
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou a capacidade de emprendemento que teñen as mulleres no medio rural, sendo un dos piares esenciais no desenvolvemento sostible do medio rural e dea contribución á súa valorización.
López Abella participou esta mañá na xornada Mulleres de SEU, que tivo lugar na sede de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN). Nas xornadas participan tamén o presidente de CLUN, José Ángel Blanco Purriños; a vicepresidenta de Feiraco, Carmen Rodríguez; e a presidenta da Asociación de Mulleres de Cooperativas Alimentarias, Jerónima Bonafé, entre outras. A finalidade da xornada é promover e impulsar a participación nos postos de decisión das mulleres socias das cooperativas Os Irmandiños, Melisanto e Feiraco.
A titular de Igualdade explicou que dende a Secretaría Xeral da Igualdade estáse a priorizar nalgunhas áreas de actuación co obxecto de acadar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes do rural galego. Estas áreas son a visibilidade da muller rural, a promoción do emprendemento, a conciliación da vida familiar e laboral, e o fomento do uso das TIC.
Neste eido, subliñou que as asociacións rurais e as accións que levan a cabo son clave para dinamizar a participación das mulleres na toma de decisións do eido rural, así como un pulo a dinamización económica, social e cultural do mesmo. Polo que incidir no fortalecemento e a consolidación do movemento asociativo de mulleres é unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades.
Ademais, fixo especial fincapé na importancia de potenciar a implantación de medidas de conciliación e corresponsabilidade por parte dos concellos rurais, promovendo e apoiando proxectos destinados á creación de servizos que faciliten a conciliación da vida laboral, persoal e familiar nos concellos rurais.
Este servizo ofrece aos usuarios respostas predeterminadas para os correos electrónicos que reciben, unha opción que pode ser moi útil para persoas con mobilidade reducida ou que teñan dificultades para escribir nos dispositivos.
Ademais, Google Smart Replay utiliza un sistema machine learning para ir aprendendo das respostas que dá o usuario e así ofrecer cada vez opcións máis adecuadas en función do contido do correo electrónico.
O próximo 28 e 29 de setembro, Valencia converterase en sede nacional do debate sobre Responsabilidade Social Empresarial/Corporativa (RSE/RSC) coa chegada da IV edición de RSEncuentro, o foro estatal sobre Responsabilidade Social Empresarial que reunirá a Administracións Públicas, empresas e entidades sociais para dialogar e establecer vínculos reais.
Tras as súas tres edicións anteriores, realizadas en Vila-Real, Madrid e Santiago de Compostela, o RSEncuentro chega a Valencia para abrir o debate sobre os “Territorios socialmente responsables” coincidindo co ano en que Valencia é Capital Mundial da Alimentación Sustentable por Nacións Unidas e unha das capitais españolas punteiras en sustentabilidade urbana.
Este evento está organizado polas consultora CIMAS e patrocinado pola Conselleria de Transparencia, Responsabilidade Social e Cooperación, a Agència Valenciana de Turisme e Caixa Popular e conta co apoio da Fundación Novaterra. Durante dous días o congreso organiza charlas, debates e talleres moderados por expertos nacionais ao redor de cinco eixos fundamentais: o turismo sustentable; a diversidade, riqueza e talento nas organizacións; a innovación social; os medios de comunicación e a RS e as organizacións saudables.
O RSEncuentro situouse en catro anos como un foro dinamizador das inquietudes de diferentes colectivos profesionais para desenvolver novos modelos de empresa, máis vinculados ao territorio e máis comprometidos coas persoas.
Para logralo, o RSEncuentro contará este ano con máis de 35 persoas expertas en ámbitos tan diversos como o emprego, a innovación social, o turismo, a sustentabilidade, a diversidade, o benestar emocional ou a comunicación.
Unha programación diversa
O coordinador do encontro, Jaume Fons, destacou que o obxectivo é “poñer o foco, durante 48 horas, no benestar das persoas en todos os ámbitos: na súa vida individual, no seu aspecto social, como persoas traballadoras ou como persoas consumidoras”. “Todos temos unha responsabilidade individual e colectiva á hora de xerar un territorio socialmente responsable e queremos que sexa en Valencia onde a administración pública, as empresas, a universidade e todas as organizacións e colectivos que o desexen, estean presentes para falar e crear ideas comúns ao redor da responsabilidade social”, engadiu.
Na primeira xornada, o xoves 28 de setembro, territorios como Galicia ou Estremadura e cidades como Vitoria, Madrid ou Valencia explicarán que medidas están a implementar para facer reais as metas marcadas por Nacións Unidas a través dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
Durante a xornada do venres 29, RSEncuentro organiza máis de 15 horas en cinco talleres simultáneos que xerarán respostas aos retos que expoñen ámbitos como o turismo sustentable e o equilibrio nas cidades, as organizacións saudables, a diversidade intelectual, o papel dos medios de comunicación na difusión da RSE ou a innovación social.
Tamén haberá ocasión para que as persoas asistentes poidan elixir gañador a un dos 6 proxectos que foron seleccionados para formar parte das microintervencións, no espazo da ‘RSE en vivo'. Proxectos que abarcan desde cultura vertebradora do territorio, a reciclaxe, proxectos sociais con impacto na sociedade ou a sustentabilidade do sector téxtil. Un cóctel cargado de razóns polas que as empresas e organizacións apostan por modelos de desenvolvemento que xeran beneficios sociais e ambientais para as persoas.
O artigo científico “Internet e persoas con discapacidade intelectual: unha aproximación ás preocupacións, estratexias de prevención e necesidades de formación dos coidadores”, publicado no Vol 6, Nº 2 (2017) de Journal of New Approaches in the Educational Research (NAER) o sábado pasado, 15 de xullo de 2017, recomenda deseñar, implementar e avaliar programas de formación sobre internet e o seu uso para as persoas con discapacidade intelectual, os profesionais e as familias, ao obxecto de promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual na contorna da internet, debendo provir esta formación da Administración e doutras organizacións.
Elaborado polos investigadores Esther Chiner e María Cristina Cardona-Moltó, do Departamento de Psicoloxía da Saúde da Universidade de Alacante, e Marcos Gómez-Puerta, do Departamento de Psicoloxía do Desenvolvemento e Aprendizaxe da UA, o estudo explora as perspectivas dos coidadores sobre os riscos da internet para as persoas con discapacidade intelectual, así como a súa preparación e habilidade para previr e facer fronte a estes riscos a través de diversas estratexias.
Para a súa realización participaron vinte familiares e vinte e catro profesionais, pertencentes á asociación sen ánimo de lucro en favor das persoas con discapacidade intelectual e do desenvolvemento APSA; todos eles responderon a un cuestionario sobre seguridade e riscos na internet. Esther Chiner, unha das asinantes, declara que “a idea xurdiu a través dun compañeiro, porque se fala moito sobre o tema das novas tecnoloxías, pero moi pouco sobre o seu uso por parte de persoas con algún tipo de discapacidade”.
Os investigadores, que tratan o tema da atención á diversidade, solicitaron unha axuda para proxectos de investigación emerxentes convocados polo Vicerreitorado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación da Universidade de Alacante, axuda que lles foi concedida. A continuación, e para a posta en marcha do estudo, puxéronse en contacto con APSA.
Os resultados dos datos extraídos dos cuestionarios realizados a persoas con discapacidade intelectual, familiares e profesionais indican certas preocupacións dos coidadores con relación ao uso da internet por parte das persoas con discapacidade intelectual e consideran que este grupo é máis vulnerable aos seus riscos. Os participantes utilizan diferentes tipos de estratexias para previlos, pero non recibiron ningún tipo de adestramento formal. Pensan que esta formación debería provir da Administración e doutras organizacións.
Ademais, os investigadores atoparon diferenzas entre as respostas dos familiares e dos profesionais. “Tanto profesionais como pais ven riscos, pero en maior medida os profesionais”, detalla Esther Chiner. Os tres asinantes conclúen que se deberían deseñar, implementar e avaliar programas de formación para todos os grupos implicados neste proceso, desde as persoas con discapacidade intelectual, os profesionais e as familias, ao obxecto de promover a inclusión das persoas con discapacidade intelectual na contorna da internet.
Para a realización deste estudo a mostra foi pequena; con todo, Chiner adianta que a seguinte investigación na que van traballar vai abarcar a toda a Comunidade Valenciana, polo que solicitaron a axuda para proxectos emerxentes que concede a Conselleria de Educación, Investigación, Cultura e Deportes da Generalitat Valenciana e que está pendente de resolución.
A segunda fase da investigación, en curso e máis ampla, está dirixida a profesionais, para responder sobre o uso da internet en adultos, e a profesores en centros educativos, para responder sobre o uso e os riscos deste en menores. Para a definición da mostra, os expertos puxéronse xa en contacto con Plena Inclusión Comunidade Valenciana para contar coa participación de todas as asociacións de persoas con discapacidade intelectual da Comunidade.
Sobre as conclusións a investigadora apunta “o medo a que lles pase algo fai que lles restrinxan o uso da internet. É preferible educalos asumindo o risco, máis que restrinxir o uso”.
Os achados neste estudo suxiren que se debe prestar máis atención a aqueles que brindan apoio ás persoas con IDE e por tanto poden facilitar o seu acceso a Internet. Os coidadores informan da falta de capacitación formal en seguridade na internet, ao mesmo tempo que sinalan as súas preocupacións sobre as persoas con IDE de obter acceso en liña. Proporcionarlles as estratexias adecuadas para identificar, previr e facer fronte aos riscos potenciais da internet conducirá a unha mellor comprensión dos beneficios desta tecnoloxía e, por tanto, á capacidade de promover o uso responsable da internet por persoas con IDE.
Este é un dos artigos publicados no último número NAER, a revista científica do campo das Ciencias da Educación titulada Journal of New Approaches in the Educational Research, que acaba de saír o pasado día 15 de xullo. Centrada no ámbito da investigación científica no ámbito educativo a súa editora é a investigadora da UA Rosabel Roig Vila, actualmente directora do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da UA.
Indra lanzou xunto á Fundación DKV Integralia e Xeración CODE o proxecto CapacitaTech, co que busca mellorar a empregabilidade das persoas con discapacidade a través da formación en tecnoloxía.
A través de cursos, CapacitaTech ofrecerá ás persoas con discapacidade coñecementos que faciliten a súa inserción laboral, á vez que pon a disposición das empresas perfís que poidan responder as súas necesidades.
A iniciativa está deseñada para cubrir un ciclo completo para o alumno, é dicir, a selección, a formación teórica e práctica, a titoría, a mentorización, a confianza na contorna laboral e a procura de empresas no mercado real.
Os alumnos que entren a formar parte de CapacitaTech comezarán o curso no mes de setembro, e terán unha parte online e outra presencial.
Neste curso aprenderán nocións básicas das linguaxes de programación máis utilizados actualmente (JavaScript, HTML ou CSS) como complemento á súa capacitación en maquetación web. Tamén se lles facilitará un mentor para o desenvolvemento de competencias e habilidades persoais e psicosociais para o posto de traballo.
Ademais, mediante un proxecto de voluntariado, os profesionais de Indra poderán involucrarse en CapacitaTech actuando como titores dos alumnos e apoiándoos no desenvolvemento das cuestións máis técnicas do curso, ou ben como mentores, asesorando aos alumnos para o seu acceso ao mundo laboral.