main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

21/01/2018
Cartel do premio.
Lugar: Online

III Edición Premio Muller e Tecnoloxía

A Fundación Orange abre a convocatoria da terceiro edición do seu Premio Muller e Tecnoloxía, un recoñecemento que destaca a unha muller cuxa importante labor nos ámbitos da innovación social, a tecnoloxía e a comunicación constitúa un referente no desenvolvemento e a transformación da sociedade.

 

O galardón entregarase en marzo de 2018 dentro do marco do VIII Atopo Mulleres que transforman o mundo, organizados polo Concello de Segovia.

 

Consulta as bases e presenta á túa candidata enchendo o formulario online.

19/01/2018 19:00h
Logo do evento.
Lugar: Forma Coworking (Avda. Gran Vía 94, Vigo)

Hack&Beers “Vol. 3 Vigo

Hack&Beers ten como obxectivo organizar relatorios gratuítos para interesados na ciberseguridad nun ambiente distendido e acompañándoas cunhas cervexas.

16/12/2017 09:00 a 14:00h
Logo Hora do código.
Lugar: ESEI - Edificio Politécnico s/n, Campus As Lagoas, Ourense

A Hora do Código na ESEI en Ourense

O Colexio Profesional en Enxeñería Informática de Galicia e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo están a apoiar a iniciativa global Hora do Código (HourofCode) da Code.org.

O proxecto “Hour of Code”, “Hora do Código”, da entidade estadounidense Code.org ten coma obxectivo o de ensinarlles programación e as bases da Informática ás nenas e nenos partindo de titoriais básicos dunha hora de duración.

16/12/2017 12:00 a 13:00h
Logo Hora do código.
Lugar: Facultade de Informática, Campus de Elviña s/n, A Coruña.

A Hora do Código na FIC na Coruña

A Hora do Código UDC 2017 é un evento gratuíto organizado o día 16 de decembro pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 4 ao 10 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida.

Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS