main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

06/04/202008:44
Ciberdelincuente.
Madrid

Os ciberdelincuentes non fan corentena: os ataques aumentan polo coronavirus

O aumento do uso da internet, da cantidade de cidadáns que desde hai días traballan desde as súas casas e a maior sensibilidade polo Covid-19, son o caldo de cultivo perfecto para que medren os cibertataques.

O pasado domingo 22 de marzo, a Policía Nacional detectou un ataque informático que pretendía bloquear os computadores dos hospitais españois mediante o envío ao persoal sanitario de correos electrónicos con suposta información sobre o coronavirus, pero cun virus oculto. Segundo o director adxunto operativo da Policía Nacional, José Ángel González, tratábase dun ataque tipo ransomware cuxo obxectivo era "romper todo o sistema informático dos hospitais".

Seguir lendo na fonte da noticia...

06/04/202008:37
Vista cenital dunha mesa cun portátil branco e plantas e unha taza de café.
Ribeira

A aula CeMIT de Ribeira aposta pola teleformación para a cidadanía con tres novos cursos

O Concello de Ribeira vai apostar de cheo por dar continuidade ao importante labor formativo (formación tecnolóxico-dixital) da súa aula CeMIT, a día de hoxe, por mor do COVID-19, imposibilitada para seguir dando servizo presencial. Porén, tendo en conta as amplas posibilidades que ofrecen os actuais recursos informáticos e de telecomunicación, a aula ofrecerá á veciñanza coñecementos tecnolóxicos a distancia mentres “persista a situación”. Os contidos trasladaranse aos usuarios a través da plataforma EMA. Foi unha das medidas tratadas hoxe na Comisión Municipal de Seguimento do COVID-19 do Concello de Ribeira.

Segundo se fixo saber, serán tres os cursos que se van ofrecer á veciñanza: un de alfabetización dixital, outro de capacitación dixital e un terceiro sobre innovación social. Para poder acceder a eles abonda con estarmos dados de alta como usuarios na aula CeMIT (no caso de non estalo pódese facer cubrindo un formulario online na web do espazo de formación) e escoller o curso desexado. Calquera dúbida pódese enviar por correo electrónico.

06/04/202008:31
Mans tecleando nun portátil.
Boiro

A aula CeMIT de Boiro achegará formación TIC á cidadanía durante o confinamento

Co fin de seguir adiante co seu labor formativo e capacitador adaptándoo plenamente ás contornas virtuais ao mesmo tempo que ofrece alternativas de lecer e adestramento para a cidadanía nestes tempos de confinamento nos fogares, a aula CeMIT do Concello de Boiro preparou novas actividades para esta primavera. En primeiro lugar vai retomar os cursos que estaban a impartir e que tiveron que suspenderse por mor do Estado de Alarma, para “despois traballar en novas propostas de programación".

O primeiro dos cursos que se retomou é o de Ofimática Divertida, no que participan un total de 20 nenos e nenas que esta semana retomaron xa a actividade formativa. Segundo informou o Concello, esta mesma semana estanse a reactivar tamén as clases do grupo de Informática Nivel Usuario no que participan 12 persoas. Respecto da fórmula empregada para dar continuidade á actividade formativa, o alumnado recibe as leccións a través do enderezo electrónico para que poidan seguir coa aprendizaxe durante o confinamento. O Concello de Boiro engadiu que os vindeiros días iranse reactivando os demais cursos que se estaban a impartir, “unha oferta formativa que se combina cos cursos de teleformación que están xa en funcionamento e que engloban actividades como Administración Electrónica, trámites electrónicos en Internet, xogos de adestramento mental, comercio electrónico, mercadotecnia en redes ou vendas no muro”. Para inscribirse nestes cursos, as persoas usuarias teñen que rexistrarse na Rede CeMIT.

Toda a oferta formativa dos cursos de teleformación pode consultarse a través da páxina web do Concello de Boiro ou directamente contactando coa Aula CeMIT.

05/04/202012:42
Mans tecleando nun portátil.
Santiago de Compostela

Preto de 11.000 empregados públicos da administración autonómica teñen acceso ao teletraballo

  • A activación de 10.000 conexións para o traballo a distancia nos últimos quince días, xunto coas ferramentas para a tramitación electrónica garanten a continuidade da administración online
  • Nestes días asináronse dixitalmente 82.000 documentos, incrementáronse nun 86% as consultas á plataforma de interoperabilidade e chegaron a duplicarse as notificacións electrónicas
  • Realizáronse máis de 500 sesións de videoconferencia, nas que interviñeron preto de 2000 empregados públicos
  • Vén de publicarse unha guía específica para a xestión do teletraballo na Administración autonómica
  • Reforzáronse as infraestruturas TIC para garantir a dispoñibilidade das canles telemáticas para os cidadáns como a sede electrónica, cuxo uso aumentou máis dun 61% nalgunha xornada
  • Para facilitar as xestións online ampliouse o período de validez do sistema Chave 365 durante o tempo que dure o estado de alarma

Un total de 11.000 empregados públicos da Administración xeral autonómica poden traballar desde a casa a día de hoxe. Nos últimos 15 días a Xunta multiplicou por dez o número destas conexións ao escritorio remoto, que permiten, tamén, o acceso as plataformas de tramitación electrónica de expedientes coas que conta a Administración autonómica.

Esta media, xunto co reforzo das infraestruturas TIC, forman parte do Plan de Continxencia Tecnolóxica que a Xunta puxo en marcha para garantir o funcionamento dos servizos dixitais e a relación telemática dos cidadáns coa Administración durante a crise do coronavirus.

Máis uso das plataformas de tramitación electrónica

Desde a entrada en vigor da situación de emerxencia sanitaria en Galicia boa parte ferramentas que posibilitan a tramitación electrónica de expedientes experimentaron un incremento de uso.

A plataforma de interoperabilidade Pasaxe!, que permite a consulta de documentos e certificados que xa obra en poder da Administración (DNI, títulos, certificados bancario..) incrementou nun 86% o número de consultas; as notificacións telemáticas chegaron a duplicarse respecto aos valores habituais superando as 13.000 nalgunha xornada. As plataformas para a sinatura dixital permitiron a rúbrica electrónica de máis 82.000 documentos. O volume de correos electrónicos acadou incrementos de ata o 90%.

Ademais das plataformas existentes, para facilitar o traballo non presencial a Xunta puxo a disposición dos empregados públicos outros servizos dixitais como o de videoconferencia, que permitiu más de 500 xuntanzas de traballo online durante este período, nas que participaron preto de 2000 persoas.

Cómpre lembrar que os empregados públicos continúan tendo á súa disposición os Centros de Atención ao Usuario, que ampliaron o seu horario e garanten o soporte telemático ante dúbidas ou incidencias.

Como apoio complementario a Xunta vén de publicar unha guía específica sobre o teletraballo para empregados públicos, dispoñible no portal corporativo e na intranet, na que poden atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto.

Sede electrónica, Chave 365

A sede electrónica e as oficinas virtuais da Xunta son, nese momento, as portas de entrada á Administración na Rede para a xestión online. A súa dispoñibilidade é clave para garantir a relación telemática dos cidadáns coa Administración e a xestión daqueles trámites abertos nese momento, como a presentación de ERTES ou a solicitude de axudas como as de comedores escolares. O uso da sede electrónica acadou nestes días incrementos no seu uso superiores ao 61%.

Para facilitar a xestión online dos cidadáns, a Xunta vén de ampliar o período de validez do sistema Chave 365 a aqueles usuarios que lles expire durante o estado de alarma e polo tempo que dure o mesmo. Ademais, exime aos usuarios da obrigatoriedade de modificar anualmente a clave de acceso. As persoas ás que lles corresponda realizar este cambio durante a vixencia do estado de alarma poderán seguir utilizando o sistema mentres se manteña esta situación.

Chave 365 é un sistema de claves concertadas a través do móbil que permite a xestión online sen ter que empregar o DNI electrónico ou os certificados dixitais.

 

03/04/202009:11
App para medir o estado de ánimo. Foto: UGR.
Granada

Unha 'app' mide o estado de ánimo dos españois durante a crise do COVID19

  • Unha iniciativa da Universidade de Granada ten como obxectivo analizar o impacto psicolóxico da crise e ofrecer datos a tempo real do estado emocional da poboación española

Científicos da Universidade de Granada (UGR) puxeron en marcha o proxecto CoVidAffect, que pretende analizar o impacto da crise do coronavirus e ofrecer datos en tempo real do estado emocional da poboación, a través dunha aplicación de teléfono móbil e mentres dure o estado de alarma.

O proxecto é unha colaboración entre investigadores do Centro de Investigación Mente, Cerebro e Comportamento (CIMCYC) e o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (CITIC) da Universidade de Granada. O obxectivo é coñecer en tempo real a resposta emocional da poboación fronte a novas medidas, noticias e sucesos, e detectar situacións que posiblemente requiran a mobilización de recursos para o apoio psicosocial.

Mediante unha aplicación móbil (app), deseñada especificamente para este proxecto, rexistrarase o estado emocional ao longo do día, xeraranse mapas da distribución xeográfica e a evolución temporal do estado de ánimo no territorio español, e analizaranse os datos para proporcionar índices de regulación emocional e resiliencia psicolóxica.

Recollida de información

A aplicación móbil unicamente recollerá datos relacionados coas preguntas formuladas. En ningún momento recolleranse datos doutras aplicacións instaladas no dispositivo, datos de xeolocalización, datos de voz ou imaxes. Para protexer a privacidade dos usuarios, a información recollida sobre eles será totalmente anónima, e etiquetarase tan só cun código numérico xerado de forma aleatoria.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) e os gobernos de todo o mundo recoñecen que a crise do coronavirus e as medidas de confinamento para a súa contención están a exercer un forte impacto psicolóxico sobre a poboación.

O obxectivo do proxecto CovidAffect é achegar información sobre os aspectos máis humanitarios e psicosociais desta crise que poderían contribuír na toma de decisións por parte das autoridades competentes.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS