas elaboradas por mulleres en risco de exclusión social, sinalou que grazas a BBVA Momentum mellorou a visibilidade da súa marca. O programa “foi unha transformación guiada nun momento no que necesitabamos crecer”, afirmou.
Posteriormente, Joaquín Alcalde, fundador do El Hueco, unha iniciativa que promove a innovación social para combater o despoboamento en zonas rurais de Soria, asegurou que esta iniciativa permitiulle “ter un sentimento de pertenza ao ecosistema de emprendemento social en España” e puxo en valor a formación recibida polos participantes.
Para finalizar, Javier Jiménez, cofundador de Aptent, unha empresa de Leganés que facilita que persoas con discapacidades visuais e/ou auditivas accedan a contidos audiovisuais, indicou que BBVA Momentum ensinoulle “a pensar ao grande” e que, tras o seu paso polo programa, a súa empresa “madurou como proxecto, está ben situada e ten perspectivas de crecemento”.
BBVA Momentum iniciou a súa andaina en 2011 e, nas súas primeiras cinco edicións, promoveu en España, México e Perú o crecemento de 114 empresas sociais, que benefician a máis dun millón e medio de persoas e manteñen 3.518 postos de traballo.
O pasado mes de xuño seleccionáronse aos 87 emprendedores para a edición deste ano, a máis global ata a data, na que participan empresas de España, México, Estados Unidos, Colombia e Turquía.
O obxectivo principal da aplicación é permitir aos pais levar a cabo un control consentido dos seus fillos no día a día e previr de forma eficaz e legal os casos de acoso sexual, cibernético e bullying.
A aplicación foi creada polo avogado español Pedro Valle e conta co soporte dos prestixiosos expertos en psicoloxía infantil, adolescente e familiar ‘Psiconueve' e da consultora tecnolóxica Grupo Hasten.
Tres de cada cinco casos que chegan á sala do penal do Tribunal Supremo son por acoso a menores
Tres de cada cinco casos que chegan á sala do penal do Tribunal Supremo son por acoso a menores. Isto ocorre en moitas ocasións porque as probas presentadas pola acusación non foron obtidas de forma lexítima e legal, de modo que son desestimadas. As consecuencias disto é o alongamento durante anos do proceso xudicial, recurso tras recurso, incluso reducindo as posibilidades de obter unha sentenza favorable. “A boa intención e a necesidade de axudar canto antes non implica un bo resultado, hai físgoas legais que poden supoñer un freo, mesmo que o acusado quede impune”, manifesta Pedro Valle.
Ata o momento, as únicas ferramentas dispoñibles eran aplicacións espía que incluían un sistema de filtrado de contido. Estas aplicacións axudaron a moitos pais para coñecer situacións que prexudican aos seus fillos, pero non axudan de forma eficaz a resolvelo. En caso de detectar un feito denunciable, os pais primeiro terán que xustificar a súa actuación e mostrar como se obtivo esa información.
Parental Click está deseñada para que toda a información que obteñan os pais poida constituír unha proba procesalmente lexítima dos feitos ocorridos. En caso necesario, a súa acción xudicial será máis breve e con maiores garantías de éxito. É dicir, non vulnera os dereitos do acusado, nin o dereito á intimidade do menor ou do segredo das telecomunicacións.
Unha ferramenta de defensa en caso de abuso ou agresión para o menor e unha ferramenta de control honesto e transparente para os pais
Segundo o INE, case o 70% dos nenos de 12 anos xa ten un smartphone
En caso de abuso ou agresión, o menor conta cun recurso que pode activar na app chamado “Botón do Forte”. Desta maneira, só con axitar o teléfono actívanse os sistemas de xeolocalización e gravación de imaxe e son coa idea de obter probas lexítimas do ocorrido. A xeolocalización permite identificar ademais o lugar exacto dos feitos, algo clave nun proceso xudicial xa que “dependendo de onde ocorran os feitos, o custo da indemnización terá que ser asumido segundo corresponda. Sempre que os nenos estean baixo a responsabilidade dun profesional -colexio, actividades extraescolares, campamento…- este será o responsable. Se ocorren na internet ou fóra do centro, son os pais do agresor o que o asumiría” matiza Pedro Valle. “Esta indemnización pode alcanzar os 40 mil euros”, engade.
Pola súa banda os pais obteñen unha ferramenta honesta e transparente de control no día a día, xa que o menor está totalmente informado da información á que teñen acceso os seus proxenitores. Así poderán detectar se o seu fillo é vítima de abusos -mesmo se é agresor- e se fai un uso responsable da tecnoloxía. Parental Click tamén ofrece aos proxenitores axuda profesional online, tanto dos expertos tecnolóxicos como do equipo de psicólogos, ademais de acceso a unha comunidade onde os pais e nais poden compartir as súas experiencias.
“Actualmente en España, máis dun millón de pais espían aos seus fillos na internet, a pesar de sentir que non están a facer o correcto. Desde Parental Click non queremos desenvolver unha contorna onde controlar todo o que fan os fillos mediante unha app, senón axudar aos pais para anticiparse a un problema. Axudarlles a que poidan guialos mellor para que desenvolvan condutas responsables no seu uso da tecnoloxía”, sinala Valle.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria entregou hoxe a 84 alumnos e alumnas os diplomas correspondentes a cinco cursos que veñen de rematar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), emprazado en Santiago. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiron ao acto no que destacaron a aposta da Administración autonómica pola formación no sector TIC para dar resposta ás novas demandas da industria e o comercio galego.
A capacitación dos traballadores e traballadoras galegos nas novas tecnoloxías está integrada nas principais estratexias económicas e de innovación de Galicia como son a Axenda 20 para o Emprego, a Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 e a Axenda Galicia-Industria 4.0. No CNTG, formáronse ao longo do curso 2016/2017 máis de 2.100 alumnos e alumnas nesta materia a través de 52 cursos e 26 seminarios dirixidos principalmente a persoas ocupadas en empresas TIC.
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral lembrou que a oferta formativa do CNTG, que conta cunha inserción laboral media do 60% nas accións dirixidas a desempregados, permite aos alumnos acceder aos exames de certificación oficial con recoñecemento a nivel mundial para acreditar o seu dominio nun determinado produto ou ferramenta tecnolóxica. Actualmente, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia é un referente na formación pública de profesionais TIC a nivel galego e estatal.
Os diplomas que se entregaron hoxe corresponden a cinco accións: virtualización e alta dispoñibilidade con Linux LPI3; business analysis; automatización de infraestruturas; desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas; e márketing online-community manager dirixido ao sector comercial. Sobre este último curso, a directora xeral de Comercio destacou que, ademais de incrementar as oportunidades laborais dos participantes, contribúe a mellorar o posicionamento do sector comercial, indicando a importancia de este tipo de cursos nun momento no que neste ámbito demándanse máis capacidades dixitais para ser competitivos.
Marnotes tamén sinalou a importancia de ofrecer unha formación de calidade para incrementar as oportunidades laborais das persoas que buscan un emprego e para actualizar a cualificación das que xa están traballando. Ao respecto, apuntou que a formación é clave para xerar emprego estable e de calidade, o obxectivo principal da Axenda 20, a planificación do Goberno galego en materia laboral.
Afirmou, así mesmo, a necesidade de adecuar os perfís profesionais ás demandas reais do tecido empresarial a través de cursos como os que se imparten no CNTG en consonancia co novo modelo da Industria 4.0.
Formación para o emprego
En materia de formación para o emprego, Marnotes lembrou algunhas das iniciativas que está poñendo en marcha a Xunta como o programa que se activará nos próximos días para fomentar, a través da formación, a contratación de 10.000 menores de 30 anos ata 2020. A iniciativa, dotada con 90 millóns de euros, posibilitará a creación de perfís profesionais adaptados ás novas demandas do mercado en áreas estratéxicas como a Industria 4.0 ou o sector agroalimentario.
Puxo en valor tamén a iniciativa de formación no naval que, cun orzamento de 12 millóns de euros entre 2017 e 2018, contempla a realización de 170 cursos, impartidos en centros públicos, para 3.000 profesionais deste sector, tanto persoas desempregadas como ocupadas.
Por último, recordou a formación á porta coa que se achegan os cursos para desempregados aos concellos menos poboados de Galicia que non contan con centros homologados para impartilos. Esta actuación forma parte do Plan de formación e emprendemento no rural co que a Xunta busca fixar poboación e mellorar a empregabilidade das zonas rurais de Galicia. O programa tamén inclúe formación específica en industrias forestais, en innovación, novas tecnoloxías e Industria 4.0.