main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

18/10/2018 De 10:30 a 12:00 h
Internet.
Lugar: Online

Boas prácticas en Internet. Participación cidadá na Rede

A gran cantidade de información que existe en Internet na actualidade fai que sexa unha fonte de coñecemento moi ampla. Pero tamén é necesario coñecer a que lugares podemos recorrer para obter unha información fiable.

Ademais, do mesmo xeito que existen normas de comportamento na nosa vida fóra de Internet, é necesario coñecer as regras que debemos respectar na Rede e das que se falarán neste curso.

Contidos

  • Como participar en grupos de temas do noso interese a través de Internet: foros e grupos de Facebook.
  • Códigos de boa conduta e respecto da privacidade en contornas online.
  • Métodos para coñecer a opinión doutros usuarios de Internet.
  • Plataformas online para apoiar iniciativas sociais e como participar nelas.
18/10/2018 9:00
Cartel do evento
Lugar: Vigo - Sede Afundación, Rúa Policarpo Sanz, 24-26.

Machine Learning Workshop Galicia

Nos últimos anos, o interese da industria e da comunidade investigadora polas tecnoloxías asociadas ao Aprendizaxe Máquina ou Machine Learning incrementouse notablemente. Coa irrupción das tecnoloxías Big Data, a mellora dos algoritmos de aprendizaxe e a aparición do Deep Learning, esta rama da Intelixencia Artificial converteuse nun referente en case calquera campo de coñecemento.

A pesar de todos os seus beneficios para a sociedade e a industria, o seu potencial máximo está aínda por explotar, polo que temos por diante un futuro cheo de novos retos e oportunidades.

AtlanTTic asume a organización da III Edición do Machine Learning Workshop Galicia, que terá lugar o 18 de outubro de 2018 en Vigo.

17/10/2018 De 17:00 a 18:30 h
Persoa maior usando un smartphone.
Lugar: Online

Teléfonos intelixentes: funcionamento básico e utilidades

Os dispositivos móbiles poden ser de gran utilidade no noso día a día se os utilizamos correctamente e coñecemos os recursos máis útiles que nos ofrecen.

Neste curso mostraranse as opcións que permiten usar estes dispositivos e as súas principais funcións.

Contidos:

  • Características da pantalla dos dispositivos móbiles e como adaptalas ás nosas preferencias: cambiar o tamaño de letra, o bloqueo de pantalla, etc.
  • Opcións de axustes dos teléfonos intelixentes máis usadas.
  • Organización de contactos, arquivos e imaxes para unha procura máis rápida de información.
  • Utilidades de asistente de voz para un uso dos dispositivos móbiles máis sinxelo.
15/10/2018 De 10:30 a 12:00 h
Fotografía cun smartphone.
Lugar: Online

Fotografías con teléfonos intelixentes. Trucose consellos prácticos para a túa cámara dixital

Grazas ao teu teléfono móbil inmortalizar todas as túas vivencias nunca foi tan fácil.

Neste curso non só aprenderás a retratar todo aquilo que che interese, senón tamén a darlle un toque máis profesional para converter eses momentos en inesquecibles e poder compartilos con familiares e amigos.

CONTIDOS:

  • Uso das funcións básicas da cámara do teu teléfono móbil.
  • Edita as túas fotografías para mellorar a súa aparencia.
  • Deseña as túas propias composicións: colaxes, posters, infografías, etc.
  • Crea e edita os teus propios vídeos de maneira rápida e sinxela.

Sácalle o máximo partido á cámara do teu móbil! Participa!

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS