
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
O Concello de Lugo vai impulsar o emprego TIC na cidade e na súa contorna a través, precisamente, de formación TIC. Así o deu a coñecer os días pasados a concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto, a conto do anuncio da consecución de máis de 644.000 euros da Unión Europea por parte da Administración local, destinados a favorecer a través da formación a inserción laboral de 150 mozas e mozos menores de 30 anos. Con estes fondos (o 91% procedente do Fondo Social Europeo e o 8,2% restante do Concello) fortalecerase o plan Empregalia, cuxo obxectivo é “subministrar á mocidade en paro de Lugo os coñecementos, destrezas e instrumentos que melloren a súa empregabilidade e lles faciliten o acceso ao mercado laboral ou o desenvolvemento de proxectos de emprendemento”. O proxecto abrangue itinerarios formativos nos sectores de meirande proxección: as novas tecnoloxías, o turismo e o lecer, a saúde e o benestar.
Por certo que para a elaboración da proposta e a elección das accións formativas contouse con asociacións de persoas con diversidades funcionais ou cognitivas e organizacións sen ánimo de lucro, pois “se persegue tamén que as persoas con maiores dificultades de acceso ao emprego teñan a oportunidade de formarse e mellorar a empregabilidade”.
O plan de inserción laboral Empregalia inclúe finalmente 10 accións formativas, entre as que se inclúen contidos marcadamente tecnolóxicos. Por exemplo a acción formativa para a aplicación e o manexo de sistemas aéreos non tripulados (RPA ou drones), que servirá de porta de acceso para o exame da obtención dos certificados básico e avanzado oficiais de Piloto de RPA, expedidos pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea. Tamén haberá actividades sobre operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e sobre confección e publicación de páxinas web. O programa complétase cunha manchea de obradoiros sobre horticultura, socorrismo, cociña, saúde ou lecer.
“Ao lado dos nosos maiores” é o nome da iniciativa que se pon en marcha este mes de xullo en diversas localidades con aula CeMIT de Galicia, grazas a colaboración do operador de telecomunicacións Orange e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Trátase dun ciclo de talleres gratuítos, cunha duración máxima de 2 horas, que se levarán cabo ata o mes de outubro nos centros CeMIT de 23 concellos de Galicia. Estarán impartidos por persoal de Orange, que facilitará as tabletas e móbiles necesarios para que todos os asistentes poidan realizar as actividades do curso.
O obxectivo principal desta actividade é ensinar aos participantes as pautas básicas do funcionamento das tabletas e móbiles para facer a súa experiencia máis doada, que adquiran maior autonomía persoal e se familiaricen coa tecnoloxía móbil. Entre outros contidos tratarase como acceder ás redes móbiles e wifis, enviar e recibir WhatsApp, enviar fotos, vídeos e mensaxes, gardar os contactos e todas aquelas dúbidas que lles poidan xurdir no uso normal do teléfono e/ou tableta.
O único requisito para poder asistir a estas actividade gratuíta é solicitar praza na localidade de interese, ben directamente na aula CeMIT de cada concello, ou a través da web http://cemit.xunta.gal *.
Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020
Orange vén de incorporarse ao colectivo de máis de 700 aliados dixitais do Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Amtega, ao que se poden sumar aquelas empresas e entidades interesadas en participar no desenvolvemento da sociedade dixital en Galicia no marco da súa responsabilidade social empresarial, mediante a achega de recursos financeiros, humanos ou, como neste caso, de coñecemento.
O Plan de Inclusión Dixital é a estratexia autonómica para facilitar a calquera persoa, independentemente do nivel dixital no que se atope, avanzar, madurar e acceder a maiores niveis de coñecemento e uso das TIC.
A Rede CeMIT
A Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.
*Calendario de actividades
Xullo
AULA
PROVINCIA
26/07/2017
BANDE
Ourense
27/07/2017
ARZÚA
Coruña, A
28/07/2017
XUNQUEIRA AMBIA
Ourense
Setembro
11/09/2017
PORRIÑO, O
Pontevedra
12/09/2017
CUNTIS
Pontevedra
13/09/2017
BURELA
Lugo
14/09/2017
PADRÓN
Coruña, A
27/09/2017
BETANZOS
Coruña, A
28/09/2017
CERCEDA
Coruña, A
29/09/2017
FISTERRA
Coruña, A
Outubro
02/10/2017
RIBADEO
Lugo
03/10/2017
ABEGONDO
Coruña, A
04/10/2017
SANTA COMBA
Coruña, A
05/10/2017
PONTEDEUME
Coruña, A
06/10/2017
OROSO
Coruña, A
09/10/2017
MARÍN
Pontevedra
10/10/2017
TOMIÑO
Pontevedra
11/10/2017
VALGA
Pontevedra
16/10/2017
ORTIGUEIRA
Coruña, A
17/10/2017
BEARÍZ
Ourense
18/10/2017
LEIRO
Ourense
19/10/2017
SARREAUS
Ourense
20/10/2017
CELANOVA
Ourense
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que no vindeiro curso escolar incorporaranse ao proxecto E-Dixgal 60 novos centros, incrementando ata 154 o número de colexios que impartirán unha ensinanza completamente dixital. Así, máis de 11.600 alumnos desde 5º de Primaria a 2º de ESO beneficiaranse desta iniciativa.
Actualmente, son 7000 os nenos que aprenden co libro dixital, polo que se produce un incremento de máis de 4600 alumnos beneficiados no próximo curso 2017/18.
Segundo destacou o xefe do Executivo galego, a Xunta impulsa deste xeito un proxecto que naceu como experimental no curso 2014/15 e que agora se consolida, xa que no vindeiro curso o 14% dos centros de ensino obrigatorio públicos contarán con proxectos de educación dixital, seis puntos porcentuais máis que no curso 2014/15.
Feijóo engadiu que, paralelamente a esta iniciativa, a Amtega xa iniciou a adquisición de ata 22.000 equipos portátiles para os vindeiros dous anos, destinados a alumnos e profesores de centros integrados neste programa.
Así mesmo, a mellora das infraestruturas de telecomunicación é un aspecto clave neste contexto. Neste momento, máis de 460 centros públicos dispoñen de velocidades dun mínimo de 100 Mbps e durante o 2017/18 estenderase esta velocidade aos 832 centros restantes.
Esta medida permitirá que o 100% dos centros educativos públicos de primaria e secundaria teñan acceso a internet a través de redes ultrarrápidas.
Unha educación pública máis avanzada e competitiva
Trátase dun proxecto de gran relevancia para os docentes, posto que significa variar a forma de ensinar; para os alumnos, que terán acceso a un sistema educativo máis avanzado; para os pais, que tamén terán unha nova forma de relacionarse cos colexios dos seus fillos, e de facelo a un menor custe e para a educación pública, que a través do libro dixital dá un novo paso para ser mellor e máis competitiva, como antes se deu tamén co reforzo do inglés ou da ampliación da oferta de FP.
O 8º Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade celebrarase os días 6 e 7 de novembro no edificio Museo Casa da Moeda de Madrid, segundo anunciou o propio Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade, e farao nesta edición baixo o lema ‘Protagonistas da Transformación Dixital Accesible'.
O congreso, como cada ano, reunirá ás persoas que fan posible na Administración Pública, as empresas e a economía social a incorporación das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) á vida de todas as persoas, independentemente das súas capacidades. O congreso abordará diferentes cuestións sobre a transformación dixital accesible, así como daranse a coñecer experiencias e proxectos, servizos innovadores de emprendedores e pemes.
O rexistro para para participar no Congreso é gratuíto. Ademais, a organización espera incorporar novas empresas á súa zona expositiva e busca solucións baseadas en TIC que contribúan á transformación dixital da sociedade incidindo de maneira directa na mellora da calidade de vida das persoas, para que se presenten na zona de speaker's ‘corner' que incluirá o evento. Persoas emprendedoras e empresas que queiran presentar as súas candidaturas poden facelo ata o 20 de setembro a través de formulario online.
A aplicación Visual Tags, que permite ás persoas cegas e con discapacidade visual moverse de forma completamente independente en espazos descoñecidos, sen necesidade de estar acompañadas, foi galardoada nos XI Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións.
Esta aplicación que permite detectar etiquetas de forma rápida e en movemento foi desenvolvida polo grupo de investigación Laboratorio de Investigación en Visión Móbil, MVRLab da Universidade de Alacante en colaboración coa empresa Neosistec. Ademais, o premio inclúe a oportunidade de presentar a aplicación no Mobile World Congress de Barcelona, en febreiro de 2018.
Desta maneira, mediante a instalación de marcadores visuais e utilizando visión artificial, a tecnoloxía Visual Tags fai accesible os carteis presentes en calquera lugar, como poden ser espazos públicos tales como hospitais, aeroportos, hoteis ou centros comerciais, utilizando para iso unicamente un dispositivo móbil.
O director do grupo de investigación, Miguel Ángel Lozano, explicou que "é similar a un código QR pero, ademais, permite detectalos a longa distancia e co móbil en movemento". Neste sentido, os investigadores destacaron que esta aplicación pode ser útil para sinalización e etiquetaxe, como podería ser o caso de sinais na estrada ou en autobuses, ou para a etiquetaxe de produtos, que poderían ser escaneados de forma rápida utilizando simplemente a cámara dun dispositivo móbil.
Por último, a diferenza do código de barras ou os QR, a aplicación poderá detectar varias etiquetas ao mesmo tempo, e indica a distancia á que se atopa cada unha e outra das propiedades de Visual Tags que apuntou Lozano é que "son códigos densos, isto é, que poden almacenar gran cantidade de información".