main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

02/10/2018 De 10:30 a 12:00 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Utiliza o teu móbil para atopar información do teu interese. Como usar os buscadores e os asistentes de voz

Navegar por Internet é sinxelo coñecendo o seu uso e funcionamento básico. Pero á hora de atopar a información que queremos pode levar máis tempo do desexado.

Neste curso compartiremos como utilizar de forma eficaz os navegadores de Internet e multitude de consellos prácticos para que atopes a información que buscas rapidamente.

Contidos

  • Consellos de uso dos navegadores e buscadores nos teléfonos intelixentes.
  • Partes fundamentais e ferramentas na versión móbil do navegador Google Chrome.
  • Diferentes formas de buscar información por tipo de contido no buscador Google.
  • Sitios web de interese e recursos de voz para atopar información de forma sinxela.

Aprende a buscar de forma eficaz en Internet!

27/09/2018 De 10:30 a 12:00 h
Cartel do curso.
Lugar: Online

Aprende a organizar os teus documentos. Utiliza a nube de Internet para organizar a túa información

Para poder localizar información en diferentes formatos como arquivos, imaxes e diferentes tipos de elementos de forma rápida, é necesario organizalos previamente para así atopalos e manexalos adecuadamente.

Neste curso coñeceremos as formas e medios que existen de almacenamento. É fundamental se queremos lograr manexar a información correctamente.

Contidos:

  • Formas de organización de arquivos: creando e utilizando cartafoles.
  • Métodos para buscar e localizar a información en dispositivos informáticos.
  • Servizos de almacenamento na nube e os seus recursos.
  • Como crear copias de seguridade e telas accesibles grazas a Internet.
27/09/2018
Momento do congreso do ano pasado.
Lugar: Cidade da Cultura, Monte Gaiás s/n, Santiago de Compostela

#SilverBullet18

O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica de Informática de Galicia (CPETIG) organiza o II Congreso de Xestión de Proxectos, #SilverBullet18, que terá lugar na Cidade da Cultura o 29 de setembro.

#SilverBullet18, organizado polo CPETIG coa colaboración da Amtega, reunirá a oferta e a demanda do sector da xestión de proxectos, como espazo de encontro para propiciar un intercambio de información e opinión entre as persoas asistentes.

A xornada ten como obxectivo fomentar a adquisición de habilidades de comunicación, xestión de recursos humanos e liderado, amais de contribuír a amosar as tendencias metodolóxicas no eido da xestión de proxectos software.

Intervirán relatores de referencia profesional e especial relevancia no sector, coas súas presentacións estruturadas ao longo dunha xornada, de xeito que favoreza a reciclaxe profesional e a actualización de coñecementos, accedendo ás últimas novidades e tendencias neste ámbito.

26/09/2018 De 10:30 a 12:00
Cartel do curso.
Lugar: Online

Aplicacións interesantes que non poden faltar no teu teléfono

Na actualidade existen miles de aplicacións que podemos instalar no noso teléfono polo que ás veces non resulta sinxelo escoller aquelas que máis se adaptan ás nosas necesidades.

Neste curso coñeceremos aplicacións populares e útiles que nos facilitarán os nosos quefaceres do día a día.

Contidos:

  • Aplicacións para xestionar o noso tempo.
  • Aplicacións para coidar a nosa saúde e exercitar o noso corpo e mente.
  • Aplicacións para gozar do noso lecer e tempo libre.
  • Aplicacións para organizar e editar as nosas fotografías e vídeos.

Coñece todas as aplicacións que non deberían faltar no teu teléfono móbil!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS