main content

main content

Novas Faite Dixit@l

Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...

26/08/202012:20
Aula CeMIT de Poio.
Poio

A aula CeMIT de Poio volve con nove obradoiros en setembro

aula CeMIT de Poio vai retomar a súa actividade en setembro, logo das interrupcións motivadas pola crise sanitaria e pola chegada do verán. O espazo de dinamización dixital regresará cunha oferta de nove obradoiros de balde que xirarán arredor da creación e deseño de contidos dixitais en formato revista, da iniciación a Internet, da introdución ao uso do correo electrónico, do manexo das redes sociais, dos servizos de mensaxes instantáneas e presentacións online, do emprego de procesadores de texto e servizos na nube e do deseño de carteis e folletos.

Respecto á dispoñibilidade das instalacións da aula CeMIT de Poio, prolongarase o horario de verán até o 16 de setembro, para pasar logo ao horario de inverno con acceso gratuíto previa inscrición de 9.30 a 12.30 horas. Para participar nos obradoiros, terá prioridade a veciñanza empadroada en Poio. Os cursos están destinados a persoas maiores de 14 anos.

26/08/202008:36
Sala con computadores.
Madrid

Bemyvega, un proxecto murciano apoiado pola Fundación ONCE que facilita unha volta ao cole inclusiva

  • Bemyvega forma parte de 'espacIA', a iniciativa de aceleración de emprendedores sociais da Fundación ONCE que conta xa con seis startups.

A startup murciana de 'Bemyvega', xunto con 'Park4dis' e 'Supergiz', acaban de asinar senllos convenios coa Fundación ONCE para formar parte de 'espacIA', a iniciativa de aceleración de emprendedores sociais con impacto no colectivo de persoas con discapacidade posta en marcha fai un par de anos pola entidade social.

'Bemyvega' é un sistema de gravación, retransmisión e seguimento de clases, congresos, presentacións ou eventos, que facilita o acceso á información que se difunde neles.

O sistema 'Bemyvega' permite que quen queira seguir unha clase, xa sexa de forma presencial ou en streaming, dispoña do sinal da imaxe con seguimento do docente, da imaxe da lousa (se a hai), do sinal da pantalla e do audio do discurso do relator en calquera dispositivo intelixente propio do que dispoña (teléfono móbil, Tableta ou PC) en tempo real.

Con este equipo, certas persoas con discapacidade visual ou auditiva poden ter acceso completo en tempo real a toda a información necesaria para o seguimento da sesión, co que pode facilitar a volta ao cole dalgúns nenos con discapacidade.

Pola súa banda, 'Park4dis' naceu como solución ás dificultades que atopan as persoas con mobilidade reducida (PMR) en España cando se desprazan en coche. É unha única plataforma (web e App) que agrupa información sobre a localización de máis de 23.000 prazas PMR, e sobre a normativa aplicable en máis de 60 municipios.

Por último, 'Supergiz' é un proxecto deseñado e producido por Autofabricantes. Concibido inicialmente como un sistema de prótese para nenos con ausencia ou certas parálises de man ou parte do brazo, aínda que actualmente estase utilizando tamén en adultos. É un programa de código aberto e fabricado en impresión 3D con máis de 2.000 descargas.

Aceleradora 'espacIA'

Con estes tres emprendedores, xa son seis os que integran o proxecto 'espacIA'. Cada un deles conta cun servizo de aceleración a medida e un mentor, ademais de recibir asesoramento e consultoría. Neste sentido, a carteira de servizos de 'espacIA' é ampla e inclúe desde un asesoramento en materia legal, fiscal ou de desenvolvemento de negocio na fase de empresas, ata a preparación dun plan de negocio, discurso ante investidores ou identificación de aspectos claves na posible incorporación de talento para fases máis iniciais, entre outros.

Os emprendedores seleccionados dentro do proxecto de aceleración 'espacIA' deben dedicar, durante o exercicio seguinte ao comezo da explotación comercial do seu proxecto, polo menos 20 horas anuais ao desenvolvemento de labores de mentorización dos proxectos beneficiarios das seguintes edicións.

Ademais, terán que destinar o 5% dos beneficios que obteñan durante os cinco primeiros anos como consecuencia da explotación comercial do proxecto seleccionado a dotar un fondo económico que se dedicará a novas iniciativas con impacto na mellora das condicións de vida das persoas con discapacidade.

26/08/202008:29
Unha persoa le as indicacións en braille nun ascensor.
Madrid

Tecnoloxía para a accesibilidade en ascensores para persoas con discapacidade

Os ascensores moitas veces son a porta de entrada a vivendas e oficinas, polo que a súa accesibilidade é clave para facilitar a mobilidade e autonomía de moitas persoas con discapacidade e persoas maiores. Unha mellor accesibilidade para a que a tecnoloxía é clave.

Conscientes disto, a Fundación ONCE asinou un convenio de colaboración coa compañía Nayar Systems para buscar fórmulas para mellorar a accesibilidade dos ascensores a través da tecnoloxía.

Desta forma, as dúas entidades traballarán conxuntamente no desenvolvemento de actuacións para promover a accesibilidade dos ascensores e a adopción de tecnoloxía que facilite o uso destes elementos por todas as persoas.

Os ascensores son elementos fundamentais para a accesibilidade de moitas vivendas e edificios, pero débese garantir que todas as persoas os poidan utilizar para o que é fundamental o uso adecuado da tecnoloxía.

Ademais de que a tecnoloxía debe estar dispoñible, é tamén moi importante a concienciación dos propietarios sobre a necesidade de que o acceso ao seu edificio ou local sexa accesible para as persoas con discapacidade e as persoas maiores.

26/08/202008:17
Aula CeMIT de Boiro.
Boiro

A aula CeMIT de Boiro retoma con catro cursos a súa actividade presencial

aula CeMIT de Boiro, o punto neurálxico da formación tecnolóxica local, retoma este mes de setembro a formación presencial, seguindo rigorosas medidas de seguridade e distanciamento. Ao abeiro desta recuperación da actividade tradicional o Concello e a asociación ComparTIC desenvolverán unha serie de cursos de informática. Haberá obradoiros de formación presencial, que se suspenderon durante o confinamento, cun total de catro cursos. A aula CeMIT boirense está situada nas dependencias do Centro Social de Boiro.

O primeiro dos cursos que se vai impartir é o de Inicio á Informática, os días 7, 8, 9, 10 e 11 de setembro. Vaise impartir tamén un de Inicio a Internet, os días 14, 15, 16 e 17. O de Trámites online, co que se van achegar as directrices básicas para facilitar xestións en Internet, será os días 28 e 29 de setembro, e tamén se vai impartir un obradoiro de Sistema de videoconferencias que será os días 30 setembro e 1 de outubro.

O horario de todos os cursos vai ser de 10:00 a 12:30 horas. As inscricións para todos os cursos de setembro están xa abertas e poden facerse no enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35. Ademais dos cursos presenciais, desde a aula CeMIT séguense a impartir cursos online de diversas modalidades.

25/08/202008:30
Imaxes da aplicación Close2Ou con algunhas das preguntas ao paciente.
Madrid

Unha app monitora a saúde de pacientes con cancro a cambio de recursos motivacionais

  • A gamificación, cada vez máis presente en contornas escolares, tamén funciona noutros como o sanitario. Investigadores da Universidade Complutense de Madrid e da Universidade de Zaragoza desenvolveron a aplicación Close2U, para que o persoal sanitario monitore o estado de ánimo e a dor física dos pacientes con cancro a partir de enquisas diarias.

 

aplicación para dispositivos electrónicos Close2U, desenvolvida por investigadores da Universidade Complutense (UCM) e a Universidade de Zaragoza, monitora o estado de saúde físico e mental dos pacientes con cancro a través da gamificación.

Os usuarios enchen unha serie de enquisas diarias sobre o seu estado emocional e as zonas de dor. A cambio, a aplicación devólvelles recompensas en forma de consellos ou cancións, recursos que aumentan a súa motivación.

'O uso da gamificación permitiu que se poida seguir aos pacientes de cancro de maneira máis continuada, obtendo información frecuente acerca do seu estado de ánimo. Isto permite detectar se están a sufrir depresión, tensión ou dor entre outros', explica Iván García-Magariño, investigador do departamento de Enxeñería do Software e Intelixencia artificial da UCM.

Este estudo levouse a cabo en colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro (AECC), principalmente coa súa sede de Teruel, na que pacientes da asociación probaron a app.

Os investigadores de ambas as universidades analizaron os resultados destas probas e describiron o desenvolvemento da aplicación en Journal of Biomedical Informatics e en Journal of Healthcare Engineering.

Intercambio de recursos entre pacientes

Por exemplo, na pregunta 'Como durmiches?', o usuario ten que marcar o punto nunha liña horizontal na que os extremos son moi mal e moi ben, mentres que en 'Que partes do teu corpo che doen?', a pantalla mostra unha figura humana na que o paciente marca os puntos de dor.

A información derivada das súas respostas é recibida polo profesional médico de hospitais ou asociacións.

A cambio, os consellos e as cancións das recompensas 'permiten que os usuarios teñan momentos divertidos e agradables que tamén poden compartir con outros pacientes de cancro para apoiarse uns a outros', destaca García-Magariño.

O investigador da UCM adianta que están a traballar na integración con outros dispositivos como mobles e pulseiras intelixentes. 'Non sabemos exactamente cando teremos dispoñibles os nosos produtos para o público en xeral, e dependerá dos medios que teñamos e o interese dos potenciais usuarios', conclúe.

Close2U enmárcase dentro das accións da e-Health, cumprindo obxectivos como a captura de información automático sen depender de accións explícitas por parte dos usuarios ou a análise intelixente da información, alertando ao persoal sanitario en casos necesarios.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS