main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

03/02/2018 11:00 - 20:00h
Cartel do evento.
Lugar: Lar de Endesa en As Pontes

Amigus Labs • Maker 18.1

Na xornada do Amigus Labs • Maker 18.1 aprenderemos a usar pequenas placas de prototipado a facer os nosos proxectos realidade.

Mediante Arduino e Raspberry PI, comenzaremos un novo prototipo de instalación interactiva, unha instalación manexada mediante o internet, onde os usuarios podrán interactuar cos obxectos fabricados no fab lab pontés. Está será unha das primeiras sesións de traballo na que definamos o concepto e o funcionamiento, fagamos un prototipo para ver o seu funcionamento e analicemos costes y melloras para o desenrolo final, un proxecto que aglutina dende o internet das cousas, audio e video dixital, robótica e o uso das impresoras 3d e do CNC.

02/02/2018
Innovames.
Lugar: O Milladoiro

Innovames

Innovames é a xornada de innovación do Concello de Ames e celebrarase o 2 de febreiro na Casa da Cultura do Milladoiro. O obxectivo é achegar as últimas tendencias no mundo da innovación a todos os públicos, xerando un espazo para a aprendizaxe e o diálogo, onde se comparta coñecemento e xurdan sinerxias que den lugar a proxectos innovadores.

31/01/2018 10:30 - 12:00h
Logos Canal Sénior - Caumas
Lugar: Online

A tecnoloxía para facilitar a túa vida cotiá. Recursos e aplicacións ao teu alcance

Imaxinas realizar a compra da semana pulsando un botón? ou que os teus electrodomésticos fagan a compra por ti? ou que a calefacción se acenda soa en función da túa localización?

Este tipo de tecnoloxía xa é real e pode facernos a vida moito máis fácil. As casas do futuro serán intelixentes grazas ao que se coñece como “a casa conectada” ou domótica, para facer a túa vida máis fácil, cómoda e segura.

Agora os electrodomésticos axúdannos a preservar e preparar os alimentos a través de refrixeradores e tostadores conectados, e monitorar as temperaturas óptimas con sistemas de calefacción intelixentes. Queres coñecer como? Pois non te perdas este curso.

30/01/2018 10:30 - 12:00h
Logos Canal Sénior - Caumas
Lugar: Online

Mellora a túa alimentación e elabora os teus menús de tempada co teu móbil ou tablet

Cansado para comer sempre o mesmo? Gustaríache levar unha dieta sa e máis variada?

Seguir unha alimentación correcta, equilibrada e variada son claves importantes para a nosa saúde. Pero non sempre é fácil reconducir certos costumes que en ocasións interferen na nosa alimentación facéndoa monótona e repetitiva.

Unha maneira de gozar da nosa dieta mediterránea, é incorporando os alimentos de tempada, os cales, permítennos variar o noso menú dunha forma sa, equilibrada e máis barata.

Neste curso aprenderás a:

  • Mellorar a túa alimentación con aplicacións interesantes no teu teléfono móbil.
  • Facer unha dieta máis equilibrada coas mellores receitas de tempada.
  • Buscar a través de Internet para traer á túa mesa os ingredientes máis frescos e máis baratos.
  • Descubrir cales son os produtos de tempada e como cociñalos.

Aprende agora como unha boa alimentación pode mellorar a túa saúde.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS