main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

17/11/2017
Logo TifloInnova 2017.
Lugar: CDC ONCE, Paseo da Habana, 208, Madrid

TifloInnova 2017

Durante os días das xornadas de Tifloinnova  pódense atopar os últimos avances da tecnoloxía aplicada, con solucións prácticas e accesibles que se proxectan sobre a vida diaria: formatos dixitais e braille, axudas ópticas e electrónicas de baixa visión, tecnoloxías en mobilidade e apps...

Tamén hai produtos para o fogar, a orientación, a educación, a cultura e o lecer, a accesibilidade e usabilidade de bens e servizos. Todo canto contribúa a que as persoas con cegueira ou deficiencia visual severa sexan máis independentes, máis autónomas, máis libres.

Será un espazo dinámico e aberto no que desenvolvedores, usuarios e profesionais poderán compartir experiencias e intercambiar información ao redor dun programa activo de conferencias, obradoiros, mesas redondas, demos e presentacións de novos produtos e tendencias tecnolóxicas.

16/11/2017 10:30
Cartel dol curso.
Lugar: Online

Domina o teu teléfono intelixente e sácalle o máximo partido

Aprende a manexar mellor o teu teléfono móbil e todas as súas posibilidades.

Coñece consellos sobre:

  • Uso das principais funcións dun teléfono intelixente: wifis, GPS, configuración de accesibilidade, etc.
  • Consellos para o aforro de batería e almacenamento de fotos
  • Diferentes modos de procuras de información a través de texto e voz
  • Realización de accións de forma sinxela
08/11/2017 10:00h
Logo Aquae Talent Hub.
Lugar: Facultade de Económicas da USC

Aquae Talent Hub

Aquae Talent Hub é unha plataforma de impulso a novas ideas; un lugar de encontro onde compartir coñecemento e potenciar o talento; un espazo de reflexión e divulgación sobre emprendemento e innovación. Ata a data, máis de 2.400 persoas puideron gozar desta experiencia en Elxe, Murcia, Málaga, Sevilla, Huelva, Granada ou Santiago de Compostela, que xa acolleu outra edición o pasado mes de maio, á que asistiron máis de 400 persoas.

06/11/2017
Usa as tecnoloxías para unha vida activa
Lugar: Online

Usa as tecnoloxías para unha vida activa

Usas Internet habitualmente, envías correos electrónicos, utilizas o teléfono móbil para comunicarte, pero... queres saber máis!
Contidos do curso:

  • Buscar e atopar información na internet de forma máis efectiva
  • Coñecer máis sobre seguridade para os teus dispositivos informáticos
  • Usar as funcións avanzadas de aplicacións útiles para a túa vida como WhatsApp
  • Crear recordos para compartir con amigos e familiares con fotografía e vídeo dixital
  • Descubrir como sacarlle partido ao teu teléfono intelixente con múltiples aplicacións de: lectura dixital, viaxes, música, radio, televisión á carta, noticias, museos, ...

e moito máis!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS