main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/04/2018
Cartel do programa.
Lugar: Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura de Galicia (Monte Gaiás, s/n),

Constrúe o teu Futuro. Videoxogos e emprendemento

A formación, especialmente dirixida a menores de 30 anos, preferentemente no paro e sen cursar actividades de ensino no presente, inclúe as principais disciplinas vinculadas á creatividade, innovación e tendencias dentro do mundo do videoxogo (produción de imaxe en 3D, desenvolvemento visual, efectos visuais ou simulación), modelos de negocio, dirección de proxectos, roles de equipo técnico e tecnoloxía, área de mercadotecnia (Google Analytics, SEO, SEM, Growth hacking), área xurídico-fiscal, finanzas e área de dirección de proxecto final.

13/04/2018 16:00h
CreaGaiás.
Lugar: Sala Eisenman, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

CreaGaiás

A xornada CREAGAIÁS é unha iniciativa lúdico-formativa que nace co obxectivo de potenciar o emprendemento e a creatividade así como darlle visibilidade ás empresas e proxectos residentes no Centro de Emprendemento do Gaiás. Nesta primeira edición, CREAGAIÁS pon o acento na imaxe e en como empregala de forma eficaz a través das redes sociais para facer visible o traballo das persoas emprendedoras.

A xornada está especialmente dirixida a persoas emprendedoras e profesionais do sector creativo, así como a público interesado en aprender sobre xestión de marca e imaxe na contorna dixital ou en coñecer de primeira man as empresas residentes no Centro de Emprendemento.

13/04/2018 De 10:30 a 12:00 h
Cartel do curso.
Lugar: Online

Aprende a utilizar de forma avanzada o teu correo electrónico

Tes conta de correo electrónico? Gustaríache aprender a utilizar as súas funcións avanzadas?

Hoxe en día faise difícil vivir sen correo electrónico. Se navegas, te conectas a Internet e utilizas redes sociais é imprescindible utilizalo en moitas ocasións. Pero... sácaslle todo o partido que che gustaría?

Neste curso gratuíto adquirirás coñecementos para utilizar as súas utilidades:

  • Configuración da privacidade e seguridade na túa conta de correo electrónico.
  • Organización de correos con filtros, bandexas, redireccións e programación de envíos.
  • Utilidades e ferramentas para xestionar a túa axenda de contactos de forma máis sinxela.
  • Personalización de correos con tipos de letras, firmas e moito máis.
09/04/2018
Cartel do curso.
Lugar: Online

Materiais dixitais accesibles (2ed)

A xeración e o uso de documentos dixitais é parte da transformación dixital que está a experimentar a sociedade, na formación, na comunicación, nos negocios, nos trámites administrativos, etc.

Existen pautas que fan posible adoptar un camiño ordenado e sustentable na creación de documentos dixitais, especialmente no ámbito da formación. Existen ademais estratexias e recursos fáciles de utilizar que permiten que os nosos documentos cheguen a unha audiencia máis ampla, incluíndo a persoas con e sen discapacidade, con maior impacto en Internet, e cumprindo coa ética e coa legalidade vixente.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS