main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

16/10/201912:30
Presentación da iniciativa.
Santiago de Compostela

Alumnado de 50 centros educativos galegos mellorarán durante dous cursos as súas competencias dixitais a través de Digicraft

  • A conselleira de Educación e a directora da Amtega participaron na presentación desta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone
  • Carmen Pomar defendeu o uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas e a necesidade de incorporar contido humanístico para fomentar a comunicación, a capacidade lingüística, o espírito emprendedor, o traballo en equipo e a toma de decisións
  • Mar Pereira enmarcou esta iniciativa no Plan de Promoción do Talento Dixital para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos

 

O alumnado de 50 centros educativos de toda Galicia participará durante dous cursos académicos no proxecto Digicraft, que ten como obxectivo a mellora das competencias dixitais dos máis novos. A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, e a directora da Amtega, Mar Pereira, abordaron esta mañá cos docentes e directores dos colexios participantes esta iniciativa, desenvolvida en colaboración coa Fundación Vodafone España. No acto de apertura participou, tamén, o presidente e CEO de Vodafone España, Antonio Coimbra.

 

A conselleira de Educación salientou que Galicia é unha das poucas comunidades autónomas que está facendo unha aposta “seria e global” polo uso “seguro e crítico” da tecnoloxía nas aulas desde a etapa de infantil, e sempre “coidando incorporar contido humanístico á revolución tecnolóxica que vivimos”. Nesta liña enmárcase o proxecto Digicraft no teu cole xa que -en palabras da conselleira- “fai unha aproximación diferente que trata de achegar os estudantes ao mundo dixital converténdoos en creadores, non como consumidores”. Así, ademais do reforzo de competencias dixitais nas aulas, esta iniciativa vai permitir tamén “outras como a comunicación, aprender a aprender, desenvolver a iniciativa ou o espírito emprendedor, fomentar o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade lingüística oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma”, sinalou Carmen Pomar.

 

Pola súa parte a directora da Amtega dixo que esta iniciativa vén complementar a estratexia de Galicia para avanzar na transformación dixital das aulas e na capacitación dixital dos galegos. Neste sentido, lembrou que a día de hoxe a iniciativa Abalar permite que máis de 120.000 rapaces estuden en aulas dixitais e que neste curso 27.000 alumnos estén a desenvolver a súa actividade académica nunha contorna exclusivamente dixital. Mar Pereira destacou tamén a importancia de espertar as vocacións tecnolóxicas entre os máis novos con propostas como o Digicraft, enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital, DigTalent, ao que está adherido Vodafone e agradeceu que a Fundación Vodafone escollese Galicia como a primeira comunidade na que desenvolver esta iniciativa.

Obxectivos

O proxecto Digicraft no teu cole ten como obxectivo potenciar o desenvolvemento da competencia dixital na infancia e na xuventude, a través dun programa de formación e reforzo das habilidades dixitais e das competencias asociadas do que se beneficiarán máis de 3.800 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ao seu abeiro traballaranse nas cinco áreas competenciais que definen a competencia dixital, en concreto a información e alfabetización informacional, a comunicación e colaboración, a creación de contidos dixitais, a seguridade e a resolución de problemas. Dentro delas abordaranse asuntos como a procura e filtrado de datos, a participación cidadá en liña, a xestión da identidade dixital, os dereitos de autor e licenzas, a programación, a protección de datos persoais e a privacidade ou a identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas, entre outros aspectos.

 

Abordar estas áreas supón, pola súa transversalidade, traballar, ademais da dixital, as competencias en comunicación lingüística, de aprender a aprender o sentido da Iniciativa e espírito emprendedor. Neste sentido, as actividades reforzan o traballo en equipo, a resolución de problemas, a toma de decisións, a capacidade de comunicación oral e escrita, o razoamento crítico e a aprendizaxe autónoma, entre outras.

 

En cada curso académico trabállanse dous itinerarios de 14 horas de duración (un total de 1 h/semana durante 28 semanas lectivas). Estes itinerarios están compostos por unha serie de actividades que van aumentando gradualmente en nivel de dificultade. As actividades combinan o mundo dixital e a tecnoloxía co xogo, o aprender facendo e o desenvolvemento de habilidades motoras.

 

Cada actividade conta cunha guía didáctica na que se explica que competencias (dixitais e xerais) se traballan, os obxectivos que se queren lograr, o material necesario e os pasos para seguir para realizala. Dado que traballa parte das competencias definidas no currículo de primaria, Digicraft no teu cole pódese impartir tanto en horario lectivo como fóra del.

Formación e equipamento

Uns 100 docentes dos 50 centros seleccionados recibirán formación específica para impartir o programa nas aulas. Ademais, dotarase os colexios de 600 tabletas e 100 kits tecnolóxicos instant dixital skills. Estes kits contan con placas de programación básica axeitadas para nenos, materiais para visualizar elementos en realidade aumentada de forma sinxela e manexable; pirámides holográficas que permiten a visualización de hologramas e algúns outros materiais tales como barallas de cartas e taboleiros.

 

Así mesmo facilitaráselles aos centros acceso aos materiais descargables para o desenvolvemento das actividades recollidas no programa.

Centros seleccionados

Os centros seleccionados, que participarán na iniciativa ao longo dos cursos 2019/20 e 2020/21, son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia

Concello

Centro

A Coruña

A Baña

CPI de San Vicente

A Coruña

A Coruña

CEE Nuestra Señora de Lourdes

A Coruña

A Coruña

CPR Calasanz

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Karbo

A Coruña

Ames

CEIP de Barouta

A Coruña

Ames

CPR Alca

A Coruña

Bergondo

CPI Cruz do Sar

A Coruña

Betanzos

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

A Coruña

Carballo

CEIP Xesús San Luis Romero

A Coruña

Cerceda

CPI Plurilingüe O Cruce

A Coruña

Ferrol

CEIP de Pazos

A Coruña

Ferrol

CPR Tirso de Molina

A Coruña

Melide

CEIP Mestre Pastor Barral

A Coruña

Moeche

CEIP San Ramón

A Coruña

Monfero

CEIP Plurilingüe Virxe da Cela

A Coruña

Oroso

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés

A Coruña

Porto do Son

CEIP de Campanario

A Coruña

Santiago de Compostela

CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios

Lugo

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

Burela

CEIP Plurilingüe Vista Alegre

Lugo

Cervo

CEIP de Cervo

Lugo

Foz

CEIP Número 1 de Foz

Lugo

Foz

CPR Nuestra Señora del Pilar

Lugo

Lugo

CEIP Rosalía de Castro

Ourense

Cualedro

CEIP Vicente Risco

Ourense

O Barco

CEIP Condesa de Fenosa

Ourense

Ourense

CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño

Ourense

Ourense

CPR Divina Pastora Franciscanas

Ourense

Ourense

CPR Santo Ángel

Ourense

Toén

CEIP Saco e Arce

Ourense

Vilamartín de Valdeorras

CEIP Xosé Manuel Folla Respino

Pontevedra

A Estrada

CEIP do Foxo

Pontevedra

Baiona

CEIP Fontes

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe La Encarnación

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín

Pontevedra

Cambados

CEIP Corvillón

Pontevedra

Lalín

CEIP Manuel Rivero

Pontevedra

Moaña

CEIP de Domaio

Pontevedra

Moaña

CEIP de Quintela Moaña

Pontevedra

Nigrán

CEIP da Cruz

Pontevedra

O Porriño

CEIP Antonio Palacios

Pontevedra

Poio

CEIP Espedregada

Pontevedra

Sanxenxo

CEIP Plurilingüe de Nantes

Pontevedra

Silleda

CEIP Ramón de Valenzuela

Pontevedra

Tomiño

CEIP Plurilingüe de Tebra

Pontevedra

Tui

CEIP Plurilingüe Número 1

Pontevedra

Vigo

CEIP Plurilingüe Valadares

Pontevedra

Vila de Cruces

CEIP Nosa Señora da Piedade

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CEIP O Piñeiriño

Pontevedra

Vilanova de Arousa

CEIP Plurilingüe Xulio Camba

16/10/201908:00
Logo GPUL School.
A Coruña

GPUL achega unha proposta formativa para iniciarnos nas tecnoloxías libres

grupo GPUL, Grupo de Usuarios e Programadores de Linux con centro de actividades na FIC da Coruña, vén de pór en marcha este outono a GPUL School, unha iniciativa que pretende achegar aos membros máis noveis da comunidade universitaria, así como a calquera outra persoa interesada, ás tecnoloxías libres, co obxectivo de que “lles sexan de utilidade na súa vida profesional”.

O programa ten xa varias actividades previstas, todas elas compartindo a arela común de introducir á xente nova no software libre ao mesmo tempo que se achega un punto firme de reflexión, diversión e liberdade de pensamento. Trátase das seguintes actividades obradoiros: Impresión 3D para dummies, Como facer a túa primeira aplicación Android en Java, LaTex: de cero a Infinity e OK Google! Que opinas de pagar para que unha multinacional te espíe na túa casa?

Quen queira máis información sobre GPUL School e a súa liña de traballo, pode visualizala na web do proxecto. Tamén podemos coñecer mellor ao colectivo GPUL a través da sección Comunidade da iniciativa Coruña Dixital, que é o punto de conexión, posto en marcha polo Concello, de todas as contribucións ao software libre e ás tecnoloxías participativas e maker das comunidades de usuarios e desenvolvedores locais.

16/10/201907:54
Foto dos responsables de DomusVi e do CITIC.
A Coruña

DomusVi e o CITIC fixan novas liñas de colaboración en envellecemento activo

responsable de I+D+i da rede de residencias de maiores DomusVi, Roberto González Novas, visitou os días pasados as instalacións do Centro de Investigación TIC da Universidade da Coruña, o CITIC. Durante a visita, González puido coñecer as capacidades de investigación e de transferencia tecnolóxica que ten o centro para abordar proxectos no ámbito da saúde, do envellecemento activo e da discapacidade mediante o desenvolvemento de solucións innovadoras. A estadía serviu para establecer novas liñas de colaboración e comezar a traballar en futuros proxectos que permitan mellorar a calidade de vida e a autonomía das persoas.

A experiencia tivo precedentes directos no traballo conxunto do CITIC e DomusVi levado a cabo ao abeiro do proxecto Geria-TIC, que ten o obxectivo de aplicar as novas tecnoloxías e o medicamento participativo para favorecer o empoderamento das persoas maiores e o envellecemento activo.

DomusVi é a maior rede de centros e servizos de atención ás persoas, onde ademais de ofrecer atención especializada a persoas maiores e de saúde mental, apóstase pola importancia de impulsar con actividades avanzadas a calidade de vida nas persoas maiores e evitar, deste xeito, a deterioración asociada á idade e previr patoloxías derivadas do sedentarismo.

15/10/201908:40
Logo do Scratch Day.
Santiago de Compostela

Escolares galegos achéganse ao hardware no V Scratch Day, o 26 de outubro en Compostela

O sábado 26 de outubro terá lugar no hotel Los Abetos de Compostela o V Scratch Day, unha iniciativa do CPETIG coa colaboración da Amtega, dirixida a escolares de entre 7 e 15 anos que terán a oportunidade de aprender a programar co seu ordenador. Trátase dunha sesión práctica, na que se mestura aprendizaxe e entretemento, e na que a cativada debe asistir acompañada polos pais ou as nais, é dicir, un adulto con cada escolar, co propósito de que o coñecemento adquirido no Scratch Day poida ter continuidade no fogar. A edición deste ano inclúe tamén un obradoiro dirixido ao profesorado.

Como novidade sobre anteriores edicións, os escolares participantes, que deben levar ordenador portátil, traballarán esta vez con elementos hardware, aprendendo a programar accións sinxelas destes elementos e presenciando demostracións prácticas dos mesmos.

O V Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática desde idades temperás no entorno da familia, de xeito que os escolares poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tendo en conta que a través da programación se incentiva a creatividade, o emprendemento e a cultura libre, e mellora a motivación, a autonomía e a capacidade de resolución de problemas.

Pero amais, o CPETIG pretende que esta iniciativa contribúa a eliminar mitos en relación á programación informática e a superar desde a infancia os estereotipos de xénero sobre este área do coñecemento, difundindo as posibilidades que ofrecen as TIC e reducindo a fenda dixital de xénero.

Asemade, o CPETIG concibe esta formación no contexto da familia por considerar decisiva a implicación dos pais e das nais, como apoio e motivación para que os seus fillos se sintan atraídos cara á programación informática, de xeito que esta actividade non sexa unha excepción, senón o principio dun labor a seguir no fogar.

Máis información e inscricións en V Scratch Day 2019

15/10/201908:28
Moza usando un ordenador.
Santiago de Compostela

O CPETIG e a Amtega poñen en marcha a campaña “Máis mulleres informáticas” para fomentar as vocacións TIC femininas

  • É unha iniciativa enmarcada no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent
  • A campaña será difundida en redes sociais e medios dixitais durante a segunda quincena de outubro

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPETIG), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), pon en marcha unha campaña de sensibilización para fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as mulleres.

A campaña, enmárcase no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia, DigiTalent, para impulsar as vocacións tecnolóxicas, os novos perfís dixitais e reforzar as capacidades dos profesionais que teñen que liderar a transformación dixital.

A peza principal da campaña é un vídeo de 40”, que se completa con tres colas de 20”, orientado a combater estereotipos e visibilizar as capacidades das mulleres para os estudos de Informática. O vídeo pecha coa reivindicación “Máis mulleres informáticas, programadas para que nada nos pare” 

A idea creativa trata de construír unha historia de motivación a través de actitudes e roles relacionados co papel atribuído históricamente á muller e establecendo a partir de aí vínculos con roles técnicos e ligados coa tecnoloxía. É dicir, trátase de utilizar como punto de partida as características emocionais e roles tradicionalmente femininos e, desde eles, facer unha transición natural cara a tarefas e responsabilidades propias do exercicio da enxeñaría informática.

Vídeo da iniciativa

Plan DigiTalent

Entre as actividades do Plan DigiTalent están aquelas orientadas a reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos científico-tecnolóxicos, nas que o alumnado feminino apenas se sitúa no 30%, e que se reflicte nas cifras de emprego no sector tecnolóxico, cunha porcentaxe do 31,6% de mulleres. 

Ademais, só o 9,7% das mulleres que traballa no sector desenvolve funciones TIC, fronte ao 40,9% dos homes e só o 15,2% das empresas TIC galegas contan con mulleres en postos de dirección, unha porcentaxe soa testemuñal nun tipo de posto onde predomina os homes. Esta situación aínda se acentúa máis cando se analiza o persoal dedicado a I+D+i, no que a presenza de mulleres está no 12,3%.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS