main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

30/04/201912:32
Convenio IGCC - Fegaus.
Santiago de Compostela

A Xunta e os universitarios séniors promoven o consumo responsable entre as persoas maiores

  • A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asinou onte o convenio entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors (Fegaus)
  • O convenio inclúe a celebración de cinco seminarios centrados nas compras a través de internet ou fora dos establecementos mercantís, a contratación de servizos de asistencia técnica, telefonía, e internet ou a factura da luz e do gas

 

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asinou onte o convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia (IGCC) e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Séniors, que agrupa ás asociacións de alumnos e ex alumnos dos programas de maiores das tres universidades de Galicia, para promover o consumo responsable entre as persoas maiores.

O acordo permitirá a realización conxunta de actuacións formativas sobre consumo responsable dirixidas especificamente ás persoas maiores. Así, incluirá a realización de cinco seminarios sobre diferentes temáticas de consumo responsable de interese para as persoas maiores, como consellos para mercar a través de internet, fora de establecementos mercantís, a factura da luz e do gas, o novo bono social, a telefonía e asistencias técnicas, así como os dereitos das persoas consumidoras e usuarias e a resolución de conflitos de consumo nos devanditos ámbitos.

Os seminarios, deseñados e impartidos pola Escola Galega do Consumo, impartiranse a través da plataforma de Fegaus, Ágora Canal Sénior, nas seguintes modalidades: presencial (nas instalacións do IGCC), telepresencial (mediante a propia plataforma de teleformación de Fegaus) e online (na videoteca de Fegaus). Os interesados en asistir a estes seminarios, que se desenvolverán ata o outono, poderán solicitar a súa reserva de praza a través da plataforma de Fegaus Ágora Canal Sénior, http://canalsenior.es/fegaus/.

As actividades que se impartirán de acordo a este convenio forman parte do programa de accións formativas que o Instituto Galego do Consumo e da Competencia realiza para promover o consumo responsable entre a poboación galega, desde escolares ata persoas adultas.

30/04/201908:48
Cartel do evento.
Málaga

O III Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade pecha o seu chamamento de comunicacións o 15 de xuño

III Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade que celebra a Fundación ONCE en Málaga do 23 ao 25 de outubro, ten aberto ata o 15 de xuño o chamamento de comunicacións vinculadas aos produtos e servizos baseados nas TIC e aplicables a destinos turísticos intelixentes, que poidan apoiar a todas as persoas.

As persoas, empresas e entidades interesadas en presentar os seus traballos ao chamamento de comunicacións do congreso organizado pola Fundación ONCE, teñen unha ampla variedade temática que será abordada no III Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade.

Unha parte fundamental deste congreso será o intercambio de comunicacións que mostren á comunidade internacional as últimas tendencias, os casos de éxito e o coñecemento xerador ao redor da accesibilidade baseada nas TIC e o seu uso nos destinos turísticos para garantir a súa accesibilidade.

Temáticas e envío de comunicacións

As temáticas seleccionadas para formar parte deste III Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade son variadas, e inclúen Tecnoloxías e servizos de acceso á información e a comunicación, Interacción persoa máquina, Produtos de apoio, Teleasistencia e telecoidado, Fogar dixital e vida independente, Robótica para a autonomía persoal, Smart city, Transporte e mobilidade para todas as persoas, Actividades turísticas para todos e Turismo accesible, entre outras.

O Comité Científico seleccionará as comunicacións que se presentarán no Congreso, ademais das que se incluirán no Libro de comunicacións. Igualmente, de todas as comunicacións aprobadas, o Comité Científico realizará unha selección que se publicará na Revista sobre Accesibilidade e Deseño para Todos JACCES.

As persoas, empresas e entidades interesadas en presentar os seus traballos ao Congreso, poden enviar as súas comunicacións antes do 15 de xuño de 2019. Poden consultar os requisitos e as instrucións para presentar os seus traballos na páxina web do III Congreso de Tecnoloxía e Turismo para a Diversidade.

30/04/201907:55
Presentación de Xuvenciencia.
Lugo

Chega a nova edición do campamento científico lucense Xuvenciencia

Onte presentouse en Lugo unha nova edición (a sétima) do campamento científico da Universidade de Santiago, no que van participar 150 estudantes, formándose en materias STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) e, sobre todo, divertíndose mentres adquiren todo tipo de coñecementos. A iniciativa, que se desenvolverá baixo o epígrafeFago, logo aprendo! celebrarase do día 1 ao 5 de xullo. Das 150 prazas devanditas, un centenar serán para estudantes novos e 50 para quen participou en anteriores edicións. A iniciativa foi presentada pola Deputación de Lugo, o Concello e a USC. 

O deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presentaron este luns no edificio de Vicerreitorías a VII Edición do Campamento de Verán XuvenCiencia, un campamento dirixido ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, no que tamén poden participar rapaces e rapazas de 2º de bacharelato que xa participaran en anteriores edicións.

No acto de onte tamén interveu a coordinadora deste campamento científico, Mercedes Novo. O Deputado salientou que “é moi importante achegar aos rapaces a este tipo de actividades, que fomenten o seu interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento, por iso o programa inclúe actividades como a creación de vídeos contra o ciber-acoso ou contra os estereotipos de xénero”. O programa divídese entre as actividades comúns, as que son para o alumnado novo e as dirixidas aos estudantes veteranos. Polas mañás visitaranse centros e institucións colaboradoras, durante as que os rapaces participantes deberán elixir entre os obradoiros e proxectos que máis se adapten ás súas preferencias, as tardes están dirixidas a unha programacións máis lúdicas como xincanas, visitas ou actividades musicais grazas ao programa Lumieira Acompaña.

30/04/201907:49
Imaxe da pasada edición da Technium R Encounter.
Ourense

Technium R Encounter muda de espazo e medra en velocidade de acceso á Rede

party galega Technium R Encounter celebrará a súa vindeira edición entre os días 3 e 5 de maio estreando recinto, xa que nesta sétima convocatoria trasládase a Expourense, e tamén multiplica por 10 a velocidade de conexión á Rede dos participantes. Ademais, contará cunha nova zona, aberta ao público e de acceso libre e de balde, na que poderán coñecer de preto as últimas novidades tecnolóxicas.

Deste xeito, preto de 500 participantes tomarán parte nun evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación Technium e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, de R e de Expourense. Os organizadores esperan que o novo espazo aberto ao público, denominado Extranet, tamén atraia centos de visitantes, xa que poderán acceder a conferencias gratuítas e zonas dedicadas ás impresoras 3D, os videoxogos e a realidade virtual. Esta LAN party mantén a súa aposta por crear un punto de encontro para os amantes das novas tecnoloxías. Os participantes poderán tomar parte en torneos competitivos de eSport, e en competicións de arte dixital, hardware, ou software libre, entre moitas outras actividades lúdicas e formativas.

O billete dá dereito a un espazo propio con conexión eléctrica e Internet, e haberá habilitadas zonas de acampada. O prezo dos billetes para toda a party é de 32 euros, pero tamén haberá billetes para un día, ao prezo de 10 euros.

Torneos de eSports, talleres de robótica e un dummy espacial

Desde o xoves 3 de maio ás 18:00 horas até o domingo, a Technium R Encounter albergará diferentes torneos de eSports, como League of Legends, Counter Strike, Hearthstone, Overwatch, FIFA19, Super Smash Bros, Dragon Ball FighterZ, Just Dance, Old School Gamese xadrez.

Nesta edición potenciaranse as actividades formativas, con obradoiros e conferencias sobre temas de actualidade relacionados coas novas tecnoloxías. En concreto, Camp Tecnolóxico impartirá obradoiros informáticos para nenos e nenas, con actividades como a creación de tiras de luces LED ou a programación de robots, incluíndo a disputa dun partido de fútbol entre robots. Pola súa banda, R leva á Technium deste ano a súa acción crea R, incluída no programa Digitalent 2020 da AMTEGA. Nos obradoiros, nenos e nenas aprenderán a programar para crear unha cidade prototipo e mentres, os adultos resolverán dúbidas e recibirán consellos sobre o bo uso das novas tecnoloxías da man dun pedagogo. Para participar é preciso inscribirse en liña.

Ademais, como o ano pasado, tamén estará nesta edición da Technium R Encounter o proxecto Hana Hamsternauta, que propón o lanzamento dun dummy ao espazo coa axuda dunha sonda e dun globo meteorolóxico para conseguir as mellores métricas e recuperalo posteriormente con vida.

29/04/201912:27
Test de funcionamento do sistema cerebro-mente desenvolvido pola Universidade de Málaga / Fundación Descobre.
Málaga

Un sistema cerebro-máquina axuda a comunicarse a persoas con parálise muscular

  • Unha nova aplicación desenvolvida por investigadores da Universidade de Málaga permite a pacientes con gran discapacidade motora expresarse a través dun computador mediante a súa actividade cerebral.
  • O sistema recibe e interpreta os sinais electroencefalográficos que son xerados ante a presentación de estímulos visuais en forma de letras e transfórmaos en palabras e sons. 

 

Un equipo do grupo DIANA da Universidade de Málaga creou un sistema que simplifica a persoas con parálise muscular a comunicación a través dun computador. Denominada UMA-BCI Speller, a aplicación interpreta as reaccións do cerebro ante estímulos visuais en forma de letras ou debuxos e constrúe mensaxes que se poden emitir grazas a un sintetizador de voz.

Pacientes con esclerose lateral amiotrófica (ELA), síndrome de enclaustramento ou distrofia muscular poderán beneficiarse do programa. Os resultados do traballo publícaos a revista Computer Methods and Programs in Biomedicine.

A ferramenta actúa a modo de intermediario entre un lector do encefalograma e un sistema informático capaz de traducir estes impulsos en accións concretas, como escribir unha palabra ou emitir unha mensaxe de audio. Para iso crea unha contorna gráfica máis amigable e intuitiva, similar á presente en calquera móbil, que evita ao usuario ter que coñecer as reviravoltas informáticas. 

O obxectivo da investigación é que calquera paciente ou coidador poida acceder a este tipo de solucións, sen necesidade de dispoñer de coñecementos informáticos previos.

"Existen varias aplicacións que permiten controlar un computador a través da lectura do encefalograma pero a súa utilización é complexa, require saber programación e aínda así tárdanse semanas en aprender a manexalas e configurar o que necesitas, de modo que é difícil o seu uso fóra do laboratorio", comenta Ricardo Ron, responsable do proxecto.

Para contribuír a democratizar estes programas, o equipo de investigadores incidiu nunha dobre vía. En primeiro lugar, establecendo de serie a maior parte dos parámetros que requiren estes sistemas para funcionar. Isto evita que o usuario deba facelo manualmente e acurta o tempo necesario para o seu primeiro uso de semanas a apenas unha hora.

Ademais, o equipo creou unha contorna gráfica, baseado nun sistema de xanelas e cun teclado virtual que se adaptar ás necesidades de cada persoa, e desde o cal se controla todo o sistema.

Tamén se incorporaron funcionalidades que simplifican a expresión de ideas ou necesidades. "Traballamos con textos predictivos, de forma que non haxa que escribir a palabra completa, pero tamén con pictogramas que representen ao instante necesidades como a fame ou a sede e fagan que a comunicación sexa máis áxil", apunta Ricardo Ron.

Con todo iso, un paciente con disfunción motora sería capaz de escribir "ola" ou "soño" sobre un computador só mirando as letras que desexa pulsar ou un debuxo concreto (man saudando ou unha lúa, por exemplo).

Sistema máis potente e barato

O sistema encárgase de interpretar os estímulos que se xeran no cerebro, en concreto no lóbulo occipital, e os mostra na pantalla en forma de palabras e, se se desexa, a máquina pronúnciaas en voz alta.

Nesta liña, outro dos avances que achega UMA-BCI Speller é a versatilidade á hora de definir o teclado que se quere usar, tanto nas opcións como na forma.

Segundo Ron, "o teclado virtual permite non só letras, tamén imaxes e cores que estimulan ao usuario, de modo que os sinais que xera o cerebro sexan dunha amplitude que favoreza unha interpretación máis rápida". Unha posibilidade que, sinala Ron, aínda permanece pouco explotada no ámbito da investigación e que abre novas liñas de estudo neste campo.

O proxecto, que contou con financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidade, do programa FEDER, de INDRA sistemas e da Fundación Universia, continúa actualmente non só na mellora da aplicación, tamén na súa integración dentro dun paquete completo que permita sacar este recurso fose da contorna científica.

Para iso, os expertos buscan reducir os custos ao mínimo. "A ferramenta permite a comunicación entre o paciente e a máquina, pero fai falta un aparello que interprete eses sinais do cerebro que a fan posible e cuxo custo nun laboratorio pode rozar os 30.000 euros", afirma Ron.

Os integrantes do equipo están a probar as opcións máis económicas para o rexistro dos sinais electroencefalográficas que hai no mercado actualmente. A motivación é ofrecer aos pacientes a oportunidade de dispoñer do sistema completo por un custo inferior a 1.000 euros.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS