
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
A pesar de contar con menos medios, moitas veces as empresas máis pequenas teñen unha maior capacidade de adaptar a súa tecnoloxía ás necesidades das persoas con discapacidade. A razón é sinxela, a accesibilidade non é cuestión de diñeiro senón de intención.
Unha mostra é a historia que contan os compañeiros de AbleGamers que mostra como un mozo desenvoledor de videoxogos modificou o código da súa última creación para adaptala ás necesidades dun xogador con discapacidade.
O desenvolvedor chámase Sterling Silver e a súa compañía é Stingbot Games. Silver traballaba no seu novo videoxogo, chamado The Forbidden Arts.
Cando o xogo se abriu aos primeiros xogadores, unha das primeiras persoas que o probou foi Sasha Zenko, un afeccionado aos videoxogos cunha discapacidade física que xoga manexando o rato co seu queixo.
Ao probar o xogo, Zenko deuse conta de que había algunhas melloras que o desenvolvedor podería incluír para facilitarlle gozar do videoxogo e decidiu poñerse en contacto con Silver.
Ao pouco tempo, Silver cambiara o código do seu videoxogo para introducir os cambios propostos por Zenko e lograr así un xogo máis accesible para as persoas con discapacidade.
Unha das opcións máis avanzadas é a desenvolta pola compañía norueguesa Forkbeard que utiliza tecnoloxía de sónar para ofrecer unha localización moi precisa, con só uns centímetros de marxe de erro, que ten multitude de posibles aplicacións, unha delas a de axudar á mobilidade de persoas con discapacidade visual.
Con todo, a diferenza do GPS, por agora as tecnoloxías de posicionamento en interiores que realmente alcanzan un nivel de precisión o suficientemente bo como para ser útiles necesitan que se instalen dispositivos nos edificios para ofrecer este servizo.
No caso de Forkbeard, a compañía desenvolveu unhas balizas que se instalan no interior dos edificios e que, utilizando a tecnoloxía existente na maioría dos smartphones actuais, é capaz de ofrecer esta localización precisa.
Ademais das balizas, é necesario tamén o desenvolvemento de aplicacións que aproveiten o sistema de Forkbeard para axudar no guiado de persoas con discapacidade visual ou con outra discapacidade que poidan ter problemas para guiarse, como unha discapacidade cognitiva.
Pero o que está claro é que a tecnoloxía de Forkbeard é revolucionaria e xa está dispoñible para as empresas que queiran instalala nas súas instalacións.
A xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou hoxe abrir o procedemento para contratar o servizo de teleasistencia domiciliaria que ofrece de balde a entidade provincial á veciñanza de 67 concellos. O novo contrato suporá un investimento de 750.000 euros e terá unha duración de dous anos. Implica o incremento do número de prazas ofertadas nun 13%, até chegar ás 1.795. Tamén implica a posta en xogo das máis avanzadas tecnoloxías de seguimento, control e comunicación. Estes e outros datos foron achegados pola voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto.
Segundo fixo saber, o novo prego contempla cousas diversas como o fornecemento gratuíto de unidades de control remoto adicionais; de 48 dispositivos periféricos vinculados ao terminal de teleasistencia (detectores de caídas, de gas, de fumes, de movemento e de presencia), incluíndo a súa instalación, mantemento e prestacións vinculadas aos mesmos; e de 48 terminais de teleasistencia móbil que conten cun sistema de xeolocalización e monitoraxe, que permitan a emisión de alarmas e a localización da persoa usuaria. Tamén están incluídos aparellos que faciliten o uso do servizo a persoas con dificultades de comunicación verbal ou auditiva (dispositivos móbiles con software específico que posibiliten á persoa usuaria activar unha alerta no centro de atención de forma sinxela).
Todas estas melloras non estaban contempladas no contrato do 2013. A voceira provincial socialista subliñou que o servizo de teleasistencia é unha prestación que garante a atención as 24 horas do día e os 365 días do ano a todos os maiores da provincia con dificultades na súa autonomía, favorecendo “a permanencia e a integración no entorno familiar e social das persoas usuarias deste servizo, sobre todo dos que viven no rural”. Grazas a esta iniciativa, dixo “os usuarios e os seus familiares viven con máis tranquilidade, pois saben que contan cun sistema de chamada en situacións de emerxencia”, indicou.
Na era da robótica, a intelixencia artificial e a economía do dato, as organizacións non só demandan perfís tecnolóxicos para poñer en marcha novos avances, tamén necesitan especialistas en humanidades, ciencias da saúde e ciencias sociais e xurídicas, dende filósofos ata avogados que acheguen unha visión ética do negocio.
Neste contexto, a Xunta pon en marcha as Bolsas DigiTalent con 50 prazas para dar resposta á demanda de novos perfís dixitais e facilitar a hibridación entre o sectores TIC e non TIC. Esta actuación articúlase a través dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), as Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA).
Adhesión das entidades colaboradoras
Este mes de outubro iniciarase a comunicación co sector tecnolóxico para que as empresas interesadas poidan adherirse ao proxecto. Na fase de selección de empresas, as entidades poderán expresar as súas preferencias en canto ás áreas de coñecemento ou titulacións dos bolseiros respondendo así ás súas necesidades.
A través desta actuación contribuirase a que as empresas tecnolóxicas poidan acceder a unha canteira de talento que contribúa a cubrir vacantes de postos caracterizados pola confluencia das TIC co resto de ámbitos de coñecemento.
Convocatoria a estudantes
Unha vez seleccionadas as empresas, a previsión é que no mes de xaneiro se abra a convocatoria para que aqueles alumnos e alumnas que cumpran cos requisitos de acceso poidan presentar as súas candidaturas para participar no programa.
Serán un total de 50 bolsas destinadas a estudantes de últimos cursos das áreas de coñecemento seguintes: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, Enxeñaría e Arquitectura. Os interesados en acceder a estas axudas deberán estar matriculados en calquera das tres universidades galegas e ter superado o 75% dos créditos.
Os bolseiros DigiTalent recibirán formación teórico-práctica por un período de tres meses en empresas do sector tecnolóxico que estean a desenvolver proxectos relacionados con tendencias tecnolóxicas emerxentes tales como BigData, tecnoloxías móbiles, deseño de servizos e aplicacións Cloud, ciberseguridade, IoT, blockchain, realidade aumentada, intelixencia artificial, economía colaborativa ou wearables. Estas prácticas non laborais terán una duración de 20 horas semanais e serán remuneradas.
Plan DigiTalent
Estas bolsas enmárcanse no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia 2020, DigiTalent, impulsado pola Amtega para potenciar as vocacións STEM desde idades temperás, promover a adaptación de estudantes, titulados e profesionais á demanda de novos perfís dixitais e maximizar as oportunidades de desenvolvemento profesional na economía dixital.
No marco dos seus tres eixos, neste curso 2019/2020 desenvolveranse un total de 37 actuacións, 18 delas orientadas á impulsar as vocacións científico-técnicas entre o mais novos; outras 13 orientadas a impulsar novos perfís dixitais; e as 6 restantes están orientadas a formar a perfís directivos para liderar a transformación dixital da súa empresa.
Toda a actualidade sobre as actuacións recollidas no catálogo DigiTalent, atópase dispoñible no espazo web digitalent.xunta.gal, ofrece información actualizada (datas, localizacións e instrucións para a participación) sobre as actuacións.
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar a resolución dos 21 centros seleccionados para participar este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) a partir de mañá, cando arrinca a primeira quenda de estadías.
Este campamento de innovación educativa impulsado pola Xunta de Galicia está dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade é totalmente gratuíta para as familias e desenvólvese nos Peares.
A relación de centros seleccionados é a reflectida no seguinte cadro:
Provincia
Concello
Centro
Curso
Quenda
A Coruña
Arteixo
IES Manuel Murguía
1º ESO
1-7/12
A Coruña
Cambre
CEIP Portofaro
5º EP
13-19/10
A Coruña
Carral
CEIP Vicente Otero Valcárcel
6º EP
10-16/11
A Coruña
Cee
IES Agra de Raíces
2º ESO
8-14/12
A Coruña
Cerceda
CPI Plurilingüe O Cruce
1º ESO
17-23/11
A Coruña
Culleredo
CEIP Plurilingüe de Tarrío
6º EP
27/10 a 2/11
A Coruña
Culleredo
CEIP Plurilingüe Ría do Burgo
6º EP
3-9/11
A Coruña
Ferrol
CEIP Cruceiro de Canido
6º EP
10-16/11
A Coruña
Ferrol
IES Sofía Casanova
1º ESO
1-7/12
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Pío XII
5º EP
13-19/10
A Coruña
Santiago de Compostela
CEIP Raíña Fabiola
6º EP
3-9/11
A Coruña
Fene
CEIP Plurilingüe Os Casais
5º EP
20-26/10
Lugo
Láncara
CPI Ramón Piñeiro
1º ESO
24-30/11
Lugo
Lugo
IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes
2º ESO
8-14/12
Lugo
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
1º ESO
17-23/11
Lugo
Viveiro
CEIP Plurilingüe de Covas
5º EP
20-26/10
Ourense
Ourense
IES 12 de Outubro
1º ESO
24-30/11
Pontevedra
Lalín
IES Laxeiro
1º ESO
24-30/11
Pontevedra
O Porriño
CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
6ºEP
27/10-2/11
Pontevedra
Salvaterra de Miño
CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
6ºEP
10-16/11
Pontevedra
Tomiño
CEP Pedro Caselles Beltrán
5ºEP
20-26/10
Edudixital 2020
A Semana STEM forma parte do conxunto de accións da Estratexia galega para a educación dixital (Edudixital 2020) postas en marcha pola Consellería de Educación coa finalidade de fomentar o espírito científico e tecnolóxico entre o alumnado galego.
O seu obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro. Deste xeito, as estadías proporcionan un escenario propicio para desenvolver capacidades, coñecementos e técnicas, a través dunha invitación ao descubrimento, que aumente o seu interese por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
As actividades non só serán académicas, senón tamén de carácter lúdico-recreativo e servirán de reforzo ao programa ordinario do currículo do alumnado nas aulas. Os contidos dos cursos inclúen un programa de actividades académicas, de obradoiros, de tempo libre e deportivas. En calquera caso, a finalidade do programa é promover a convivencia entre o alumnado, o traballo en equipo, o aprender facendo mediante un enfoque “maker”, a creatividade e a motivación para mellorar as súas competencias STEM.