Aprende a usar o teu correo electrónico. O teu email no teu móbil
O correo electrónico é un dos medios de comunicación indispensables para realizar moitas das xestións dispoñibles a través de Internet, darse de alta en servizos como as redes sociais, etc.
Neste curso aprenderemos o uso do correo electrónico e as posibilidades que nos ofrece.
Contidos
- Servizos de correo electrónico máis utilizados e as características da súa versión gratuíta.
- Organización e clasificación de correos electrónicos e ferramentas de procura para localizar información.
- Formas de enviar correos electrónicos e as súas principais diferenzas.
- Xestión da axenda de contactos e creación de grupos para envíos máis eficaces.
Aprende a usar o teu correo electrónico!









