main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

16/12/2017 12:00 a 13:00h
Logo Hora do código.
Lugar: Facultade de Informática, Campus de Elviña s/n, A Coruña.

A Hora do Código na FIC na Coruña

A Hora do Código UDC 2017 é un evento gratuíto organizado o día 16 de decembro pola Universidade da Coruña no marco do evento A Hora do Código que se celebra do 4 ao 10 de decembro en máis de 180 países para achegar a programación de computadoras dunha forma natural, simple, intuitiva e divertida.

Está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar.

02/12/2017
Logo do evento.
Lugar: Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)

TEDxGalicia 2017

Co ánimo de difundir as ideas que merecen a pena ser compartidas, TEDx é un programa de eventos locais, organizados de manera independente que permiten disfrutar dunha experiencia similar ás que se viven nas conferencias TED. Nun evento TEDx combinase o visionado de vídeos de TEDTalks con charlas en vivo para favorecer a conexión entre o público e un debate profundo dentro dun grupo limitado de asistentes.

24/11/2017
Galicia Maker Faire 2017
Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Galicia Maker Faire 2017

A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.
Un lugar para compartir coñecemento, descubrir proxectos fascinantes e facer contactos profesionais.

17/11/2017
Cartel do premio.
Lugar: Online

IV Premios G5 Innova

A compañía Grupo 5 lanza a IV edición dos Premios G5 Innova que busca proxectos empresariais que axuden a mellorar a sociedade con ideas e solucións innovadoras. A innovación, viabilidade, uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e o impacto social dos proxectos presentados, serán os criterios de valoración do xurado.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS