Trucos de WhatsApp para comunicarte con amigos e familia
Utilizas WhatsApp no teu teléfono intelixente? Coñeces todas as súas funcionalidades?
Os teléfonos intelixentes reinventaron as tradicionais formas de comunicación e faise necesario que as aprendamos para poder estar conectados con persoas da nosa contorna. Unha das aplicacións máis usadas na actualidade para comunicarnos é WhatsApp e será na que profundaremos neste curso.
Contidos:
- Configuración básica de WhatsApp e axustes de privacidade.
- Formas de compartir contactos, documentos, localizacións, imaxes e moito máis.
- Xestión de contactos e grupos e utilidades como listas de difusión e accesos directos de chats.
- Procura de mensaxes dentro de conversacións e formas de organizar conversacións.









