
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
O futuro Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA), que terá a súa sede na Tecnópole de Ourense, converterá a provincia nun referente en ciberseguridade e permitirá á Comunidade manter a dianteira na innovación e desenvolvemento desta tecnoloxía. Así o aseguraba esta mañá o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, na inauguración da Xornada Galicia segura: innovación e ciberseguridade.
O responsable da Axencia autonómica sinalou que o CECIGA “conta cun orzamento de 6,6 millóns de euros, dos que 4,1 millóns corresponden aos orzamentos deste ano”. Lembrou, tamén, que neste 2024 “está previsto que se inicie a posta en marcha do Centro de Innovación e Competencia en Ciencias da Saúde, Transporte Intelixente, Industria Conectada e Excelencia Operativa”, unha iniciativa do Programa RETECH cun orzamento de 58 millóns de euros dos que 19 corresponden a Galicia e no que participan, tamén, Cataluña e a Comunidade Valenciana.
Estas actuacións enmárcanse nunha traxectoria consolidada en materia de ciberseguridade que permitiu a Galicia ser das primeiras comunidades en crear un nodo de colaboración público-privado neste ámbito, CIBER.gal, que conta con máis de 55 entidades integradas; ou dispoñer desde hai máis de cinco anos dun centro de resposta a incidentes de ciberseguridade, o CSIRT.gal.
O director da Axencia sinalou que para seguir avanzando nesta liña e poder abordar novos retos é preciso “contar con talento especializado en ciberseguridade”, un perfil que están a demandar o 30% das empresas galegas de dez ou máis empregados.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia inicia mañá en Ortigueira as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade previstas para este ano, que se celebrarán ata o mes de decembro en 23 aulas da Rede de Aulas CeMIT.
O programa, que leva por título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores sobre a importancia de aspectos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición, celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, a desinformación (bulos e noticias falsas) ou protección fronte a ciberataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
Inscricións
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese entre as seguintes: Ortigueira, Leiro, Catoira, A Cañiza, Betanzos, Pontevedra, Sada, Cuntis, Vimianzo, Celanova, O Barco de Valdeorras, Ribeira, Carballo, Barreiros, Monforte, Riotorto, Fisterra, O Vicedo, Ponteareas, A Coruña-Eirís, Vilagarcía e Guitiriz.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia acolle as segundas xornadas formativas en materia de ciberseguridade de 2024 que se celebrarán durante o último trimestre do ano en colaboración coa Rede de Aulas CeMIT.
Trátase dun programa de charlas promovidas baixo o título “Ciberseguridade, os teus primeiros pasos”, unha formación que ten por obxecto sensibilizar á cidadanía e, especialmente, ao colectivo de persoas maiores da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.
Estas sesións celebraranse de xeito presencial en 23 aulas da Rede CeMIT en horarios de mañá ou tarde. Nelas abordaranse de xeito práctico e ameno diferentes temáticas como o uso das redes sociais, a pegada dixital, desinformación (bulos e noticias falsas), protección fronte ataques, entre outras. Todas as sesións terán unha duración de 1,5 horas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto coa aula que lle resulte de máis interese.
|
Aula CeMIT |
Datas |
Horarios |
Inscricións |
|
Ortigueira |
4 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47785 |
|
Leiro |
10 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47760 |
|
Catoira |
16 de outubro |
12.00 horas |
Próximamente |
|
A Cañiza |
18 de outubro |
10.30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47671 |
|
Betanzos |
21 de outubro |
11.00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47722 |
|
Pontevedra |
21 de outubro |
10.00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47765 |
|
Sada |
23 de outubro |
10:00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47667 |
|
Cuntis |
28 de outubro |
16:30 horas |
Próximamente |
|
Vimianzo |
30 de outubro |
10:30 horas |
Próximamente |
|
Celanova |
4 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
O Barco de Valdeorras |
7 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
Ribeira |
14 de novembro |
12:30 horas |
Próximamente |
|
Carballo |
14 de novembro |
17:00 horas |
Próximamente |
|
Barreiros |
14 de novembro |
11:00 horas |
Próximamente |
|
Monforte |
19 de novembro |
10:30 horas |
Próximamente |
|
Riotorto |
21 de novembro |
16:00 horas |
Próximamente |
|
Fisterra |
28 de novembro |
10:30 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47789 |
|
O Vicedo |
28 de novembro |
17:00 horas |
https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/47759 |
|
Ponteareas |
16 de decembro |
16:00 horas |
Próximamente |
|
A Coruña-Eirís |
|||
|
Vilagarcía |
|||
|
Guitiriz |
A iniciativa “Enredando Tour”, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e Cruz Vermella, pechou hoxe a súa segunda edición en Betanzos. Esta xornada final, centrada na banca electrónica, contou coa presenza do director da Amtega, Julián Cerviño; o director provincial de Cruz Vermella na Coruña, Manuel Viqueira; e a presidenta da Asociación Española de Banca, Alejandra Kindelán.
O responsable da Axencia autonómica destacou o crecemento experimentado en Galicia nos últimos anos no uso de tecnoloxías entre as persoas maiores. Segundo os datos do Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), son xa preto dun 70% as persoas maiores de 64 anos que usan internet. Delas, máis da metade utilizan os servizos da banca electrónica e unha porcentaxe similar solicita citas medidas por esta vía.
Julián Cerviño destacou a importancia da colaboración cos concellos de Galicia para a implantación da rede CeMIT, conformada por 94 aulas repartidas por toda Galicia; e agradeceu a implicación de institucións como a Cruz Vermella en iniciativas como Enredando Tour.
Máis de 400 participantes
Un total de 417 persoas participaron nesta segunda edición de “Enredando Tour”, que comezou o pasado mes de xullo en Noia e percorreu unha vintena de localidades cun programa formativo itinerante, orientado especialmente a persoas de 55 anos ou máis. Esta iniciativa ten como obxectivo promover a capacitación dixital das persoas maiores a través de diversos obradoiros, ferramentas dixitais e contidos especializados.
A furgoneta do Enredando Tour percorreu este ano preto de 1.590 quilómetros e contou co apoio de 35 voluntarios de Cruz Vermella que impartiron obradoiros para mellorar habilidades básicas como aprender a navegar por internet, ter unha conta de correo, enviar mensaxes ou facer videochamadas.
Ademais, nesta edición incorpóranse novos contidos sobre aplicacións que empregan intelixencia artificial e conceptos como a realidade inmersiva e realizáronse sesións dedicadas de maneira específica á banca dixital e á ciberseguridade.
Plan DigiTalent
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) ten entre os seus obxectivos o de facilitar á cidadanía a adquisición de competencias dixitais e reducir a fenda de acceso aos servizos dixitais por parte dos colectivos máis vulnerables. Estes obxectivos están recollidos no Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital, no que se enmarca a actividade da Rede de Aulas CeMIT e esta actuación en colaboración con Cruz Vermella.
Sobre Cruz Vermella
Cruz Vermella Española, que celebra este ano o seu 160 aniversario, conta con máis de 254.000 persoas voluntarias dan resposta en 1.263 municipios, o que permite atender anualmente a máis de 11,8 millóns de persoas. Todo iso co apoio de 1,3 millóns de persoas socias, empresas e alianzas en todos os sectores da sociedade.
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ampliación do prazo para solicitar os bonos dixitais para colectivos vulnerables. A Administración autonómica prorrogou, tamén, os prazos das subvencións para reforzar a conectividade en polígonos empresariais e edificios, tras a escasa demanda que están a ter as tres liñas de axuda do Programa UNICO, cuxos requisitos están predefinidos polo Goberno do Estado.
Segundo recolle hoxe o DOG, o prazo para solicitar os bonos dixitais esténdese un mes, do 30 de setembro ao 30 de outubro. Estas axudas, destinadas a familias ou persoas vulnerables, reducen o custe mensual da contratación de internet en ata 20 euros durante un ano cun importe total máximo de 240 euros. É a terceira convocatoria destas axudas e conta cun importe de 1,16 millóns de euros.
O prazo para as axudas á conectividade en edificios ampliouse do 16 de setembro ao 4 de outubro. Pode solicitarse esta subvención para os edificios construídos antes de 2001 que non dispoñan dunha infraestrutura común de telecomunicacións (ICT´s). Esta liña de axudas, que conta cun investimento de 4,1 millón de euros, cubre o 100% dos investimentos cun máximo de 23.800€, de 21.000€ ou de 16.000€ en función do alcance da instalación.
As pemes e micropemes situadas en polígonos empresariais e interesadas en acceder a conexións de 1 Gb terán de prazo ata o 11 de outubro. As empresas poderán acadar subvencións de ata o 80% do custo do proxecto, cun importe máximo de 60.000 euros. O orzamento destinado a esta convocatoria é de 4,5 millóns de euros.
Convocatorias 2024
A Xunta lamenta que debido ao deseño do Programa ÚNICO, fixado de xeito unilateral polo Goberno central sen ter en conta as características e necesidades de cada comunidade, as convocatorias destas liñas de axuda seguen a ter unha demanda limitada, como xa acontecera nas dos anos 2022 e 2023.
No caso dos bonos dixitais, nas convocatorias dos anos 2022 e 2023 concedéronse unicamente 900 bonos por importe de 216.000 euros. Na liña de axudas a edificios tan só se levou a cabo unha obra de adaptación de ICT; e na de polígonos realizáronse 132 actuacións, superando o obxectivo inicial de 77, grazas ás medidas impulsadas anteriormente pola Xunta, que xa dotaran de conexión á fibra ao 93% da superficie empresarial.
Estes resultados confirman a falta de adecuación dos obxectivos dos fondos ao que realmente precisa a poboación e as empresas da Comunidade. Isto complica a execución dos programas en tempo e forma, o que xa foi trasladado pola Xunta e as restantes comunidades no marco da Conferencia sectorial para a Transformación dixital do pasado mes de maio para ampliar o prazo e adaptar as actuacións e poder deste xeito executar adecuadamente os proxectos para a mellora da conectividade.