main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

25/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Beneficios e vantaxes de transporte cando es sénior. Coñece os medios para moverte en tren, autobús e transporte público

O primeiro que se nos vén á cabeza cando pensamos nestas vantaxes é o autobús e o tren, pero existe todo un mundo de posibilidades ao que non lle estamos sacando partido. Cruceiros, axudas á mobilidade ou o turismo social son algunhas das vantaxes que se cadra non estamos a aproveitar.

Veremos que aplicacións ou recursos usar para moverse na rede de transportes da túa comunidade, a través das cales poderemos consultar tempos de espera, correspondencias, ou compra de billetes online.

25/02/2019
Logo MWC19.
Lugar: Fira de Barcelona

Mobile World Congress 2019

MWC 2019 Barcelona Mobile World Congress 2019, a Feira GSMA, será o evento máis importante do mundo en canto a tecnoloxías para a telefonía móbil, sendo o lugar onde empresas provedoras de servizos móbiles, fabricantes de teléfonos móbiles, distribuidores de contidos, etc., mostrarán todas as novidades presentes e futuras neste inquedo mundo da telefonía móbil. En definitiva un evento referente do sector da telefonía móbil a nivel mundial e unha cita case imperdible para os mellores profesionais e empresas do mesmo.  En definitiva, o evento de referencia mundial en todo o relacionado coa telefonía móbil.

21/02/2019 De 10:00h a 13:00h
Logo CCN CERT.
Lugar: Online

Curso Protección de contornas WIFI

O CCN-CERT celebra o próximo 21 de febreiro unha nova sesión de VANESA sobre protección de contornas WIFI.

O curso, que se desenvolverá entre as 10.00 e as 13.00 horas, realizarase en formato vídeo en streaming a través da plataforma VANESA e abordará os seguintes aspectos:

  • Introdución ás redes inalámbricas
  • Distribución das comunicacións
  • Tipos de Infraestrutura
  • Tipoloxía de paquetes
  • Monitoraxe
  • Trazabilidade
  • Inxección
  • Técnicas empregadas por atacantes
  • Concienciación
  • Sistemas de monitoraxe
  • Protocolos de actuación
  • Incidentes
16/02/2019 De 8.30 a 14.30 h
Robot lego.
Lugar: Auditorio de Ferrol

FIRST LEGO League Galicia

FIRST LEGO League é un programa internacional que promove a ciencia e a tecnoloxía entre mozos de 10 a 16 anos, a través dun desafío que os equipos deben resolver.

Este programa desafía aos mozos e mozas de entre 10 e 16 anos a convertérense en científicos/as e enxeñeiros/as e a pensaren como tal. Realizarán un Proxecto Científico para resolver un problema real. Ademais, construirán e programarán un robot autónomo utilizando a tecnoloxía de LEGO MINDSTORMS para resolver as misións do Xogo do Robot.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS