main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

25/05/201808:25
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

A décima Noite da Enxeñaría en Informática celébrase en Santiago o 15 de xuño

Sen dúbida as novas tecnoloxías da información están feitas para tirarlles proveito, pero tamén para festexalas. Esta é a idea que acompaña a celebración da Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia, que se celebra este ano o 15 de xuño en Santiago de Compostela, novamente da man do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, o CPEIG. O evento, de periodicidade anual, ten o obxectivo de achegar un punto de encontro para todas e todos os colexiados, estendendo este espazo común de celebración do coñecemento e a innovación aos responsables das empresas TIC da nosa terra e das entidades públicas con competencia directa ou indirecta no dixital. 

A Noite chega este ano á súa décima edición. Celebrarase unha vez máis no Hotel Monumento San Francisco. Como de costume, virá acompañada de premios para recoñecer o traballo ben feito dos nosos profesionais en materia dixital. Trátase, en palabras do CPEIG, do evento TI referente de Galicia, un carácter senlleiro que se reforza cada ano. Novamente podemos consultar todo o relativo ao festexo na web específica anoite.gal. O mestre de cerimonias será o actor e humorista Carlos Latre, e a previsión é de que a gala comece arredor das 20.00 horas, co cóctel de benvida. De seguido, arredor das 21.00 horas, procederase a entregar os premios que cada ano convoca o CPEIG e que, como dixemos, diríxense a mostrar os esforzos das nosas entidades, asociacións, profesionais e empresas no camiño de impulsar recursos e servizos tecnolóxicos de especial valor para o noso desenvolvemento social e económico. Estes son os galardóns que acompañan a celebración da Noite: Premio Proxecto Fin de Carreira/Master, Premio e-Inclusión, Premio Iniciativa Emprendedora, Premio Iniciativa Empresarial, Premio Ada Byron, Premio Iniciativa da Administración, Premio Traxectoria Profesional, Premio 10 anos conectad@ e a distinción Colexiada de Honra.

25/05/201808:21
Pantallazo dunha busca de empregos en Google.
Santiago de Compostela

Google facilita a busca de emprego

O buscador de Google non deixa de abarcar novos ámbitos, e agora sube ao carro da busca de emprego, de xeito que os usuarios españois podemos acceder a numerosas ofertas laborais dun xeito rápido e sinxelo a través da nova funcionalidade do buscador.

Cando un usuario busca un posto de traballo en concreto, podendo incluso indicar o ámbito xeográfico, o sistema incorporará unha caixa antes dos resultados xerais na que recóllense resultados extraídos de axencias de emprego, axencias de traballo temporal e outros servizos en liña como LinkedIn, Adecco, Opcionempleo, Hosteleo, Asempleo, Jobatus, Hostelo ou Buscadordetrabajo.com. Se interactuamos co recadro de emprego nos resultados de busca podemos aplicar filtros como categoría, ubicación, data de publicación, tipo de contrato e empresa... e incluso crear alertas en función das necesidades de cadaquén e a posibilidade de recuperar en calquera momento a busca realizada. Este novo servizo, que mestura información de emprego co uso de mapas, está xa presente tamén en EE.UU., Arxentina, Chile, México, Brasil, Colombia, Nixeria, Quenia e Sudáfrica.

25/05/201808:16
Crowdfunding.
Santiago de Compostela

Do desencanto á especialización: o estado do crowdfunding en 2018

Os anos 2012, 2013 e 2014 foron os anos bárbaros do crowdfunding. Foi cando se catapultaron plataformas como Kickstarter e a mecánica do financiamento colectivo fíxose masiva e aberta ao público xeral: calquera sabía en que consistía, máis aló dos máis avezados en tecnoloxía, e vimos saír proxectos como churros. Mochilas, carteiras, consolas, reloxos intelixentes, videoxogos, impresoras 3D...

Desde entón, exista certa percepción de que o gran momento do crowdfunding pasou. Polo menos, o do crowdfunding máis xeneralista. Xa non se coñecen proxectos demasiado interesantes e polo xeral ese interese popular virou cara outros camiños. No último ano, o rei desta alternativa para as masas foron as criptomoedas en xeral e o Bitcoin en particular. Unha ollada ao nivel de procuras en Google dos tres conceptos máis coñecidos do crowdfunding durante o últimos dez anos confirma as sospeitas.

Seguir lendo na fonte da noticia...

25/05/201808:13
Premiados do Programa Novos Emprendedores Sociais en 2012.
Madrid

O ADN do emprendedor social: empático, solidario e con capacidade de liderado

  • A través do Programa Novos Emprendedores Sociais, que cumpre dez anos, a Universidade Europea define o ADN que distingue aos emprendedores con impacto social de España.
     

As dez edicións do Programa Novos Emprendedores Sociais, destinados a premiar iniciativas de carácter social e a dar visibilidade a proxectos que contribúan ao progreso social, permitiu á Universidade Europea debuxar o ADN do emprendedor social e con el os trazos, aptitudes, destrezas e comportamentos que distinguen a estas persoas.

Trazos como o liderado, a empatía ou a capacidade para desenvolver un traballo colaborativo e en equipo, perfilan o retrato do emprendedor social en España, onde o 55% de son homes e as 45% mulleres.

Ademais, ten estudos superiores, pensamento crítico e é solidario.

Así mesmo, outra das aptitudes que determinan o perfil destes mozos decididos a transformar a sociedade é o feito de que se trata de persoas que usan modelos de financiamento e xeración de ingresos híbridos, combinando as estratexias do sector sen ánimo de lucro con estratexias empresariais tradicionais.

Esta son as habilidades que a Universidade Europea premia e recoñece a través dos Premios JES, nos que se seleccionan dez novos de entre 18 e 29 anos que estean a desenvolver un proxecto social ou ambiental en España, que leve un mínimo de seis meses en marcha e que persiga o progreso a través da innovación social. Calquera mozo que cumpra os requisitos mencionados pode presentar a súa candidatura ata o catro de xuño.

 

Formación, visibilidade e rede internacional

De todos os proxectos que se presenten, dez mozos serán escollidos por un xurado experto e recibirán 2.000 euros por proxecto, un programa específico de formación, visibilidade para a súa iniciativa e o apoio dunha grande rede internacional. Ademais da achega económica, os Premios JES contribúen especificamente no desenvolvemento competencial dos gañadores, a través de formación orientada á xestión dos seus proxectos, e permiten aos gañadores entrar a formar parte da Comunidade JES, principal valor diferencial do programa da Universidade Europea.

Estes galardóns son unha iniciativa da Universidade Europea en colaboración con Laureate International Universities como parte do programa YouthActionNet da International Youth Foundation e en colaboración coa División Santander Universidades.

Ao longo de todas as súas edicións, a Universidade Europea recoñeceu o valor innovador, social e empresarial dos proxectos galardoados e promoveu a creación dunha comunidade nacional e internacional de emprendedores sociais (1.500 membros en 90 países) que comparten ideas e atopan sinerxias para multiplicar o impacto das súas iniciativas.

24/05/201818:11
RGPD.
Santiago de Compostela

A Xunta activa a canle de contacto dos cidadáns cos Delegados de Protección de Datos da Administración Autonómica

  • Son os valedores dos cidadáns nesta materia e actúan como garantes do novo regulamento europeo informando, asesorando e supervisando o seu cumprimento
  • Desde mañá estará habilitado un espazo específico no portal da Xunta sobre a protección de datos cun formulario online para contactar cos delegados
  • A Administración autonómica conta cun delegado por consellería e un na Amtega, que exerce labores de coordinación

Mañá, 25 de maio, entra en vigor o novo Regulamento Xeral de Protección de Datos persoais (RXPD, regulamento UE 2016/679), o máis esixente nesta materia e que incorpora novos dereitos para os cidadáns como o dereito ao esquecemento, o consentimento inequívoco ou a portabilidade dos datos e que implica un maior compromiso das organizacións públicas e privadas coa protección de datos e coa forma de xestionalos.

No caso das Administracións Públicas son varias as novidades a ter en conta como a necesidade de dispoñer da figura do Delegado de Protección de Datos, un valedor do cidadán nesta materia. A Xunta de Galicia  conta xa cun delegado de protección de datos por consellería e un na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, que exerce labores de coordinación. Ademais, poderá haber delegados de protección de datos noutras entidades do sector público autonómico, a proposta da Consellería correspondente.

Os delegados de protección de datos, actúan como garantes do cumprimento do RXPD, informando, asesorando e supervisando o cumprimento do regulamento europeo de protección de datos. 

Os cidadáns que desexen poñerse en contacto os delegados poderán facelo a través do portal da Xunta, www.xunta.gal. no espazo específico sobre a protección de datos persoais na Administración autonómica https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos.

 

Cambios para os cidadáns

Un dos que percibirán os cidadáns coa entrada en vigor do novo Regulamento é que tanto empresas como administracións teñen que identificar as finalidades e a base xurídica dos tratamentos que levan a cabo.

Ademais, os organismos públicos teñen que facilitar procedementos para que os cidadáns dean un consentimento inequívoco na cesión dos seus datos. Desaparece o consentimento tácito e aparecen novos dereitos para a cidadanía, como por exemplo a mención expresa ao dereito ao esquecemento.

Tamén deberán adaptar os documentos que actualmente se empregan para recoller os datos, facéndoos  concisos, transparentes e accesibles para todos.

Outra das modificacións que esixe a normativa radica na información que se dá aos interesados, que incorpora elementos adicionais ao requirido ata o momento como, por exemplo, a necesidade de informar sobre o prazo de conservación dos datos.

A Xunta está revisando os formularios asociados a procedementos administrativos e servizos ofrecidos, incorporando aos novas esixencias de información sobre o tratamento de datos persoais. Tamén se están revisando as cláusulas de protección de datos nos pregos de contratación pública así como en outros tipos de encargos de tratamento de datos persoais.

Estase preparando tamén un procedemento normalizado para a atención dos dereitos no ámbito de protección de datos, que se poderán tramitar na Sede Electrónica e nas Oficinas de Rexistro e Información.

 

Cambios na xestión dos datos

Desde mañá desaparece a obriga de declarar os ficheiros de datos persoais ante a Axencia Española de Protección de Datos, que empresas e administracións deben substituír por un Rexistro de Actividades de Tratamento, o que obriga a inventariar todos os tratamentos de datos que está a levar a cabo cada entidade.

En canto ás medidas de seguridade  non estarán determinadas explicitamente na normativa, senón que se aplicarán en virtude dunha análise de riscos. En determinados casos será necesario realizar previamente ao tratamento de datos unha avaliación de impacto na protección de datos.

Adicionalmente, para acadar un cumprimento pleno, a Amtega ten abertas dúas licitacións para reforzar os servizos relativos á protección de datos persoais, unha para proporcionar apoio especializado á figura do Delegado de Protección de Datos e outra para a revisión en profundidade de todos os tratamentos realizados pola Xunta creando un sistema de xestión da protección de datos que permita asegurar un axeitado cumprimento da normativa en liña co principio de responsabilidade proactiva.

 

Formación

Este proceso de adaptación á nova normativa require dun acompañamento formativo aos empregados públicos. Por iso este ano Amtega e a Escola Galega de Administración Pública poñen en marcha o Plan Formativo sobre aspectos chave da dixitalización e a protección de datos.

O Plan ofrecerá durante 2018  máis de 1.200 horas de formación en 55 cursos presenciais e online que abordarán diferentes aspectos derivados dos procesos de dixitalización, nos que a divulgación sobre as novidades do Regulamento Xeral de Protección de Datos terá un peso importante. Este Plan completarase con outras actividades divulgativas en colaboración os colexios profesionais.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS