main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

04/05/2018 10:30h
Competición de Robots.
Lugar: Vigo

IV Competición de Robots

O obxectivo fundamental deste concurso é achegar a Universidade aos alumnos de Ensino Secundario e Bacharelato ademais de promocionar as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial e fomentar o interese dos alumnos polas disciplinas STEAM, máis especificamente polos estudos de Enxeñería. En particular, coa categoría superior, preténdese potenciar a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos. Por outra banda, este evento é unha oportunidade para tratar de impulsar a interconexión entre estudantes de distintas disciplinas tanto no ámbito universitario como de ciclos superiores.

02/05/2018 10:00h
Logo dos premios.
Lugar: Online

Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2018

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG-AETG) convocan unha nova edición dos Premios Galicia Telecomunicacións e Sociedade da Información 2018.

Estes premios son:

  • Premio Gradiant á Mellor Tese Doutoral aplicada ao Sector TIC 2018.
  • Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais 2018.

Os Premios entregaranse no transcurso da XXIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

02/05/2018
Logo ICC Week.
Lugar: Ourense

Ourense ICC Week

En maio, do 2 ao 5, chega unha das grandes citas galegas coa creatividade e a innovación, a cuarta entrega da Ourense ICC Week. O evento sobre industriais culturais e creativas de Ourense, organizado pola Deputación, contará novamente (coma nas anteriores edicións) cun importante recanto adicado ás novas tecnoloxías da información. Desta volta, o recanto das TIC enriquecerase e cubrirá novos horizontes coa entrada en xogo dunha óptica feminina: a das mulleres tech.

02/05/2018 De 09:30 a 12:00 h
Cartel do evento.
Lugar: Sala Eisenman da Cidade da Cultura (Monte Gaiás, s/n, 15707, Santiago de Compostela, A Coruña)

DICO in motion

O 2 de maio de 2018 celébrase a xornada de presentación e lanzamento do Plan DICO Mindset, un plan para o impulso aos contidos dixitais en Galicia, orientado a reforzar o capital humano, desenvolver proxectos tractores e fomentar a competitividade dixital dun sector con 900 empresas e máis de 5.000 empregados en Galicia.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS