main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

06/11/2017 09:00h
Cartel do 8º Congreso CENTAC.
Lugar: Real Casa da Moeda, Madrid.

8º Congreso CENTAC

Os días 6 e 7 de novembro celebrarase en Madrid o VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade; dedicado aos protagonistas da Transformación Dixital Accesible.

A transformación dixital é un fenómeno complexo e transversal, pero non hai que esquecer que está impulsado por persoas e o seu obxectivo final son as persoas. Non hai regras fixas, nin mapas infalibles, o resultado da transformación dixital dependerá de decisións de múltiples persoas. Por iso, o lema do VIII Congreso Nacional CENTAC de Tecnoloxías da Accesibilidade é “Os protagonistas da transformación dixital”.

Durante dous días, o 6 e 7 de novembro, poderase escoitar ás persoas que lideran a transformación dixital nas empresas, a Administración Pública e o terceiro sector, ademais de coñecer os proxectos, produtos e servizos innovadores de emprendedores e PEMES. 

Os Congresos de CENTAC buscan reunir ás persoas interesadas nas TIC e a súa accesibilidade e fomentar o coñecemento e as relacións para que a transformación dixital sexa accesible.

02/11/2017 10:30
Logo do curso.
Lugar: Online

Curso "Os teus mellores recordos no teu móbil: fotografía e vídeo"

Utiliza o teu teléfono móbil para crear recordos especiais. Participa neste curso emitido por Internet e saca partido ao teu teléfono intelixente aprendendo:

  • Recomendacións de uso das cámaras dos teléfonos móbiles para facer mellores fotografías
  • Trucos para mellorar e editar as túas imaxes e darlles un toque máis persoal
  • Aplicacións gratuítas para editar vídeos desde dispositivos móbiles
  • Como compartir con amigos e familiares as túas creacións dixitais

¡Goza da fotografía e o vídeo dixital no teu móbil!

28/10/2017 11:00
Gaming Days.
Lugar: Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

Gaming Days

Gaming Days, o novo evento de eSports e videoxogos, traerá todo o que precisas para divertirte en tecnoloxía gamer. Consolas de nova xeración, torneos, eSports, realidade virtual, simuladores de conducción, PCs gaming de alto rendemento, recreativas... Os vindeiros 28 e 29 de outubro achégate á Cidade da Cultura e goza dos torneos eSports e dos últimos lanzamentos na nosa zona de Gamers.

  • 5 postos de Realidade Virtual.
  • Simuladores de conducción.
  • Zona retro e arcade para os nostálxicos.
  • Zona PC’s.
  • Zona Fighting
  • Zona Dancing
  • Zona Shooter
  • Zona Manga Kids
  • Zona Sports
  • Zona Torneos
  • A gran batalla de Dj’s.
  • Concurso Cosplay.
27/10/2017 11:00
Logos dos promotores do curso.
Lugar: Online

Usa o teu móbil para coidar a túa saúde, pedir a túa cita médica online. Utilidades e funcións dos novos reloxos intelixentes

A Federación Galega de Asociacións de Universidades Senior (Fegaus), a Fundación Vodafone e Ágora Tecnoloxía, co apoio de CeMIT, Canal Senior e a Xunta de Galicia, organizan un curso emitido en directo por Internet, gratuíto, para persoas maiores que queiran mellorar a súa saúde utilizando a tecnoloxía.  Será o venres 27 de outubro entre as 11.00 horas e as 12.30 horas. 

Como explican os seus responsables, "existen moitas aplicacións para os nosos teléfonos móbiles, tabletas e os novos reloxos intelixentes que poden axudarnos no coidado da nosa saúde".

Precisamente neste curso poden coñecerse, de forma práctica e útil, diversas aplicacións gratuítas relacionadas coa saúde e que farán a vida máis fácil, cómoda e saudable.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS