Estafas na internet. Están os teus dispositivos protexidos?
Internet é unha fonte inesgotable de información, lecer, cultura, etc. pero tamén nos dá a acceso a todo tipo de páxinas webs ilícitas cuxo fin é que sexamos vítimas dalgún tipo de estafa ou que os nosos dispositivos se infecten con programas malintencionados. Neste seminario aprenderás a distinguir as webs seguras das que non o son e como manterte a salvo de virus informáticos e fraudes.
Contidos:
- Principais riscos na internet.
- Como se infectan os nosos dispositivos.
- Medidas de protección para os nosos dispositivos.
- Tipos de estafas na internet e como evitalas.
Aprende a navegar de forma segura!









