A sede da Fundación Barrié da Coruña acolle o mércores 25 de abril, a partir das 19.30, a 17ª edición de Coruña Bloggers, o evento que reúne os últimos mércores de cada mes a bloggers e persoas interesadas nas redes sociais, internet e as novas tecnoloxías.
O primeiro dos invitados será o coñecido blogger de viaxes Luís Gago que falará sobre como financiar unha viaxe grazas a un blogue.
O segundo relator será o director de comunicación do RC Deportivo, Gabriel Barrós, que analizará as posibilidades que ofrece a contorna dixital na difusión dos valores dunha marca e nas relacións cos seguidores e con outras marcas.
A entrada é gratuíta, aínda que se pode traer, polo menos, un quilo de comida non perecedoira que se entregará á Cociña Económica.
As invitacións pódense retirar na web de Coruña Bloggers (www.corunabloggers.com)