main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

23/05/201809:37
Cartel do evento.
Santiago de Compostela

Expertos de Google, Microsoft e Symantec danse cita na nova xornada de ciberseguridade do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vainos xuntar o 31 de maio cos principais desafíos actuais e futuros da protección en liña, unha cuestión que incrementa o seu interese a cada minuto, agora que todos os axentes e elementos implicados na protección en liña (usuarios de a pé, conexións, dispositivos, servidores, servizos, funcionalidades, posibilidades, datos) preséntanse en meirande número e con maior complexidade. A terceira edición da Xornada de Ciberseguridade en Galicia conta co patrocinio da firma Emetel e a colaboración de ABANCA, Symantec, a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) e o Campus Innova (UDC). Contará coa presenza de expertos en salvagarda de datos e infraestruturas de Google e Microsoft. 

A cita será en Santiago, en horario de mañá, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Con esta actividade, o CPEIG quere “conectar co reto da seguridade e a privacidade, unha das principais preocupacións de cidadáns, empresas e administracións públicas”. A xornada será inaugurada ás 10.00 horas por Fernando Suárez, presidente do CPEIG, Roberto Baratta (director de Prevencion Perdida, Continuidade e Seguridade en ABANCA), Manuel Lago (director xeral de Emetel) e Mar Pereira Álvarez (directora da axencia AMTEGA). Logo haberá relatorios sobre administracións públicas e protección TIC a cargo de Alberto Hernández Moreno (director xeral de INCIBE), Jose Luis Piñar (DPO do Consejo General Abogacia Española) e Javier Candau (xefe de Ciberseguridade do Centro Criptográfico Nacional – CCN). A continuación da pausa para café, será a quenda das empresas. Intervirán Rafael Ave, director de Transformación Dixital e Seguridade de EMETEL, Julien Blánchez (Google Cloud at Google Inc), Fernando Rubio (Microsoft), Ramsés Gallego (Symantec) e Román Ramírez (co-fundador e co-organizador do evento RootedCON). O peche correrá a cargo de Fernando Suárez e Roberto Baratta.

22/05/201813:38
Unha persoa en cadeira de rodas nun peirao dun lago.
Santiago de Compostela

Un día para defender a importancia da accesibilidade tecnolóxica

Son xa sete anos celebrando o Día Mundial de Concienciación sobre a Accesibilidade, no que distintas compañías e entidades únense para reclamar unha tecnoloxía pensada e deseñada para todas as persoas, incluídas as persoas con discapacidade e maiores.

Nestes anos celebráronse cada vez un maior número de actos en todo o mundo en conmemoración deste día no que empresas, universidades e entidades demandan unha maior presenza da accesibilidade no deseño e desenvolvemento de produtos, servizos e aplicacións tecnolóxicas.

Na edición deste ano foron preto de setenta os actos que tiveron lugar ao longo de todo o mundo dentro da celebración deste día dedicado á accesibilidade tecnolóxica.

Pola nosa banda, queremos aproveitar este día tanto para destacar os avances que nestes meses fomos relatando, como para pedir un maior esforzo a todos os actores da sociedade para que o deseño para todos e a accesibilidade universal sexan unha realidade.

22/05/201813:34
Décima edición dos Premios Novos Emprendedores Sociais.
Madrid

A Universidade Europea amplía o prazo dos "Premios Novos Emprendedores Sociais"

  • A Universidade Europea ampliou ata o 4 de xuño a convocatoria da décima edición dos "Premios Novos Emprendedores Sociais", cuxo obxectivo é "premiar iniciativas" de carácter social, así como dar visibilidade a proxectos que contribúan ao progreso social.

 

Así, a través destes galardóns, a Universidade Europea premiará aos emprendedores sociais que dispoñan de trazos como o liderado, a empatía ou a capacidade para desenvolver un traballo colaborativo e en equipo, explicou a universidade nun comunicado.

De todos os proxectos que se presenten, un xurado experto escollerá a dez novos de entre 18 e 29 anos que estean a desenvolver un proxecto social ou ambiental en España, que leve un mínimo de seis meses en marcha e que "persiga o progreso a través da innovación social".

 

Compensación económica de 2.000 euros por proxecto

Cada un dos proxectos seleccionados recibirá 2.000 euros, ademais dun programa específico de formaciónvisibilidade para a súa iniciativa e o apoio dunha gran rede internacional.

Os galardóns, que se celebran en colaboración con Laureate International Universities como parte do programa YouthActionNet da International Youth Foundation e en colaboración coa División Santander Universidades, pretenden "recoñecer o valor innovador, social e empresarial" dos proxectos premiados, así como "promover" a creación dunha comunidade nacional e internacional de emprendedores sociais.

22/05/201813:29
Orientatech.
Santiago de Compostela

O portal Orientatech cumpre o seu primeiro ano como asesor dixital en tecnoloxía social

  • A Fundación de Tecnoloxías Sociais TECSOS, promovida pola Cruz Vermella Española e a Fundación Vodafone España puxo en marcha esta iniciativa para dar a coñecer dunha forma rigorosa, imparcial e cunha linguaxe próxima solucións TIC existentes que poden ser de utilidade para fomentar a autonomía persoal e un envellecemento activo.

Despois dun ano da posta en marcha do portal Orientatech, os promotores da solución realizan un balance moi positivo da plataforma Orientatech, dado que se lograron grandes avances no obxectivo de converterse como punto de referencia de tecnoloxías sociais tanto para os expertos e profesionais nesta materia, como para os propios colectivos vulnerables. O proxecto quere consolidarse como punto de encontro para todos os actores do sector: os usuarios finais dispoñen dun medio para comparar os produtos existentes e compartir a súa opinión, os fabricantes poden dar a coñecer e adaptar os seus produtos e as administracións públicas e profesionais do sector dispoñen dunha fonte para contrastar información.

Ademais, búscase que os fabricantes desenvolvan produtos que se adapten mellor ás necesidades e teñan en conta no seu deseño criterios de usabilidade, accesibilidade e deseño para todos e en definitiva poidan mellorar a calidade de vida das persoas.

A análise dos produtos é levada a cabo por un equipo de enxeñeiros da Fundación de Tecnoloxías Sociais e da Fundación Vodafone que son expertos na aplicación social da tecnoloxía, que realizan a verificación técnica do produto; e un grupo de voluntarios e usuarios de Cruz Vermella, que coñecen as necesidades á quen vai dirixido o produto e que realizan a validación social.

Esta valoración técnica e social compleméntase con información práctica como vídeos, fotos, opinións doutros usuarios e entidades con información do produto incluíndo tipo de garantía, formas de adquisición e toda aquela información que poida ser relevante para coñecer o produto.

Durante este ano de implantación, o equipo de Orientatech puido probar 45 produtos, cun equipo de 13 persoas voluntarias e organizacións de usuarios como APAM e a Asociación Madrileña do Parkinson.

Contouse ademais coa colaboración de institucións como CEAPAT (Centro Estatal de Produtos de Apoio e Axudas Técnicas) e eVia (Plataforma Tecnolóxica Española de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente) nas actividades de asesoramento e divulgación. 

22/05/201808:49
Logo Edixgal.
Santiago de Compostela

A Xunta abre o E-Dixgal a todos os centros galegos de primaria e secundaria sostidos con fondos públicos

  • Ata o momento, para acceder a este programa era necesario participar no proxecto Abalar

A Xunta de Galicia abre este ano o proxecto de libro dixital E-Dixgal a todos os centros sostidos con fondos públicos de Galicia, sempre e cando impartan 5º e 6º de Primaria ou 1º e 2º da ESO. Cómpre lembrar que ata o momento para acceder a este programa era necesario que os centros participaran no proxecto Abalar. Nesta ocasión, subministrarase o equipamento informático necesario –fundamentalmente ultraportátiles para os alumnos– aos centros que non conten con el. De feito, a Xunta de Galicia realizou este ano a renovación dos equipos dos centros E-Dixgal, o que supuxo o reparto de máis de 13.000 ultraportátiles.

Deste xeito continúase co despregamento do libro dixital no ensino galego, enmarcado na Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020). Algúns dos obxectivos deste plan son lograr que todo o alumnado do ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21, romper coa fenda de xénero nos estudos STEM e acadar os 300 centros e máis de 20.000 alumnos beneficiados co libro dixital no 2020/21. Actualmente, esta iniciativa está presente en 154 centros e chega xa a máis de 11.600 alumnos. O obxectivo da convocatoria publicada hoxe no portal educativo (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25011) é incorporar a E-Dixgal un total de 30 centros –aínda que se pode estender a máis–, o que suporía arredor de 800 alumnos máis no proxecto.

 

Novos materiais

Cómpre lembrar que os centros que se incorporen este ano poderán beneficiarse desde o inicio das novidades do programa, tales como a incorporación dun novo provedor de contidos, aulaPlaneta, que se sumou a Netex e Edebé.

Ademais, estará dispoñible o centro de produción, que facilitará aos docentes novas ferramentas e mecanismos para que poidan incorporar á plataforma contidos educativos innovadores. E tamén está en proceso de licitación o contrato dun novo provedor de contidos en inglés.

 

Servizo Premium

En 2018 activarase, así mesmo, o Servizo de Soporte Premium para as familias, alumnado e profesores dos centros educativos implicados na iniciativa, que ofrecerá tres tipos de asistencia: remota (telefónica e online); in situ, con desprazamento ao lugar do incidente, e a través de puntos físicos de atención.

Os máis de 1.000 profesores, 12.000 alumnos e as súas familias dispoñerán dunha única vía de atención para todas as cuestións relacionadas co uso do libro dixital a través de varias canles (teléfono, correo electrónico, web, app no móbil...), as 24 horas do día os sete días da semana. O novo Servizo Premium contempla, como novidade, que o soporte se preste no domicilio da familia ou o docente para aqueles incidentes que requiran unha atención presencial.

 

Plan de formación

Cómpre lembrar, ademais, que o E-Dixgal vai máis aló do mero equipamento informático. Non en balde, todos os centros E-Dixgal contan cun Plan de formación propio no ámbito das novas tecnoloxías, cunhas 2000 horas de formación específica para o profesorado. Entre setembro e novembro impartíronse máis de 20 cursos nos que 430 profesores recibiron formación sobre cuestións técnicas e metodolóxicas relativas á educación dixital.

Ademais, ditos plans incorporan tamén unha Escola de Nais e Pais para que as propias familias reciban información ao respecto e dispoñan de canles axeitadas para o acceso aos contidos e a resolución de dúbidas, entre outros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS