Conferencia «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos»
O xoves 13 de decembro a Sede Afundación de Vigo acolle a conferencia «Os menores ante as novas tecnoloxías: beneficios e riscos», impartida por José Torres dentro do ciclo Educación S. XXI. José Torres, experto en seguridade e privacidade nas TIC, abordará as respostas que debe afrontar a escola ante os novos retos que se lle propoñen ao alumnado actual.
Asistencia gratuíta, previa inscrición aquí.
A globalización e o uso masivo de Internet e as TIC depararon innumerables beneficios que están fóra de toda dúbida, mais, lamentablemente, cada día coñecemos novos casos de delitos relacionados coas novas tecnoloxías. Lonxe de criminalizar ou demonizar o seu uso, é importante ser conscientes dos riscos e perigos que implica, especialmente cando se trata dun colectivo tan vulnerable coma o dos menores. É unha responsabilidade compartida.
Temas a tratar:
- Telefonía móbil: seguridade nos dispositivos, protección da información
- Xeolocalización e redes wifi
- Mensaxaría instantánea móbil: Whatsapp, Telegram, Snapchat etc.
- Ciberacoso: tipos. Diagnóstico, tratamento e prevención do ciberacoso
- Protección da intimidade
- Redes sociais
- Videoxogos
- Tecnoadición
- Responsabilidade dos menores e a súa protección









