main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

23/02/2018 10:30 - 12:00h
App música.
Lugar: Online

Coida o teu corazón ao ritmo da música. Aplicacións e recursos para bailar e coidar a túa saúde

Bailas? Pois se non o fas aínda deberías animarte a facelo pola cantidade de beneficios que supón esta práctica para a saúde.

Bailar é unha maneira fácil e divertida de facer actividade física, unha actividade que practicada de forma moderada e seguindo unhas pautas recomendadas pode ser un exercicio moi adecuado para previr enfermidades tanto físicas como psíquicas.

Ademais, ir a bailar obríganos a arranxarnos, saír da casa e contactar con outras persoas coa mellora do estado de ánimo que iso leva.

Descobre neste curso aplicacións e recursos online para bailar e os beneficios que achega á túa saúde, unha das mellores e máis divertidas actividades físicas para coidarte.

  • Descobre os beneficios do baile a nivel físico e mental
  • Aumenta a túa autoestima a través do baile.
  • Coñece diferentes estilos de bailes
  • Coida a túa saúde ao mesmo tempo que gozas coas mellores Apps de baile
21/02/2018 11:00 - 12:30h
App saúde.
Lugar: Online

Móvete coa tecnoloxía. Reloxos intelixentes, o teu exercicio máis divertido

Coñeces como funcionan os reloxos intelixentes? 

Os reloxos intelixentes ou "smartwatches" permítenche ter todo o que necesitas para estar sempre conectado e de forma accesible no teu pulso.

Con estes dispositivos pódese coñecer, cada vez con máis precisión, os pasos que damos ao día, as calorías que se queiman, os quilómetros que se corren ou nadan, as horas que se dorme, e mesmo un rexistro aproximado das pulsacións cardíacas. 

Descobre neste curso todas as funcionalidades dun reloxo intelixente para utilizar na túa vida diaria: 

  • Manexo básico dos reloxos intelixentes e posibilidades de utilización
  • Utilización de aplicacións como WhatsApp a través dun reloxo intelixente, como activar utilidades como a lanterna, etc.
  • Contabilizar os pasos que das cada día e ver se cumpres os teus obxectivos
  • Comandos de voz para acceder a informacións diferentes
20/02/2018 10:30 - 12:00h
App entrenador persoal.
Lugar: Online

Fai do teu teléfono móbil o teu adestrador persoal

Márcaste obxectivos na túa actividade física diaria? Sabes cantas calorías queimas ao día e o número de pasos andados? 

Hai poucas cousas xa que non podamos facer cun móbil e o deporte non ía ser unha delas. O teléfono móbil non só pode acompañarnos ao ximnasio, senón que, grazas ás numerosas aplicacións que ofrece, moitas delas gratuítas, podemos facer a nosa rutina de adestramento moito máis fácil e divertida, axudándonos a medir, rexistrar e almacenar a información da nosa actividade física diaria de forma sinxela. 

Neste curso ensinarémosche algunhas das principais funcións de aplicacións interesantes para coñecer contidos como:

  • Establecer e medir os teus obxectivos físicos diarios
  • Personalizar o teu plan de adestramento en función dos teus obxectivos
  • Rexistrar toda a actividade física que realizas
  • Levar un historial completo de todas as actividades realizadas no adestramento e controlar a túa progresión
19/02/2018 09:30 a 18:00h
Cartel do evento.
Lugar: Hospedería San Martiño Pinario, Santiago de Compostela

Galicia Camiño Emprendedor

O obxectivo principal das xornadas é o de contribuír a mellorar a reflexión ante as necesidades que comportan a posta en marcha e consolidación das iniciativas empresariais dos emprendedores galegos.

Cada xornada, do 19 ao 23 de febreiro, traballarase un tema de interese para poñer en marcha ou consolidar o proxecto empresarial.

A entrada é de balde e o aforo limitado a 50 persoas cada xornada.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS