main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

20/12/2018
Logo Canal Sénior.
Lugar: Online

Actividades Canal Sénior

Accede á oferta de activades de Canal Sénior para este mes de decembro.

18/12/2018 De 09:30 a 10:30 h
Cartel do evento.
Lugar: A Molinera, Rúa do Abrevadeiro 1, Ourense

Creando un ecosistema rexional de startups

CREANDO UN ECOSISTEMA REXIONAL DE STARTUPS. O EXEMPLO DE TECHSTARS EN BOULDER, COLORADO

Boulder é a cidade con máis densidade de startups en Estados Unidos? e ten o tamaño de Santiago de Compostela. Como o conseguiron? Cales son os ingredientes clave para que isto ocorra en calquera lugar?

 

Un encontro próximo cun enfoque practico.

17/12/2018 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do curso.
Lugar: Online

Coñece o mundo a través de Internet: guías de viaxes online

Viaxar e descubrir novos lugares podemos dicir que é algo que está xa ao alcance de calquera que teña conexión a Internet, aínda que se faga de forma "virtual" podemos acceder a case calquera lugar.

Neste curso veremos como utilizar diferentes aplicacións para planificar viaxes, organizar saídas con amigos e gozar de lugares que te están esperando.

Contidos:

  • Métodos de procura para obter indicacións de lugares, restaurantes, cinemas e moito máis.
  • Guías de viaxes dispoñibles a través de Internet: blogues, audioguías, etc.
  • Acceso a imaxes de lugares e sitios de interese.
  • Creación da túa propia guía de viaxes para saber onde estiveches e poder compartir con amigos e familia.

Vive novas experiencias nas túas viaxes!

14/12/2018
Logo CeMIT.
Lugar: Galicia

Actividades na Rede CeMIT

Busca actividades formativas de alfabetización dixital ou capacitación dixital nalgunha das 98 aulas repartidas en 92 concellos galegos para este mes de decembro.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS