main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

12/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Muller usando cascos de realidade virtual.
Lugar: Online

Introdución á realidade virtual. Vive unha experiencia única

Seguro que oíches falar ultimamente da "realidade virtual", pero sabes en que consiste e que utilidades ten para a saúde e para as nosas vidas?

Neste curso queremos que descubras as utilidades que ten esta nova tecnoloxía, os dispositivos que se utilizan nela e cos cales poderás viaxar a calquera parte do mundo. O único límite é a "imaxinación"!

Contidos:

  • Concepto de realidade virtual.
  • Dispositivos dispoñibles no mercado.
  • Aplicacións de realidade virtual: tipos e obxectivos das mesmas.
  • Diferentes experiencias que nunca imaxinaches.

Atrévete a experimentar unha nova realidade!

11/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Aprende a utilizar os recursos de Google Maps para as túas viaxes. Descobre o mundo a través de Google Earth

Viaxar e descubrir novos lugares xa está ao alcance de calquera que teña conexión a Internet. Podemos consultar hoteis, restaurantes, redes de transporte, horarios, ofertas de actividades, etc.

Como utilizar as diferentes aplicacións de Google para planificar viaxes, ou darse un paseo polo mundo serán cousas que aprenderemos no curso.

07/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Crea recordos especiais: fotografía e vídeo dixital. Fai o teu caderno de viaxe co teu móbil

Se o móbil levámolo sempre encima, hai que sacarlle todo o proveito que podamos. Coa súa cámara, podemos revivir todos eses momentos especiais, xa sexa en vídeo ou fotografía.

Aprenderemos a xestionar a galería do teléfono para optimizar o espazo de almacenamento e, ademais poder ter as nosas fotos e vídeos organizados.

05/02/2019
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Día da internet Segura 2019

O Día da internet Segura, "Safer Internet Day" (SID, polas súas siglas en inglés) é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialmente entre os nenos e os novos. O SID celébrase o segundo día da segunda semana do segundo mes do ano e reúne a millóns de persoas de todo o mundo para impulsar cambios positivos e concienciar acerca da seguridade na internet, organizando distintos eventos e actividades.

Este día non só pretende a creación dunha Internet máis segura, senón unha Internet mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de maneira responsable, respectuosa, crítica e creativa. O SID diríxese a nenos e novos, pais e titores, profesores, educadores e traballadores sociais, así como ás empresas e responsables políticos, animándoos a participar de forma activa na creación dunha Internet mellor.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS