main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

20/10/2017
Folla de ruta da celebración do décimo aniversario TADEGa.
Lugar: Facultade de Educación da UDC. A Coruña.

V Congreso TADEGa Décimo aniversario

A asociación TADEGa, plataforma galega a prol das novas tecnoloxías diversas e inclusivas, vén de achegar máis datos (programa, obradoiros) sobre a que será unha das grandes xuntanzas tecnolóxicas da tempada: a quinta edición do Congreso TADEGa. O nexo común de todas estas actividades será un compromiso conxunto a prol das capacidades de cada quen: diferentes pero complementarias maneiras de reivindicar o espírito do “faino ti mesmo”, ou sexa, o espírito maker.

20/10/2017 11:00
Cartel do evento.
Lugar: Aula CeMIT de Fisterra

Curso Ágora Tecnoloxía: "Coñece a fondo a Rede Social Facebook"

A través das Redes Sociais e os blogues podes estar informado dos últimos acontecementos da actualidade, ler, ver e compartir información, vídeos e fotos cos teus coñecidos ou facer novas amizades ás que lles interesen as mesmas cousas que a ti. Queres saber como? pois asiste a este curso!

Contidos:

  • Como compartir contidos en imaxes, vídeos, álbumes de fotos e participar nas conversacións que che interesen
  • Conversar a través do chat de Facebook e participar en grupos de interese
  • Os Blogues como medio para manter unha mente activa
  • Que son os “foros” na internet e como se utilizan
19/10/2017 10:00h - 18:00h
Logo do Workshop Galicia Machine Learning 2017.
Lugar: CiTIUS, Santiago de Compostela

Machine Learning Workshop Galicia 2017

Nos últimos anos o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning (ML) incrementouse notablemente. Diversos factores determinantes, como a dispoñibilidade de contornas computacionais cada vez máis potentes, a irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora nos algoritmos de aprendizaxe, a aparición do Deep Learning, ou o acceso a un conxunto de datos cada vez maior e a menor custe, converteron esta tecnoloxía nun referente actual en case calquera campo do coñecemento.

O uso das tecnoloxías ML supuxo un punto de inflexión na sociedade coa súa presenza nunha ampla gama de aplicacións, como por exemplo: sistemas de procura, análise de textos, análises de redes sociais, recoñecemento de obxectos e caras, procesado do ADN, recoñecemento da fala, analítica de datos médicos, mellora e optimización dos sistemas de produción na industria, aplicacións de analítica para a intelixencia de negocio, e un longuísimo etcétera. Non obstante, e a pesar de todos os beneficios achegados polo ML á sociedade e á industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que existe un futuro cheo de novos retos e oportunidades.

19/10/2017
Logo LibreCon 2017.
Lugar: Santiago de Compostela

LibreCon 2017

LibreCon 2017 o maior encontro internacional promovido polo sector das tecnoloxías libres celebrarase os próximos días 19 e 20 de outubro en Santiago de Compostela.

Este ano o evento céntrase no uso das tecnoloxías libres nos sectores Industrial e Primario, e nas novas oportunidades que ofrecen ditas tecnoloxías en campos como o cloud computing, análise de Big Data e Internet das Cousas (IoT). Ademais teremos un track especial dedicado á Economía Colaborativa.

LibreCon 2017 contará con relatores de nivel nacional e internacional que exporán a súa visión de como as tecnoloxías libres achegáronlles competitividade no seu día a día. A xeración de coñecemento terá o seu espazo dentro do evento en forma de casos de éxito e demos tecnolóxicas que achegarán as novidades do sector a todos os asistentes.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS