main content

main content

Axenda Faite Dixit@l

Propoñémosche unha selección de eventos no eido da inclusión dixital. Consúltaos e participa naqueles que se axusten aos teus gustos e necesidades!

06/03/2019 De 16:00h a 18:30h
Cartel do evento.
Lugar: Centro Demostrador TIC, Santiago de Compostela

#MesD RRSS: Instagram para empresas

Nos últimos anos, a relevancia de Instagram foi en aumento, ata consolidarse como a rede social preferida pola audiencia. O uso da imaxe como elemento principal da mensaxe conquistou a xente nova e a que non o é tanto. 

Hoxe podemos dicir que Instagram se converteu nunha ferramenta decisiva para impulsar tanto pequenos como grandes negocios.

06/03/2019 De 10:30 a 12:00 h.
Realidade aumentada.
Lugar: Online

Que é a realidade aumentada. Como incorporala á túa vida diaria.

A realidade aumentada é unha nova tecnoloxía que nos permite ver o mundo de forma diferente a través da cámara do noso móbil Gustaríache saber como usala no teu día a día?
Neste curso contarémosche todas as posibilidades que esta nova tecnoloxía che brinda e o fácil e útil que pode resultar para a túa vida cotiá.

Contidos:

  • Que é a realidade aumentada.
  • Diferenzas entre realidade aumentada, realidade virtual e realidade mixta.
  • Como usar Google Lens para buscar información a través da cámara do teu móbil.
  • Apps de realidade aumentada que che sorprenderán.

Sácalle máis partido á cámara do teu móbil mergullándote nunha nova realidade!

28/02/2019
Cartel dos premios.
Lugar: Forteventura

Premios Somos Dixital 2019

Os Premios "SOMOS DIXITAL" impulsados pola Asociación "Somos Dixital", recoñecen a persoas que desde a acción profesional ou o voluntariado, desenvolven proxectos de empoderamento cidadán das tecnoloxías, de afloramiento do talento ou de traballo para a inclusión social utilizando as TIC como estratexia.

Estes premios teñen o interese de facer emerxer iniciativas e actividades que poden representar exemplo e modelo para o resto da cidadanía, así como incorporar os seus valores, aprendizaxes e estratexias á colectividade de profesionais TIC, dando repercusión pública e recoñecemento a estas iniciativas e ás persoas que os impulsan.

26/02/2019 De 17:00 a 18:30 h
Auriculares conectados a un smartphone.
Lugar: Online

Que o ritmo non pare!. Escoita a túa música preferida por Internet

A música é parte da nosa vida. Escoitar música esperta sentimentos, fai aflorar recordos e mesmo nos anima en días nos que sentimos máis cansos. 
Nesta actividade aprenderemos como acceder gratuitamente a aplicacións móbiles onde poder escoitar a música que máis nos guste e a aplicala a determinados momentos ou estados de ánimo no noso día a día.

Contidos:

  • Os beneficios da música para a nosa vida.
  • Como facer unha correcta elección de música segundo o noso estado de ánimo.
  • Recursos online gratuítos para escoitar música en distintos dispositivos: YouTube e Spotify.
  • Creación e uso de listas de reprodución para gardar as nosas cancións favoritas.

Blog Xente Dixital

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas.

4 sinxelos pasos a seguir para crear a túa propia páxina web

Ven 24 Set

A creación dunha páxina web para darlle un impulso ao teu negocio ou simplemente para compartir co mundo os teus intereses pode parecer, inicialmente, unha tarefa abrumadora e chea de incógnitas. Porén, existen numerosas páxinas e provedores que ofrecen plataformas nas que poderás crear unha páxina...

LER MAIS

3 funcionalidades de Whatsapp que verán a luz proximamente

Mar 21 Set

A aplicación de mensaxería Whatsapp é unha das apps máis utilizadas á hora de comunicarnos: falar cos nosos amigos e familiares, organizar tarefas cos nosos compañeiros de traballo ou establecer citas médicas é moito máis fácil a través desta aplicación. Whatsapp é consciente do nivel de...

LER MAIS

Como utilizar os filtros de Instagram: consellos para o seu uso e como sacarlles proveito

Lun 21 Xuñ

Instragram é a rede social por excelencia: dende os máis mozos ata a xente adulta a utiliza para interactuar cos seus amigos e coñecidos, ver as publicacións dos influencers e famosos ou para facer crecer o seu negocio. O crecemento exponencial da rede nos últimos anos levou a que a app comezara a...

LER MAIS