main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

23/10/2018 De 10:00 a 14:00 h
Cartel da xornada.
Lugar: Delegación Territorial da Xunta en Ourense

Faite Dixit@l e tramita nun clic (Ourense)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) pon en marcha durante os meses de outubro e novembro as Xornadas prácticas “Faite Dixit@l e tramita nun clic. Coñece a nova sede electrónica da Xunta de Galicia” nas catro provincias galegas .

A sede electrónica entrou en funcionamento hai xusto sete anos e recentemente púxose en marcha una nova versión máis sinxela e accesible, enfocada ás necesidades e prioridades do usuario. A nova sede está adaptada a un mellor uso desde dispositivos móbiles e con posibilidades de personalización en función do tipo de colectivo e incorpora contidos por campañas.

Para facilitar o labor de acompañamento e formación á cidadanía dos responsables das aulas CeMIT e dos aliados dixitais do Plan de inclusión Dixital de Galicia, a Amtega ofrece esta formación, que se abre tamén ao persoal dos concellos galegos e calquera outro usuario interesado. Nas xornadas abordaranse os seguintes contidos:

  • Os sistemas de identificación e sinatura electrónica: Certificados electrónicos e Chave365.
  • A Sede electrónica da Xunta de Galicia: A nova interface e a xestión dos trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
  • Notifica.Gal: Trámites dispoñibles e requirimentos técnicos para o seu uso.
  • Outros sistemas de administración electrónica.
22/10/2018 De 17:00 a 18:30 h
Apps Smartphone.
Lugar: Online

Aplicacións imprescindibles no teu teléfono intelixente

Cando adquirimos un teléfono móbil hai aplicacións que xa veñen instaladas por defecto e outras que podemos instalar en función ás nosas necesidades.

Neste curso faremos un percorrido práctico por aquelas que polas súas características son de gran axuda para na nosa vida.

Contidos

  • Aplicacións para gardar as túas citas importantes e listas de tarefas que non se che poden esquecer.
  • Aplicacións para controlar o teu exercicio físico e manterte en forma.
  • Apps de fotografía para editar e mellorar as túas fotos.
  • Utilidades para manterte informado da actualidade.
20/10/2018 De 09:30 a 14:00h
Cartel do evento.
Lugar: Edificio CINC, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela

IV Scratch Day

O IV Scratch Day ten como obxectivo difundir os valores da programación informática entre os nenos e os seus pais, de xeito que os participantes poden acceder ao mundo da programación de forma lúdica e divertida, tomando conciencia da potencia desta ferramenta como medio de expresión de ideas e vehículo para o emprendemento.

19/10/2018 De 12:00 a 13:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Sede da Fundación Barrié da Coruña

Relatorio Girl STEM: Derrubando estereotipos

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), queren reducir a fenda de xénero entre mulleres e homes nos estudos dos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino apenas se sitúa en torno ao 30%. Para isto, poñen en marcha o programa 'Girl STEM: derrubando estereotipos', que se desenvolverá en sete grandes cidades galegas durante os meses de setembro e outubro. Trátase dun programa de mentoring con mulleres referentes de recoñecido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, farán chegar a súa experiencia ás máis novas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS