main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

30/03/202012:41
Cartel do certame de regueifas.
Santiago de Compostela

Santiago envórcase co lecer no fogar baixo o cancelo #Compostelaquedanacasa

O Concello de Santiago activou unha campaña nas redes para agrupar todo tipo de propostas de actividades culturais e sociais nas que se participar de cheo, grazas ás novas ferramentas dixitais, en tempos de reclusión e restricións por mor do COVID-19. Baixo o cancelo #Compostelaquedanacasa, o Goberno local ofrece á veciñanza unha chea de recursos docentes, culturais e deportivos que se están a por a disposición das familias e dos nenos e nenas para que, nas súas palabras, “o tempo de confinamento se converta en tempo de ocio”.

A longa listaxe de propostas comeza cos recursos do Departamento de Lingua do Concello de Santiago, e prosegue con, entre outras actividades, Atopando Compostela, un xogo en liña para coñecer a riqueza que encerran os nomes de lugar mentres nos movemos virtualmente polo municipio compostelán.

A listaxe tamén inclúe outras importantes actividades como Conto Viaxeiro (libros dixitais escritos e ilustrados colectivamente dende as aulas dos centros de Santiago, historias en vídeo e máis propostas para facer na casa con nenos e nenas de Primaria), Enreguéifate (unha proposta para a mocidade que ten o obxectivo de encher a Rede de regueifas e, ao mesmo tempo, preparar algunha para a convocatoria do certame deste ano), Youtubeir@s (vídeos nosos para encher de creatividade audiovisual galega as redes sociais) e Apego (recursos de todo tipo para as parellas que están agardando un bebé, entre os que atoparemos información sobre o ben que lles fai falarlles en galego aos nenas e nenos dende idades temperás).

CompostelaCreanaCasa

Pola súa banda, o Departamento de Mocidade, a través dos seus perfís oficiais en redes sociais e os perfís do Centro Xove da Almáciga lanzou a iniciativa #CompostelaCreanaCasa para animar á mocidade creativa de Santiago a compartillar o seu talento creativo con vocación “lúdica e formativa”. Esta actividade xa acadou máis dunha decena de participacións. As persoas interesadas en participar poden poñerse en contacto coa Concellería de Mocidade en Facebook Twitter ou Instagram e enviar o seu vídeo a través de sistemas para compartir contidos como WeTransfer, Dropbox ou Google Drive.

30/03/202009:35
Inauguración do curso de programacion web en decembro de 2019.
Madrid

Unha trintena de persoas con discapacidade inician a segunda fase do curso de programación web da Fundación ONCE

  • Dentro do programa Por Talento Dixital iníciase a segunda fase do curso de programación web da Fundación ONCE.

Un total de trinta persoas con discapacidade de Madrid, Barcelona e Valencia comezaron a segunda fase do curso 'Programación para Non Programadores', que se leva a cabo dentro da iniciativa Por Talento Dixital da Fundación ONCE, coa colaboración de Inserta Empleo e o provedor da formación, OPINNO.

O curso de programación web comezou o pasado mes de decembro con medio cento de alumnos. Esta segunda fase, que debía ser presencial en cada unha das tres sedes, reconverteuse á modalidade online dada a situación de Estado de Alarma decretada en España polo coronavirus.

O programa formativo consta de dúas fases. A primeira, que xa finalizou, contou co cofinanciamento da Fundación Vodafone España, e durante as súas 250 horas serviu para fixar os conceptos e tecnoloxías básicas de programación, a través de linguaxes como C# ou Java.

Segunda fase

A segunda fase, que comeza agora, é unha formación especializada de 550 horas en programación web, front e backend, onde os alumnos aprenderán fundamentos web baseados en estándares como Javascript, CSS, HTML, Angular ou next js. 

Para esta nova modalidade online está a utilizarse a plataforma Discord (que permite crear grupos de traballo, aulas, etc.) así como a extensión Visual Studio Code para compartir o código de desenvolvemento. Foi necesario implementar algunhas adaptacións de accesibilidade para asegurar o acceso en igualdade de condicións a todo o alumnado neste novo formato. Por exemplo, para unha alumna con discapacidade auditiva na sede de Madrid incorporouse unha ferramenta de subtitulado automático que permite seguir as explicacións do profesor. Ademais, para outro alumno xordo signante de Barcelona dispúxose unha ferramenta para que poida contar coa intérprete de lingua de signos en remoto.

As clases finalizarán o próximo mes de outubro e nelas, ademais da formación teórica, tamén se previu a realización de prácticas en empresas. Neste sentido desde a Fundación ONCE queremos facer un chamamento ás empresas que queiran sumarse ao Programa Por Talento Dixital, para aproveitar esta oportunidade de incorporar diversidade aos seus equipos con profesionais con discapacidade con esta formación especializada (contactar a portalentodigital@fundaciononce.es). Algunhas empresas que xa o fixeron anteriormente con outros cursos do Programa son Fundación Mapfre, ILUNION, Altran ou Accenture, entre outras.

Desta maneira, a pesar das restricións impostas polo Estado de Alarma, a Fundación ONCE continúa impulsando a formación en competencias dixitais e profesións tecnolóxicas adaptándose ás novas circunstancias. Este esforzo tamén se realizou na rede de servizos de emprego a persoas con discapacidade demandantes de emprego e a empresas a través de www.portalento.es.

30/03/202008:59
Logo CCN-Cert.
Santiago de Compostela

O CCN-CERT fomenta a formación en ciberseguridade cun novo curso online

  • Neste curso, dispoñible no portal do CCN-CERT, trataranse temas como a protección do correo electrónico, navegación segura, virtualización, seguridade en dispositivos móbiles e redes sen fíos, entre outros contidos.

Ante a crise xerada polo COVID-19 e a importancia que ten a ciberseguridade nestes momentos, o Centro Criptolóxico Nacional continúa coa súa campaña de concienciación e formación na materia.

O CCN desenvolveu un novo curso online sobre principios e recomendacións básicas en ciberseguridade, cunha duración de 10 horas, ao que poderá inscribirse todo aquel usuario que estea interesado en adquirir coñecementos básicos sobre ciberseguridade. O curso tamén estará dispoñible na parte privada do portal, para que os usuarios rexistrados na web do CCN-CERT, que accedan a esta formación, poidan recibir un certificado de finalización do curso.

Para conformar o programa deste curso, utilizouse como base a información xa desevolvida no Informe de Boas Prácticas CCN-CERT BP/01 Principios e recomendacións básicas en ciberseguridade, dispoñible para a súa consulta na parte pública do portal do CCN-CERT, e afóndase nalgúns temas como, por exemplo, o que desenvolve as ameazas do ciberespazo. Nesta formación, na que se recollen tamén as medidas fundamentais para manter a seguridade nas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), trátanse os seguintes aspectos:

  • Factores da ameaza
  • Internet profunda
  • Aplicacións
  • Navegación segura
  • Correo electrónico
  • Virtualización
  • Seguridade en dispositivos móbiles
  • Seguridade en redes sen fíos
  • Mensaxería instantánea
  • Internet das Cousas (IoT)
  • Política de seguridade

Ademais, a formación inclúe como material de apoio algunhas das principais Guías CCN-STIC coas que ampliar o contido e afondar nalgún dos temas impartidos.

Outras iniciativas para concienciar

Este novo curso súmase a outras iniciativas impulsadas polo CCN-CERT en materia de concienciación e formación, como a publciación dunha serie de recomendacións ante as campañas de malware (CiberCOVID19), tanto de phishing como de desinformación ou prevención de incidentes, ou o fío creado en Twitter baixo os hashtag: #NoTeinfectesConElMail e #CiberCOVID19 que vai actualizando a medida que aparecen novas campañas aproveitando a crise do coronavirus.

Así mesmo, e conscientes da vulnerabilidade que pode chegar a representar a xeneralización do teletraballo, o CCN-CERT tamén publicou un Informe de Boas Prácticas baixo o título de: CCN-CERT BP/18 Recomendacións de Seguridade para situacións de teletraballo. Reforzo en vixilancia.

Nel, e dado que numerosas organizacións, públicas e privadas, tiveron que implantar nun tempo moi reducido solucións de teletraballo, faise especial incidencia nos seguintes aspectos: acceso remoto seguro, correo electrónico, videoconferencias e reunións virtuais, vixilancia, recomendacións xenéricas e medidas de prevención de incidentes.

30/03/202008:50
Houseparty.
Santiago de Compostela

Como funciona Houseparty e por que é a app que elixen os mozos para facer videochamadas na corentena

  • Permite xogar trivias ou ao Pictionary, en videoconferencias de ata oito persoas. A empresa que desenvolve o videoxogo Fortnite, entre outros, está asociada a esta aplicación.

É unha das apps para facer videochamadas do momento en varios países. Hai unha semana, segundo datos da plataforma Sensor Tower, Houseparty era a aplicación máis descargada en Portugal e España, e situábase entre as favoritas en Perú, Arxentina, Chile, Austria, Bélxica e Reino Unido.

Existe desde 2016. Con todo, en corentena preséntase como unha opción diferente para encontros virtuais. Non se trata de meras reunións que poderían facerse en Zoom, senón que a plataforma inclúe xogos. Por iso, sitúase como unha das apps favoritas da xeración centennial (a partir de 1995) en corentena.

Houseparty naceu fai catro anos en San Francisco, California. O seu creador, Ben Rubin, tamén desenvolveu a app de videochamadas Meerkat (que xa non existe). En xuño de 2019, a app uniuse a Epic Games, a empresa desenvolvedora de videoxogos detrás de Fortnite.

A aplicación dispoñible de forma gratuíta para MacOS, Chrome, IOS e Android, permite realizar videochamadas de ata oito participantes. O seu diferencial é que ten xogos similares ao Quen é Quen ou Pictionary. Mentres toma lugar a videoconferencia, hai unha icona de dados na pantalla que, ao tocalo, desprende os xogos.

Seguir lendo na fonte da noticia...

27/03/202012:24
Mans sobre un teclado.
Madrid

A Fundación ONCE e Inserta impulsan o Plan '#QuédateEnCasa' de formación en liña en habilidades para o emprego para as persoas con discapacidade

A Fundación ONCE e Inserta, a súa entidade para a formación e o emprego das persoas con discapacidade, puxeron en marcha o Plan '#QuédateEnCasa', unha batería de cursos en liña para que quenes compoñen este colectivo poidan seguir formándose nestes momentos de crise sanitaria como consecuencia do COVID 19. Estes cursos, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, melloran as condicións de acceso ao emprego das persoas con discapacidade.

 

Esta oferta formativa gratuíta está composta por unha vintena de cursos divididos en tres bloques. Un deles céntrase en habilidades para a inserción no emprego, e aborda temas como mecanografía; manipulación de alimentos; redacción e presentación de informes; prevención de riscos; finanzas; vendas; orientación ao cliente; xestión do tempo na procura de emprego e emprendemento, entre outros.

 

Os outros dous bloques permitirán aos beneficiarios profundar nos seus coñecementos de idiomas, así como en destrezas das principais ferramentas tecnolóxicas que se requiren.

 

Os interesados poden escribir ao seguinte correo electrónico: atencioncliente.inserta@fundaciononce.es, indicando no asunto do mesmo 'teleformación'.

 

Inserta proporciona aos alumnos as destrezas profesionais que lles permitan un rendemento competitivo no mercado de traballo e o desenvolvemento de aptitudes e habilidades persoais para conseguir a plena participación na súa contorna laboral e social. 

 

Estes cursos enmárcanse nos programas operativos de Inclusión Social e da Economía Social (Poises) e de Emprego Xuvenil (POEJ), que está a desenvolver Fundación ONCE a través de Inserta, co cofinanciamento do Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, para incrementar a formación e o emprego das persoas con discapacidade.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS