Aprende a usar o teu teléfono intelixente
Os teléfonos intelixentes son dispositivos en constante evolución que cada vez inclúen máis características e opcións de personalización.
Crees que non estás a aproveitar todo o potencial do teu teléfono? Apúntate a este curso para aprender a sacarlle o máximo partido coñecendo todas as súas opcións de configuración así como as apps máis útiles e populares do momento.
Contidos:
- Conceptos básicos sobre os teléfonos intelixentes.
- Axuste e personalización da configuración de acordo ás túas necesidades.
- Uso das principais funcionalidades do teu teléfono intelixente.
- Aplicacións útiles que non poden faltar no teu móbil.
Aprende a aproveitar o potencial do teu teléfono móbil!









