
Queres manterte ao día de todo o que acontece ao teu redor no mundo dixital? Consulta as novidades sobre cursos, actividades, ferramentas, novas aplicacións das TIC, proxectos innovadores...
O xurado da VI edición dos Premios Discapnet ás Tecnoloxías Accesibles da Fundación ONCE, presidido por Miguel Carballeda, presidente do Grupo Social ONCE, seleccionou a 12 finalistas do cento de candidaturas presentadas entre as catro categorías desta convocatoria, cuxos premios se entregarán nun acto previsto para o próximo outono en Madrid.
Os devanditos premios recoñecen as mellores iniciativas e accións no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) aplicadas á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade , así como ás empresas, entidades ou organizacións que desenvolvesen un labor continuado no campo da accesibilidade TIC.
Nesta edición, os galardóns introducen por primeira vez unha categoría dedicada ao medio de comunicación que máis destacase por difundir proxectos, produtos e servizos relacionados coas tecnoloxías accesibles, de forma que se estruturan en catro apartados: premio ao mellor produto ou servizo; persoa, entidade ou organización; proxecto de emprendemento con impacto social, e medio de comunicación.
Finalistas
La categoría A premia ao mellor produto ou servizo baseado en tecnoloxías para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade que xa estea dispoñible. Nesta edición o xurado seleccionou como finalistas a:
No apartado B, o galardón é para a persoa, empresa, entidade ou organización que máis destacase pola súa traxectoria continuada en materia de mellora da accesibilidade á tecnoloxía. Optan a este premio:
A categoría C recoñece ao mellor proxecto de emprendemento con impacto social para a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade a través das TIC. Nesta ocasión son finalistas:
Finalmente, o novo apartado, o D, galardoará ao medio de comunicación 'que máis destacase por difundir cara á sociedade iniciativas, proxectos, produtos e servizos relacionados coas tecnoloxías accesibles'. Disputarano:
Premios
Como na edición anterior, a dotación dos premios será económica en todas as categorías. Así, os galardoados nos apartados A, B e D recibirán 5.000 euros, mentres que o traballo premiado no C contará con 15.000 euros. Neste último caso, o diñeiro haberá de destinarse integramente ao desenvolvemento do proxecto galardoado.
Máis información dos premios na súa páxina web: VI Edición Premios Discapnet.
A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira e o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, asinaron un acordo de colaboración para a posta en marcha de actividades para o fomento da sociedade dixital no ano 2021.
O convenio, enmarcado dentro da Estratexia Galicia Dixital 2030, contribuirá a acadar os obxectivos de promover a adaptación ao mundo laboral cambiante, impulsar a dixitalización empresarial para a competitividade e potenciar o impulso dixital da producción local.
Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia
O Clúster TIC colaborará coa AMTEGA no deseño e recompilación de datos para a actualización do Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia. Esta colaboración permitirá unha comunicación máis áxil coas empresas e entidades galegas que estarán presentes neste catálogo.
Esta ferramenta ten o obxectivo de servir de conexión entre os provedores tecnolóxicos e de coñecemento TIC e de facilitar a súa relación con entidades doutros sectores que precisen novas ferramentas dixitais.
Portal único de emprego TIC en Galicia
Co gallo de apostar polo talento e a súa incorporación no tecido produtivo das TIC, o Clúster TIC aportará o seu coñecemento e o dos seus asociados para o deseño conceptual dun portal único de emprego TIC en Galicia que permita a ofertantes e demandantes tanto atopar de xeito máis sinxelo ós perfís máis demandados coma ter máis accesible unha porta de entrada ao sector.
Difusión de eventos do centro GaiasTech
O Clúster TIC colaborará coa AMTEGA nas actuacións de difusión que faciliten a visibilidade do sector tecnolóxico así como na promoción do uso dunha infraestrutura de referencia como é o GaiasTech que se abrirá nas vindeiras semanas na Cidade da Cultura. GaiasTech será o centro de referencia da transformación dixital en Galicia.
O sistema de automatización intelixente desenvolvido pola Xunta para a tramitación do II Plan de rescate aos sectores afectados polas medidas sanitarias como consecuencia da covid-19 permitiu que máis do 90% das axudas concedidas se puidesen pagar nun prazo inferior a dous meses.
Esta ferramenta, que funciona con tecnoloxías emerxentes, como a robótica ou o recoñecemento óptico de caracteres (OCR), foi desenvolvida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e aplicada pola Consellería de Emprego e Igualdade para axilizar a tramitación dos expedientes e o pago das axudas.
O obxectivo da Xunta foi o de resolver os trámites no menor tempo posible sen que isto puidese afectar ao rigor administrativo e xurídico dos procedementos.
O sistema foi utilizado para a concesión das axudas do II Plan de Rescate, que benefician a persoas traballadoras autónomomas, microempresas, hostalaría e outras actividades pechadas, e utilizarase para a xestión das axudas no III Plan de Rescate aprobado polo Consello da Xunta do pasado xoves. Co terceiro Plan, a Xunta levará activados en seis meses máis de 416 millóns de euros.
En concreto, leva investidos 182 millóns de euros entre o primeiro e o segundo plan de rescate. O primeiro programa de apoios económicos directos, publicado no pasado mes de decembro, sumou 86 millóns de euros e permitiu atender un total de 33.600 solicitudes de axuda presentadas por autónomos e microempresas, que xa están pagadas na súa totalidade.
O segundo plan de rescate, publicado en marzo, ascendeu inicialmente a 75 millóns de euros, pero incrementouse o orzamento no mes de maio en 21 millóns, ata chegar aos 96, para poder atender á maior parte das solicitudes presentadas. Nestes momentos xa están abonadas un total de 32.771 solicitudes do segundo plan de rescate, que suman 87,2 millóns de euros, é dicir, o 91% do orzamento reservado para este programa, grazas ás ferramentas aplicadas pola Amtega.
Entre as tecnoloxías empregadas pola Xunta para as tramitacións atópase a automatización robótica de procesos (RPA), que foi a que permitiu a comprobación da vida laboral das empresas en cerca de 6.000 solicitudes. En concreto, os robots xeneraron os ficheiros de consulta necesarios para que o personal da Consellería de Emprego e Igualdade puidese realizar a petición de información con todas as garantías. En prazos de entre 24 e 48 horas, esta información foi remitida para o seu procesamento, tamén mediante robots que analizaron os ficheiros, realizaron as comprobacións e fixeron os cálculos.
O sistema de recoñecemento óptico de caracteres (OCR) usouse para a comprobación dos descensos de facturación das empresas a partir das liquidacións de IVE dos últimos periodos. O servicio OCR permitiu analizar máis de 23.000 expedientes e procesar cerca de 900.000 páxinas.
Por outra banda, o sistema desenvolvido tamén incluíu a automatización da consulta de débedas coa Xunta de Galicia e outras melloras, como a da xestión dos pagos na plataforma de contratación da Xunta de Galicia (Xumco). Esta tecnoloxía permitirá avanzar na calidade dos servizos da administración electrónica en todo tipo de trámites.
Un total de 22 proxectos desenvolvidos en 13 centros de ensino galegos, que apostan pola innovación educativa e por incentivar a creatividade da cativada a través da ciencia, a robótica e o faino ti mesmo, preséntanse na xornada de educación da Maker Faire Galicia, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Aparellos para garantir a axeitada ventilación nas aulas, un colar “anticovid”, modelos de motores con combustibles alternativos, pequenos satélites ou ideas para darlle unha nova vida ao lixo electrónico son algúns dos proxectos que se dan a coñecer nesta sétima edición do encontro, un escaparate para a creatividade e o enxeño que desenvolve de forma enteiramente dixital ata o domingo.
Na apertura da xornada educativa da Maker Faire, o secretario xeral de Educación e Formación Profesional da Xunta, José Luis Mira, chamou a atención sobre a innovación que se está a desenvolver desde os centros de ensino, presentando como exemplo os proxectos maker de centros de primaria, secundaria e formación profesional que se presentan no evento e que “ademais de espertar a creatividade e o interese pola ciencia axudan a crear escolas máis inclusivas e máis seguras nos tempos da covid-19”. O secretario xeral de Educación resaltou ademais a ampla representación da galega nesta xornada do encontro, pois a metade dos proxectos presentados (que ascenden a 45) e dous terzos do centros de ensino participantes proceden da nosa comunidade.
José Luis Mira quixo tamén pór en valor o traballo do alumnado e docentes “que se animaron a amosar os seus proxectos nesta edición da Maker Faire, onde coñecer ideas de todo tipo, desde iniciativas para espertar a creatividade e o interese pola ciencia nas etapas máis temperás da educación, ata avanzados proxectos de robótica ou electrónica, desenvolvidos desde os centros de Formación Profesional”.
Do preto de medio centenar de proxectos amosados, 15 finalistas presentarán o seu pitch en liña para seren avaliados por un xurado especializado do CAFI, que decidirá os galardóns do certame aos máis innovadores nas tres categorías a concurso: minimakers (primaria), makers (secundaria e bacharelato) e makers pro (FP). Ademais do recoñecemento ao seu traballo, recibirán como premio uns kits de robótica de Micro:BIT, para continuar a desenvolver proxectos creativos e tecnolóxicos desde o centro de ensino.
Innovación educativa
Entre os proxectos presentados atópanse varias ideas para axudar ao control da propagación da pandemia do coronavirus, como por exemplo o colar anticovid desenvolvido por alumnado do IES Eusebio de A Guarda –que avisa ao seu portador cando se atopa a menos de 1,5 metros de distancia doutras persoas– ou o sistema para mellorar a ventilación nas aulas deseñado por estudantes do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, que combina un detector de CO2 cunha fiestra automática que se abre ao exceder o límite de partículas recomendado deste gas. Destacan tamén proxectos para darlle unha nova vida ao lixo doméstico, reconvertendo por exemplo un forno nunha incubadora de ovos ou o chasis dun vello televisor de tubo catódico nunha cociña solar.
Aplicacións para incrementar a seguridade ao circular en bicicleta, pequenos satélites, guitarras eléctricas ou pianos xigantes programados pola cativada, ou un modelo de motor que funcione con combustibles alternativos son só algúns exemplos da creatividade xurdida nas aulas do traballo de docentes e estudantado de todas as idades.
Programación en liña
O programa desta sétima Maker Faire pode seguirse en liña desde calquera lugar do mundo e, ademais de mesas redondas, charlas e obradoiros de programación, robótica educativa ou solucións para espazos maker orientadas aos centros educativos, inclúe o primeiro EDU Open Space. Neste espazo para a reflexión ao redor da educación, os propios asistentes propoñen as temáticas para debater en diferentes mesas redondas en simultáneo.
A xornada do venres rematou coa conferencia de Valeria Corrales, unha estudante de Huesca que con só 12 anos participou no programa de televisión Got Talent España, abraiando ao xurado cun robot que ela mesma construíu e que resolveu en directo o cubo de rubik en 29 movementos. A través dunha canle de YouTube creada xunto á súa profesora Patricia Heredia proponse inspirar a outras nenas que queiran dedicarse á enxeñería ou a robótica. Foi nomeada Inspiring Girl of the Year pola Fundación Inspiring Girls e elixida mellor alumna de secundaria de STEM de España nos STEM Talent Awards.
Un Museo Gaiás en 360º
Desde a plataforma en liña da Maker Faire Galicia, pode accederse a todos os contidos do programa destes cinco días, permitindo ás persoas visitantes circular virtualmente polo interior dun Museo Gaiás recreado en 360 grados, o sistema ofrece a posibilidade de conectar a través de videoconferencia cos makers que expoñen os seus proxectos. Tamén a través da mesma web se pode acceder a todos os obradoiros, charlas e mesas redondas programadas, nas que ademais de educación se tratan temas como robótica, dixitalización, biotecnoloxía, videoxogos, intelixencia artificial, farmacoloxía ou ciberseguridade.
O encontro arrancaba o pasado mércores con preto de 4.000 participantes inscritos e rematará na fin de semana coas xornadas abertas a todos os públicos, onde o Do It Yourself, a música ou a arte se unen coa tecnoloxía. A 7ª edición da Maker Faire Galicia conta co apoio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago, a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD) e o Círculo Financiero de Galicia (dentro do proxecto Capacita Directivos). Ademais, realízase coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia e Innovación.
Galicia aspira a ser unha das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados necesarios para a extensión no seu territorio da tecnoloxía 5G, según manifestou hoxe a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira.
A directora da Amtega participou esta mañá no acto de presentación do proxecto piloto 5G que desenvolve en Galicia unha unión temporal de empresas liderada por Orange e da que forman parte Gammera Nest e as galegas Cinfo e Optare Solutions. Esta actuación forma parte das experiencias impulsadas por Red.es no marco do Plan Nacional 5G.
Mar Pereira destacou a importancia do 5G para Galicia, xa que “permitirá as mesmas prestacións que a fibra” e, ao ser unha tecnoloxía sen fíos, “é clave para mellorar a conectividade nun territorio como o noso, caracterizado pola dispersón poboacional e a complexidade orográfica”. Neste sentido, lembrou o compromiso do Estado, de acordo coas liñas establecidas pola UE, de lograr que en 2025 o 100% da población teña acceso a unha conexión de 100Mbps.
Por iso, engadiu, a Xunta “sempre tivo claro o papel que ten que asumir, que é o de ser facilitadora e impulsora indispensable para abordar a innovación tecnolóxica en Galicia”. Neste contexto, lembrou que foi a primeira Comunidade que aprobou un plan para facilitar a extensión da tecnoloxía 5G. Esa iniciativa permitiu que Galicia fora escollida como o primeiro ecenario do mundo para unha conexión 5G en roaming, ou que Vigo e A Coruña foran das primeiras cidades europeas en contar con redes 5G. Además é, xunto con Andalucía, unha das dúas comunidades españolas que acollen os primeiros pilotos subvencionados por Red.es e a única que ten dúas iniciativas deste tipo.
No marco destes pilotos do Plan nacional desenvólvense en Galicia 22 casos de uso, aos que hai que sumar 8 máis que forman parte do Nodo5G do Plan galego. En total, os investimentos nestas iniciativas suman 24 millóns de euros, de procedencia pública e privada.
O posicionamento de Galicia na vangarda da tecnoloxía 5G consolídase coa aposta polo capital humano, recollida no Plan Galicia 5G. Neste eido, a colaboración entre a Xunta e a Universidade de Vigo permitiu a posta en marcha do Curso de Especialista en Tecnoloxía de Quinta Xeración, que xa vai pola segunda convocatoria. Ademáis, a Amtega, xunto coa Universidade de Vigo, creou un espazo de proba e simulación para os proxectos máis relevantes neste ámbito.
No acto de hoxe, que tivo lugar na Cidade da Cultura e foi clausurado polo secretario de Estado de Telecomunicacións e Infraestructuras, Roberto Sánchez, foron presentados 13 casos de uso, cun investimento de máis de 9 millóns de euros. 9 deles se realizan na provincia de Pontevedra, 2 en Lugo, 1 na Coruña e outro en Ourense.
Os casos de uso presentados hoxe foron: