main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

13/03/2019 De 10:30 a 12:00 h.
Smartphone.
Lugar: Online

Que saben Google e Facebook de ti? Descobre como protexer a túa privacidade e seguridade na internet.

Todo o que facemos na internet deixa un rastro; xa sexa simplemente navegando, publicando un comentario, compartindo unha foto, etc. E toda esa información persoal resulta moito máis valiosa do que pensamos, non só para os departamentos de publicidade de calquera empresa senón para todo tipo de ciberdelincuentes malintencionados. 

Neste curso aprenderás como evitar que se faga un uso indebido da túa información persoal, como protexerte de todo tipo de ciberameazas e que precaucións tomar para non perder o control dos teus datos en ningún momento.

Contidos:

  • Descobre o teu rastro na internet.
  • Protexe a túa privacidade online.
  • Coñece as principais ciberameazas
  • Descobre como evitar posibles casos de ameazas na Rede.

Navega de forma segura e responsable!

13/03/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC, Santiago de Compostela

#MesD RRSS: LinkedIn e o employer branding

Os obxectivos que persegue a sesión son:

  • Tomar conciencia da necesidade das empresas de contar cunha imaxe de marca empregadora para atraer os mellores profesionais nun contexto de escaseza do talento diferencial.
  • Identificar as posibilidades de LinkedIn como ferramenta de employer branding.
  • Coñecer prácticas empresariais con LinkedIn ou mesmo con outras ferramentas dixitais que poidan servir para a nosa propia actividade profesional.
12/03/2019 De 17:00 a 18:30 h
Mulleres ilustres.
Lugar: Online

A historia feita por mulleres

Ao longo da historia, moitas mulleres loitaron por conseguir un espazo destacado nun mundo que parecía ser dominado polos homes. Neste curso, faremos un percorrido polos principais fitos históricos alcanzados por mulleres.
Apúntate a este seminario e aprenderás estas e outras curiosidades que non transcenderon aos libros de historia.

Contidos:

  • A figura da muller na historia moderna
  • Mulleres que desafiaron á súa época
  • Homes ilustres e mulleres na sombra
  • Grandes inventos creados por mulleres

Descobre todas estas curiosidades!

11/03/2019 De 17:00 a 18:30 h
Cartel do evento.
Lugar: Online

O novo DNI electrónico. A importancia da firma dixital na actualidade e os seus usos

Imos desmentir a crenza de que os trámites electrónicos son inseguros ou moi complexos. Non debemos ter medo a realizalos, xa que supoñen un gran aforro de tempo e diñeiro en traslados, por non falar de quebraduras de cabeza en trámites burocráticos facendo cola en diferentes portelos.

A firma dixital é cada vez máis demandada, veremos como e onde poderemos usala.

Contidos:

  • Solicitude de firma dixital. DNI electrónico.
  • Configuración do dispositivo.
  • Que trámites podemos realizar.
  • Posibles dificultades e como podemos emendalas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS