main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

18/02/2018
Carballo Interplay 2018.
Lugar: Online

Envío de webseries ao Carballo Interplay 2018

A quinta edición do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay, que se celebrará os días 4, 5, 6 e 7 de abril de 2018, ten aberta a inscrición para que todas aquelas persoas que o desexen presenten as súas webseries ou proxectos de webserie á súa sección oficial, que repartirá máis de 5.000 euros en premios.

17/02/2018 09:00 a 14:30h
FIRST LEGO League Galicia.
Lugar: Auditorio de Ferrol

FIRST LEGO League Galicia

FIRST LEGO League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío que os equipos deben resolver.

13/02/2018 10:30 - 12:00h
Cartel do curso.
Lugar: Online

Comunícate cos teus familiares e amigos por chat. Saca o máximo partido a WhatsApp

Utilizas Whatsapp? Coñeces todas as súas funcionalidades?

Neste curso aprenderemos moitas funcións descoñecidas, pequenos trucos que poden facerche a experiencia máis fácil á hora de usar a aplicación.

  • Aprende a configurar WhatsApp e os seus axustes de privacidade.
  • Comparte documentos, localizacións e contactos.
  • Crea grupos, lista de difusión e accesos directos.
  • Busca mensaxes dentro dunha conversación ou grupo.

A que esperas para sacarlle o máximo partido a WhatsApp?

08/02/2018 09:30 a 11:30h
Imaxe de Ueslei Marcelino.
Lugar: Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela

Xornadas 'Os nenos e nenas da fenda dixital'

Xornada que xirará ao redor do uso das novas tecnoloxías por parte de nenos e nenas, organizada por UNICEF Comité Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS