Precaucións no uso da tecnoloxía. Protección para a túa saúde
Unha das mellores formas de manter os nosos equipos informáticos protexidos é a prevención e o coñecer que pode facer que estean en risco.
Ademais de protexer os nosos dispositivos, tamén é fundamental que coñezamos medidas de protección para a nosa saúde e que será un dos puntos clave a tratar neste curso.
Contidos:
- Precaucións no uso de redes wifi para unha navegación segura.
- Opcións de configuración de seguridade en computadores e dispositivos móbiles. Control parental e outros recursos dispoñibles.
- Medidas básicas e consellos para facer un uso máis saudable da Tecnoloxía: control postural, aforro enerxético, etc.
- Fontes fiables de información para coñecer máis acerca da seguridade na internet.
Aprende máis sobre seguridade tecnolóxica!









