main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

12/10/2018
Logo XGN R Encounter 2018.
Lugar: Silleda

XGN R Encounter 2018

A XGN R Encounter é unha reunión multitudinaria de afeccionados e profesionais da informática que buscan intercambiar coñecementos e realizar durante varios días todo tipo de actividades relacionadas coa informática.

11/10/2018 De 10:30 a 12:00 h
Logo WhatsApp.
Lugar: Online

O chat para a túa comunicación. Aprende a utilizar WhatsApp

Coa incorporación dos teléfonos intelixentes facilitouse que podamos ampliar o modo no que nos comunicamos. O uso de aplicacións de chat supón un recurso de fácil acceso para a gran maioría de nós.

Este curso pretende dar a coñecer como sacar máis partido a aplicacións de chat para comunicarnos de forma rápida e sinxela.

 
Contidos

  • Concepto de 'chat': características e funcións principais.
  • WhatsApp para comunicarte e compartir información en diferentes formatos (textos, imaxes, vídeos, audios, etc.)
  • Xestión de chats: modifica información, participa en chats de grupo e aprende como silenciar notificacións.
  • Uso de funcións de chamada, vídeo chamada e chamadas en grupo a través de WhatsApp.

Aprende a usar WhatsApp!

10/10/2018 De 09:00 a 14:50h
Cartel do evento.
Lugar: Edificio CINC, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

#IURISTICGAL18: ‘Privacidade, blockchain e ciberseguridade’

A edición deste ano abordará, entre outros temas de actualidade, as consecuencias da irrupción das criptomonedas, con centos de monedas virtuais no mercado baseadas nesta tecnoloxía que mobilizan millóns de euros diariamente, no que representa unha das maiores revolucións tecnolóxicas recentes.

Esta xornada pretende profundar nesta nova realidade tecnolóxica e analizar as súas implicacións prácticas e xurídicas para a actividade diaria dos nosos órganos xudiciais, forzas e corpos de seguridade, peritos e demais profesionais e xuristas.

05/10/2018
Robots programables.
Lugar: Rúa Cantón Grande, 9. A Coruña

Achégate á Robótica

A Fundación Barrié organiza Achégate á Robótica, un programa que promove a robótica educativa para o fomento das vocacións científico-tecnolóxicas, á vez que favorece o desenvolvemento de competencias como a comunicación, o traballo en equipo, a xestión do tempo, a análise e a resolución de problemas, todas elas clave para o desenvolvemento persoal e profesional.
 
Achégate á Robótica está dirixida a estudantes de Educación Primaria (3º ciclo) e Educación Secundaria Obrigatoria, que serán agrupados por ciclos educativos: 5º e 6º de Primaria; 1º e 2º de ESO; e 3º e 4º de ESO. A actividade terá unha duración de 2 horas e un máximo de 50 participantes. Para participar non será necesario dispoñer de coñecementos previos en robótica e programación.
 
Datas e lugar de celebración: do 19 ao 23 de novembro de 2018, ambos inclusive, en diversidade de horarios, entre as 9.30h e as 17.30h. Fundación Barrié, sede A Coruña (Rúa Cantón Grande, 9)

Equipos e materiais: Robots educativos Makeblock mBot, programables desde tablets (todos os materiais serán proporcionados pola Fundación Barrié).

Prazo de inscrición do 5/09/2018 ao 05/10/2018. Prazas limitadas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS