main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

30/10/201715:41
Un neno usa un ordenador.
Santiago de Compostela

Achégase unha nova convocatoria TIC-TEA

A Fundación Orange prepara unha nova convocatoria das súas axudas TIC-TEA, coas que dota de material tecnolóxico a 10 organizacións que forman parte da Confederación Autismo España.

Aínda que non se anunciou a data na que se abrirá esta convocatoria, a fundación xa fixo público que será “proximamente”.

As axudas TIC-TEA consisten na distribución de equipamento básico como ordenadores, tabletas ou lousas dixitais, que se axustan ás necesidades de cada centro ou asociación.

Por agora, estas convocatorias celebráronse no ano 2013 e no 2015. Na última foron seleccionadas as asociacións Autismo Sevilla, Autismo Huelva Ánsares, ‘Juan Martos Pérez' de Xaén, asociación de pais de persoas con autismo e/ou TGD de Zamora, Autismo Valladolid, Apacaf, Aucavi, Trastorno do Espectro Autista da Rexión de Murcia e Asociación Navarra de Autismo.

30/10/201715:30
De esquerda a dereita, José Luis Gude e Siro González, na final da Greenweekend celebrada na Coruña.
A Coruña

Premio Greenweekend para unha ferramenta dixital galega que optimiza o rendemento das parcelas forestais

O proxecto de negocio SmartWood xurdido ao abeiro da USC vén de obter un importante recoñecemento estatal en materia de innovación: o primeiro premio da Greenweekend que promove o portal de emprego Enviroo para visualizar, distinguir e impulsar as máis relevantes propostas do ámbito das tecnoloxías verdes. Segundo nos lembra a Universidade de Santiago, SmartWood vén da man do investigador de doutoramento do Campus Terra José Luis Gude (Escola Politécnica Superior de Enxeñaría) e trátase dunha ferramenta dixital que ofrece aos usuarios asesoramento e axuda para o optimizar o rendemento de parcelas forestais. No certame de Greenweekend acabado de resolver participaron arredor de 30 emprendedores do sector ambiental interesados no desenvolvemento de proxectos que contribúan a dinamizar a chamada economía verde.

Máis polo miúdo, o proxecto SmartWood consiste nunha ferramenta dixital baseada en sistemas de información xeográfica e datos recollidos por drons que axuda a unha planificación forestal “máis eficiente e sustentable”. A iniciativa, que vén colleitando outros recoñecementos dende a súa orixe, tivo ocasión de fortalecerse e coller pulo ao abeiro de Yuzz Lugo, o programa-palestra de emprendemento do Banco Santander desenvolvido en colaboración coas universidades (neste caso concreto a de Santiago). 

Segundo indica Gude, trátase dunha aplicación tecnolóxica feita a medida dos propietarios de parcelas forestais, con capacidade para mellorar o rendemento económico das fincas ao xeito dun asistente interactivo. Neste senso, SmartWood ofrece recomendacións e información sobre cales son as plantacións máis rendibles para cada parcela, complementando este servizo dun mercado dixital (marketplace) que xunta produtores e empresas dos servizos forestais.

O proxecto SmartWood, xerminado inicialmente por Gude, é agora unha startup en fase de constitución, impulsada por José Luis Gude con Begoña L. Castro e Siro González Rodríguez, dous emprendedores cos que coincidiu na edición do programa Yuzz Lugo deste ano.

27/10/201710:37
Entrega do premio.
Madrid

Centac entrega a súa parte do Premio Raíña Letizia de Tecnoloxías da Accesibilidade a InSuit

O Premio Raíña Letizia de Tecnoloxías da Accesibilidade de 2016 foi a parar ao proxecto InSuit da empresa Everycode e Dass Group que proporciona accesibilidade e usabilidade web universal, o que facilita e permite o acceso a Internet a persoas con discapacidade.

A dotación deste premio ascende a 20.000 euros que pagan a partes iguais o Real Padroado sobre Discapacidade e o Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC), que esta semana fixo entrega á compañía da súa parte do premio.

InSuit é un desenvolvemento que mellora o cumprimento de moitas das directrices internacionais de accesibilidade web e proporciona desde a nube axudas técnicas como navegación con comandos de voz, lectura da páxina web ou control do tamaño e contraste da páxina.

O xurado destacou, entre as calidades de inSuit, que a súa implantación é moi sinxela e rápida, é aplicable a calquera web sen necesidade de modificar a páxina de orixe, e pódese utilizar desde calquera computador conectado a Internet.

27/10/201710:32
Presentación de ‘Yo me prep@ro’.
Madrid

Arrinca unha nova edición de 'Yo me prep@ro' de DOWN ESPAÑA e Fundación Vodafone España, o programa de formación en TIC´s para a inserción laboral de persoas con síndrome de Down

  • Case 1.000 alumnos con discapacidade intelectual de toda España recibirán formación en Novas Tecnoloxías para facilitar a súa inserción laboral

 

Esta mañá DOWN ESPAÑA e a Fundación Vodafone España deron inicio a unha nova edición de ‘Yo me prep@ro',  o programa máis completo e de maior alcance que hai no noso país para a formación en Novas Tecnoloxías da Información de mozas e adultos con síndrome de Down. O obxectivo que se persegue con esta formación é facilitar a súa inserción laboral en empresas ordinarias.

O proxecto, que cumpre catro anos en activo, alcanzará nesta ocasión o maior número de alumnos con esta discapacidade intelectual nunca implicados nun programa de formación en Tics. Serán 240 persoas con síndrome de Down as que se incorporarán a el para adquirir coñecementos en aspectos tan importantes como o uso de programas informáticos, a navegación por Internet ou a interacción con diversas aplicacións móbiles. A eles hai que sumar os 720 mozos que participaron en edicións anteriores, e que este ano recibirán un reforzo para que poñan ao día as súas habilidades sobre estes aspectos. En total serán, por tanto, 960 alumnos os que se beneficien do programa.

Como complemento á súa formación, ademais, estes alumnos terán a oportunidade de realizar prácticas laborais en empresas ordinarias da súa contorna. DOWN ESPAÑA adquiriu o compromiso de lograr a inserción laboral de polo menos 72 dos participantes do proxecto. Sumados aos contratos laborais para alumnos conseguidos nos anos previos, o proxecto ‘Yo me prep@ro' conseguiría durante os seus catro anos de execución un total de 319 insercións en empresas ordinarias de todo o país.

O programa deste ano incorpora contidos novos como o uso e manexo do DNI electrónico, o pasaporte electrónico e o emprego da firma dixital; conceptos que permitirán aos alumnos realizar xestións telemáticas e realizar consultas online en organismos públicos.

Ademais, realizaranse catro vídeo-tutoriais que, a través dunha linguaxe sinxela e accesible, reforzarán os coñecementos ofrecidos no proxecto, e permitirán a calquera usuario comprender como se obtén e para que serve o DNI electrónico, descargar apps para Smartphone ou manexar con soltura aplicacións como WhatsApp.

Un dos aspectos clave do programa é que nel participarán usuarios dun gran número de comunidades autónomas, ampliando o alcance do proxecto, xa que nesta edición a formación impartirase en 22 entidades federadas a DOWN ESPAÑA, situadas nas seguintes localidades: Barbate (Cádiz), Córdoba, Granada, Málaga, Xerez, Sevilla, Zaragoza, Sabadell, Oviedo, Toledo, Ávila, Palencia, Valladolid, Castelló, Valencia, Santiago de Compostela, Pontevedra, Ourense, Vigo, Murcia e Pamplona.

Unha vez concluída a formación, en todas estas localidades realizarase unha xornada de recoñecemento e entrega de diplomas aos mozos que superasen o curso. Este título asinado por DOWN ESPAÑA acreditará que os alumnos adquiriron as destrezas en Novas Tecnoloxías necesarias para formar parte do mercado laboral ordinario. Tamén recibirán unha acreditación aquelas empresas da zona que desen oportunidades laborais a persoas con síndrome de Down no marco do programa.

 

Convenio marco

A realización deste proxecto enmárcase dentro do Convenio Marco subscrito o 8 de novembro de 2013 entre Fundación Vodafone España, Plena Inclusión e DOWN ESPAÑA para a realización de actividades conxuntas en materia de accesibilidade e inserción laboral que redunden en mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade intelectual.

Este convenio busca fomentar a innovación tecnolóxica aplicada á accesibilidade e fai especial fincapé naquelas iniciativas que contribúan á participación das persoas con discapacidade intelectual no ámbito laboral a través de proxectos piloto de innovación e  sesións formativas e de divulgación.

27/10/201710:22
Persona usando un smartphone.
Santiago de Compostela

Coñeces aplicacións accesibles para usar no teu móbil?

As aplicacións móbiles teñen como obxectivo poder utilizar o móbil para utilizar servizos cotiáns: como ler noticias, facer compras, revisar o correo, e outras funcións máis que aínda están por presentar.

Sabemos que non sempre estas apps son accesibles, e poden supoñer unha barreira para algunhas persoas en función das súas diferentes capacidades. Por iso, desde Discapnet traballamos cada día incluíndo novas apps accesibles na nosa sección de Aplicacións móbiles na área de Tecnoloxía Inclusiva, porque nos gustaría que todos e todas puidesen usar as súas apps no móbil sen barreiras.

A sección divídese en Apps accesibles e as súas utilidades, Aplicacións móbiles para Lecer e Cultura, e Aplicacións do Portal Noticias Fácil.

En Apps accesibles-utilidades presentamos aquelas ferramentas que serven de apoio en materia de asistencia, documentación, documentación ou accesibilidade.

Entre as apps que temos nesta páxina atópase LAzarilloApp GPS Accesible que axuda ás persoas cega a moverse na contorna dándolle indicacións claras e precisas da súa ruta. Tamén atopamos o Signslator, un tradutor de castelán a lingua de signos.

E mesmo tamén podedes atopar entrevistas con creadores dalgunhas destas apps que explican como xurdiron e cal é a súa función, como a realizada a un dos creadores de Metrociego, app para que as persoas cegas ou con discapacidade visual poidan moverse con máis facilidade no Metro.

No apartado de Apps para Lecer e Cultura destaca unha app para xogar ao boccia, ou JuegosONCE app que facilita os resultados dos sorteos.

E por último, na parte de App en lectura fácil pódense atopar xogos e aplicacións para persoas con discapacidade intelectual ou discapacidade cognitiva, e tamén outras apps orientadas máis a profesionais para facilitar os seus proxectos e iniciativas no seu apoio a persoas con discapacidade intelectual.

Un bo modo de usar a tecnoloxía para facilitar as nosas actividades no día a día, esperamos que vos resultara de interese, e seguiremos incluíndo máis novidades.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS