main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

05/02/2019
Cartel da iniciativa.
Lugar: Online

Día da internet Segura 2019

O Día da internet Segura, "Safer Internet Day" (SID, polas súas siglas en inglés) é un evento promovido pola rede INSAFE/INHOPE co apoio da Comisión Europea, que se celebra cada mes de febreiro co obxectivo de promover un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, especialmente entre os nenos e os novos. O SID celébrase o segundo día da segunda semana do segundo mes do ano e reúne a millóns de persoas de todo o mundo para impulsar cambios positivos e concienciar acerca da seguridade na internet, organizando distintos eventos e actividades.

Este día non só pretende a creación dunha Internet máis segura, senón unha Internet mellor, para convertela nun espazo no que todos fagamos uso da tecnoloxía de maneira responsable, respectuosa, crítica e creativa. O SID diríxese a nenos e novos, pais e titores, profesores, educadores e traballadores sociais, así como ás empresas e responsables políticos, animándoos a participar de forma activa na creación dunha Internet mellor.

04/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Aprende a manexar Facebook para facer novas amizades. Comparte os teus hobbies en grupos do teu interese

Nunca se teñen demasiados amigos, xa sexan online ou na vida real. Esta maneira de atopar persoas con gustos e inquietudes parecidas ás nosas non é nova, pero require saberse manexar na rede social e filtrar a información.

Contidos:

  • Creación dun perfil apropiado.
  • O buscador de Facebook.
  • Comportamentos apropiados nas redes sociais.
  • Os grupos de Facebook, unha potente ferramenta.
01/02/2019
Cartel do evento.
Lugar: Museo Centro Gaiás (Local 231), Cidade da Cultura

III Hackathon CEIN

O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio (CEIN) de DXC Technology, fiel ao seu compromiso de potenciación e desenvolvemento do sector TIC galego, convoca o III Hackathon Big Data y Analytics, que terá lugar os próximos días 1 e 2 de febreiro de 2019 na Cidade da Cultura de Galicia. Este evento ten como obxectivo unir a equipos de analistas, estudantes universitarios, emprendedores e emprendedoras e todo tipo de persoas con inquietudes no ámbito de Intelixencia Artificial, Big Data &  Analytics co fin de elaborar unha solución tecnolóxica que dea resposta a un reto exposto inicialmente.

31/01/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

Cultura e arte en dixital: museos e audio guías para gozar a arte con Internet

A experiencia de visitar exposicións e museos no propio lugar de realización das mesmas é algo que enriquece a nosa vida e unha forma de aumentar os nosos coñecementos culturais. Ademais, a era dixital fixo posible que poidamos coñecer máis das obras de arte e de museos de todo o mundo cos recursos aos que podemos acceder a través de Internet.

Neste curso descubrirás como poder acceder a múltiples exposicións e visitar museos de forma interactiva a través diferentes dispositivos para que poidas facelo desde a comodidade do teu fogar ou coñecer máis información no lugar onde te atopes a través do teu teléfono móbil.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS