main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

08/03/2018
Hack for Good Vigo.
Lugar: Sala I de Miralles, Edificio Miralles. Campus Universitario de Vigo

Hack for Good Vigo

HackForGood é un encontro interuniversitario que se organiza na ETSI de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, no que Hackers “for good” de toda España desenvolverán solucións tecnolóxicas innovadoras para dar resposta a unha serie de retos sociais co fin de construír un mundo mellor, e todo iso no breve espazo de tempo que dura o hackathon (3 días).

Este encontro está promovido por Telefónica a través da súa Rede de Cátedras Telefónica, co apoio da Fundación Feixe O Posible, MashmeTV e varias Universidades.

07/03/2018 10:30 - 12:00h
Smartphone mostrando un calendario.
Lugar: Online

O teu móbil a túa mellor axenda. Lembra eventos e citas importantes

Imaxinas facer do teu móbil o teu asistente persoal? Lembrar as túas citas médica ou as tomas de medicación?

Se a túa axenda é un caos, existen aplicacións móbiles que che garanten non deixarte nada no esquecemento. Se xa es organizado, poden axudarche a mellorar moito os teus niveis de produtividade.

Fai o teu día a día moito máis sinxelo grazas ás tablets e aos teléfonos intelixentes que poden axudarche a levar unha mellor organización do teu tempo, para que non te esquezas de nada.
Neste curso imos mostrar as mellores aplicacións que desempeñan este labor e que sen dúbida, facilitarannos notablemente os nosos labores e compromisos diarios.

  • Controla a túa medicación e citas médicas.
  • Crea calendarios e eventos para compartir con quen queiras.
  • Recibe alarmas diarias cos eventos programados.
  • Acceder aos teus contidos do calendario desde calquera lugar mesmo sen conexión.

Apúntate, esperámoste!

03/03/2018 11:00 a 20:00 h
Cartel do evento.
Lugar: Lar de Endesa en As Pontes

Amigus Labs • Maker 18.2

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.2 seguiremos traballando cos nosos prototipos, mediante Arduino e Raspberry PI, avanzaremos no prototipo da instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no Fab Lab pontés.

Tras as probas na pasada sesión do mes de febreiro do robot velocista, levaremos acabo a montaxe dos robots velocistas de competición, pequenos vehículos intelixentes de carreiras, controlados por un microcontrolador ATmega328 con micromotores, Bluetooth e repleto de sensores, cámaras…

Outro equipo de traballo pondrá a punto a CNC, cos últimos retoques na estrutura para poñela a pleno rendemento.

Dentro da zoa Amigus Labs Kids comezaremos un novo proxecto realizaremos durante as vindeiras 4 sesións; a creación de reloxos dixitais. Nesta primeira sesión analizaremos o produto, aprenderemos a modelar en 3D e como imprimir as nosas pezas nas impresoras 3D.

26/02/2018
Logo do evento.
Lugar: Fira Barcelona Gran Via

Mobile World Congress 2018

O Mobile World Congress (MWC) 2018, a Feira GSMA, terá lugar este ano novamente na cidade de Barcelona, entre os próximos días 26 de febreiro ao 1 de marzo de 2018 nas instalacións do recinto feiral da Fira de Barcelona como vén sendo habitual.

Trátase do evento máis importante do mundo en canto a tecnoloxías para a telefonía móbil, sendo o lugar onde empresas provedoras de servizos móbiles, fabricantes de teléfonos móbiles, distribuidores de contidos, etc mostrarán todas as novidades presentes e futuras.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS